miércoles, 24 de febrero de 2021

Caligrama por Rosalía de Emma Pedreira


 

Hoxe, mira ao ceo

 

Rosalía en Galiciana

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia que ten como obxectivo a dixitalización dos fondos bibliográficos máis relevantes para Galicia. Entre estes fondos atópanse varias obras de Rosalía de Castro. Para conmemorar o día do seu nacemento realizamos esta exposición das cubertas das obras da autora dixitalizadas en Galiciana vinculadas a un código QR co que accederedes ao texto completo das obras.

Ler a noticia en Galiciana

No Día de Rosalía de Castro


Non podemos esquecer á nosa poeta máis relevante no panorama internacional e
 para iso entrade en Son de Poetas e os 150 Cantares para Rosalía

150 Cantares para Rosalía

Cantar a Rosalía de Castro supón unha enorme responsabilidade. Mergullarse na súa poética para facela propia, podería ser unha ousadía derivada do descoñecemento do que supón a súa voz para o sentir dun pobo. 

Mais, partindo de que entendo os límites sempre como persoales, e non os que nos impoñen as circunstancias, decidín emprender este proxecto. Pensei que unha homenaxe para a autora dos “Cantares gallegos”, no tempo que nos acontece, é un xeito de amosar o que a nosa lingua herdou deses primeiros cantos, esa raizame que nos xongue irrenunciablemente á cerna da qu e provimos, que se amosa con rotundidade nas voces de hoxe, nestes novos cantos que se multiplican coa forza propia das ondas envolventes de cada verso, de cada imaxe. Reunir 150 poemas inspirados noutras tantas estrofas dos Cantares, tentando non perder o fío que vertebra a obra, supuña un reto engadido... seguir lendo en 150 Cantares para Rosalía

lunes, 15 de febrero de 2021

O Entroido...na casa

 


Esta fin de semana comezan os días fortes do Entroido galego, unha festa que este ano estará moi limitada por mor da pandemia de Covid-19, pero tamén se pode entroidar na casa (coas persoas coas que convivimos) e son moitas as iniciativas que concellos e entidades culturais lanzan estes días para facelo: concursos de disfraces, actuacións musicais e mesmo unha festa gastronómica en rede.

Desde Praza Pública podedes acceder a unha dúcia de convocatorias online do entroido, desde unha mostra sobre as máscaras tradicionais desde o Museo do Pobo Galego ata un concurso de fotografías de doces de entroido...

viernes, 12 de febrero de 2021

Finalistas #Templis

 

Chega o momento de facer balance da literatura xuvenil que nos trouxo 2020. A causa do confinamento, foi un ano cun número de publicacións lixeiramente inferior. Descubrimos algúns novos autores e tamén gozado das novidades dos nosos escritores favoritos e, tras moito debater, desde El templo da las mil puertas escolleron os 18 mellores libros de 2020. Dálle ao play para descubrir os finalistas ao XII Premio O Templo das Mil Puertas!

jueves, 11 de febrero de 2021

Inxeniería Romana na 2 de RTVE

 


Hoxe vos achegamos un programa de divulgación fantástico sobre ingeniería romana.
En RTVE na 2 tedes os mércores ás 22:00 capítulos varios sobre construccións reais, reconocibles en moitos casos das cidades, carreteiras, acueductos... a planificación que fixeron os romanos no seu imperio, cidades que foron empregadas polos constructores dos pobos posteriores...ou non. E das que hoxe en día os gobernantes deberían aprender.
Se non podedes vela en vivo, RTVE ten unha páxina web específica para visualizalo en calquera momento, incluso podedes descargar a app de realidade virtual para entrar nas edificacións. 


viernes, 5 de febrero de 2021

Chic@s geniais


 Nestes días mercamos exemplares da serie de Vicens Vives Chic@genial onde atoparedes respostas a preguntas esenciais para o voso desenrrolo, o por qué dos cambios nos vosos corpos e por qué vos sentides dun xeito determinado.

Nas entradas do catálogo da biblioteca tedes ademais os enlaces ás mostras dos libros.