![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEipYgOc7kHW8HkWkVAe2LzUuaF-Ii34p_vIdrxLcoUaJTqIW9qmnh5W47QHOXMj9wR4ua-bASHXhd0eZK_Kwsd5K7g2vhN0ckbTcJ1mxiJK11op0p9GtPt41E3EPq7DAFOt4t1AgdAUjjH1/s400/docentes.jpg)
O Día Mundial dos Docentes de 2009 fai fincapé na escasez mundial de mestres e os retos que o maxisterio afronta actualmente.
No noso mundo, que cambia con rapidez e é moi interdependente, os docentes non só teñen que velar por que os alumnos adquiran competencias sólidas en temas esenciais, senón tamén por que cheguen a ser cidadáns responsables, tanto o plano local como no mundial, dispostos a usar as novas tecnoloxías e capaces de tomar decisións ben fundadas en materia de saúde, medio e outros asuntos.
Para crear un corpo docente ben formado e motivado é preciso contar con investimentos permanentes. Calcúlase que no mundo enteiro deberán contratarse uns 10,3 millóns de mestres de aquí a 2015, tan só para alcanzar o obxectivo de brindar ensino primario universal. Nun momento en que a recesión económica mundial ameaza con impoñer graves restricións aos presupostos de educación, é esencial que os gobernos apoien a contratación, a capacitación e o desenvolvemento profesional dos docentes.
Estas preocupacións reflectiranse no Día Mundial dos Docentes do presente ano.