viernes, 30 de octubre de 2020

Na semana das Bibliotecas Escolares lembramos a Ray Bradbury: Por que debemos ler Fahrenhet 451?


Con Fahrenheit 451, Ray Bradbury uníuse a George Orwell e 1984, e Aldous Huxley, e Un mundo feliz para formar un triunvirato e advertirnos sobre o noso presente e a súa maior amenaza: a falta de humanidade. Agora, con gobernos autoritarios, pandemias que sembran a morte e a dor, redes sociales que sirven como vocerios da estupidez, o culto á ignorancia e a necedad que nos leva ao desastre, cabe preguntarnos qué pensaría Bradbury deste mundo no que vivimos; para saber a súa resposta, vale a pena lelo.

lunes, 26 de octubre de 2020

Ray Bradbury, o poeta da ciencia ficción, na semana das Bibliotecas Escolares


Como todos os anos chegado o 24 de outubro lembramos a un autor interesante que non debemos esquecer, no 2020 celebrase o centenario do nacemento de Ray Bradbury, o poeta da ciencia ficción e durante esta semana imos lembrar a súa figura e obras.

Debido á situación excepcional ocasionada pola pandemia non podemos facer unha exposición temática sobre o autor no corredor do instituto pero non deixaremos de achegarvos información sobre o autor e o concurso no que poderedes participar online; baixades o boletín, cubrides o encrucillado e o enviades ao correo da biblio (fesquio@gmail.com).

Boletín de participación (premede para ampliar) e se vos animades a empezar con Fahrenheit 451....








jueves, 22 de octubre de 2020

Gustades da ciencia? Sodes curiosos?

 


Desde o CSIC propóñennos dúas actividades dirixidas a estudantes de primaria, secundaria e bacharelato: 

  •  A primeira é o proxecto Hi Score Science, un proxecto que pretende levar a ciencia aos mozos a través dun videoxogo, premiado a nivel internacional, nacional e rexional. Trátase dun xogo gratuíto de preguntas e respostas sobre ciencia, dirixido a estudantes de últimos cursos de primaria, secundaria e bacharelato. O xogo nútrese das preguntas que calquera persoa pode facer chegar a través do formulario habilitado na web: www.hiscorescience.org. No xogo, as preguntas manteñen a autoría de quen a enviou e inclúen unha mención ao centro ao que pertencen. Na mesma web atópase toda a información referente á participación, bases dos concursos de primaria e secundaria e premios.
  • A segunda é o audiovisual 'O soño da vida eterna' sobre o Proxecto Djehuty, que descubriu o primeiro xardín funerario do antigo Exipto. Este logro científico vertebra un documental sobre as crenzas e os ritos asociados ao outro mundo no tempo dos faraóns, ao ritmo do apaixonante traballo arqueolóxico que leva a cabo o grupo do investigador do CSIC José Manuel Galán. Dirixido por Javier Trueba, 'O soño da vida eterna' inclúe contidos de gran interese para o alumnado de primaria e secundaria. Estará dispoñible online ata o 5 de novembro.

 Descárgate o flyer informativo.

Máis información en Hiscorescience.org

miércoles, 21 de octubre de 2020

Novidade: O famoso catálogo Walker & Dawn : unha extraordinaria aventura ó longo do Mississippi

 "Partiramos catro. Te Trois o valoroso, que quería dominar a vida. Eddie o xamán, que quería descubrir os seus segredos. Tit, que era pequeno, pero grande cando facía falta. E Julie a invulnerable, que quería ser feliz." 

Te Trois, Eddie, Tit e Julie non poderían ser máis diferentes nin mellores amigos. Comparten un catálogo de venda por correspondencia, tres dólares para gastar e o desexo de descubrir o mundo. E cando no canto do revólver que encargan chega un vello reloxo que non funciona, non o pensan dúas veces e parten cara a Chicago para cambialo. Na súa viaxe nun barco de vapor polo Mississippi e nun tren de mercancías atoparán caloteiros profesionais, policías corruptos, xente boa que resulta non ser tal… por non falar dun crime sen resolver e de moitos, moitos cartos!

Xa na biblioteca o Famoso Catálogo Walker &Dawn de Davide Morosinotto

«The Heights Dream Library», un maravilloso mural con libros imaginarios que busca promover la alfabetización



The Heights Dream Library es un mural con libros imaginarios que pretende ser un recordatorio visual de que las ideas surgidas de los sueños pueden cambiar a las personas, al vecindario y al mundo. A través de esta colorida representación de libros imaginarios en estanterías, se busca promover la alfabetización tanto de adultos como de niños, proporcionar una conexión con las bibliotecas y apoyar la participación del vecindario. 

La pared este del antiguo edificio construido en 1927 en la calle Vliet del vecindario de Washington Heights de Milwaukee, y que antaño albergó una farmacia, goza ahora de un aspecto inigualable gracias al artista Fred Kaems. Según el dueño del edificio, Dan Schley, «a través de la representación colorida de libros imaginarios, esperamos promover la innovación y la lectura».

Seguir leyendo en Julian Marquina

lunes, 19 de octubre de 2020

Novedad: Patria en cómic

 

El día en que ETA anuncia el abandono de las armas, Bittori se dirige al cementerio para contarle a la tumba de su marido el Txato, asesinado por los terroristas, que ha decidido volver a la casa donde vivieron. 
¿Podrá convivir con quienes la acosaron antes y después del atentado que trastocó su vida y la de su familia? 
¿Podrá saber quién fue el encapuchado que un día lluvioso mató a su marido, cuando volvía de su empresa de transportes?

Ya en la biblioteca la versión de la novela de Fernando Aramburu Patria pero en cómic bajo la pluma de Fejzula.

sábado, 17 de octubre de 2020

Parabéns a Miguel Delibes no seu centenario

 No centenario do seu nacemento lembramos a figura deste escritor grande a nivel nacional e internacional con 10 curiosidades que non coñecías de Miguel Delibes que xunto coa web da Fundación Miguel Delibes pode darnos a dimensión do autor.

Parabéns !

miércoles, 14 de octubre de 2020

#SomosMás. Una iniciativa para sensibilizar y prevenir el discurso del odio en internet

En 2018 nació 'Somos más contra el odio y el radicalismo', la iniciativa de YouTube, el Gobierno de España y la red AWARE para combatir los mensajes de odio y el radicalismo violento en Internet, con la que hemos formado a 60.000 adolescentes en 523 centros en en España en el respeto a la diversidad, a través de Aula Intercultural y la fundación Jóvenes y Desarrollo.

La educación no es solo responsabilidad del profesorado. Sino también de familias, monitoras y monitores de tiempo libre – y de todas las personas adultas que participamos en las redes sociales. Es responsabilidad de todas y todos.

En #SomosMás apoyamos a todas las personas que dan voz a esta iniciativa participando con sus jóvenes en el proyecto.

Podemos llevar el  proyecto a las aulas, a casa o a tu asociación, con tres estrategias con distinto grado de participación y dificultad con el objetivo de prevenir el discurso de odio en las redes sociales.

martes, 13 de octubre de 2020

Os libros máis populares ambientados en cada país do mundo nun singular mapa


Non é sinxelo determinar que obxectos culturais gozan de maior apreciación entre o público dun país. Debemos limitarnos ás vendas, incluír a recepción crítica, falar do seu impacto popular ao longo do tempo? Internet ofrece algúns atallos antes inexistentes. Plataformas como
Letterboxd, Rate Your Music, Goodreads ou IMDB permiten a miles e miles de usuarios puntuar as súas obras favoritas (e aquelas que non o son tanto), xerando unha sorte de ranking de preferencias. T
ales listaxes serven como proxy para entender a ascendencia de determinadas películas, libros ou discos.

É o que fixo NetCredit, unha empresa financeira estadounidense, nestes estupendos gráficos que repasan os libros máis populares ambientados en cada país do mundo. É dicir, aqueles que pasaron á memoria popular consagrados a un lugar xeográfico concreto. Para determinalo valéronse de Goodreads, unha aplicación onde miles de persoas catalogan os libros que leron e puntúanos. En función desa puntuación e do número de votos, NetCredit xerou estes mapas.

Así en España o máis aclamado foi La sombra del viento de Ruíz Zafón, en Rusia Crimen e Castigo de Dostoievsky ou no Reino Unido Orgullo e Prexuizo de Jane Austen...

No mapa entrecrúzanse libros que poderían representar o paradigma emocional e literario de cada país e outros que simplemente son de extraordinaria popularidade máis aló da orixe do autor. Tamén os hai simplemente moi lidos e apreciados á marxe de autor e mesmo vinculación xeográfica. En Grecia, o libro que máis brilla segundo Goodreads é 20.000 leguas de viaxe submarina, aínda que a acción transcorra noutros puntos do planeta

Seguir lendo en Magnet.Xataka.


viernes, 9 de octubre de 2020

Premio Nobel de Literatura a Louise Glück

 A poeta norteamericana Louise Glück é Premio Nobel de Literatura 2020, segundo anunciou este xoves a Academia Sueca. Glück, de 77 anos, debutou con Firstborn en 1968 e pronto foi aclamada como unha das autoras máis destacadas da literatura contemporánea estadounidense.

Louise Glück obtivo o galardón por, en palabras do xurado, "a súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual".

Entre as súas obras destaca Averno (2006) que é, en opinión da Academia Sueca, "unha colección maxistral, unha interpretación visionaria do mito do descenso de Perséfone ao inferno no cativerio de Hades, o deus da morte". "Outro logro espectacular é a última colección de Louise Glück, Faithful and Virtuous Night (2014)", engade a institución sobre as creacións da galardoada.

Seguir lendo en RTVE.


miércoles, 7 de octubre de 2020

Premio Nobel de Química

Imagen de archivo  Oviedo, España. 21 octubre 2015. REUTERS/Eloy Alonso

Hoxe mércores desvelouse a concesión do Premio Nobel de Química a Enmanuelle Charpentier e Jennifer Doudna polo desenvolvemento dun método de “edición xenética” que podería reescribir o código da vida, contribuíndo a novas terapias contra o cancro e mellorando as perspectivas de curar enfermidades hereditarias.

Ambaslas dúas científicas compartirán o premio de 10 millóns de coroas suecas (1,1 millóns de dólares) polo desenvolvemento da ferramenta CRISPR/ Cas9 para editar con precisión o ADN de animais, plantas e microorganismos. “A capacidade de cortar o ADN onde un queira revolucionou as ciencias da vida”, dixo Pernilla Wittung Stafshede, membro da Real Academia de Ciencias Sueca, na cerimonia de concesión do galardón.
Charpentier, de 51 anos, e Doudna, de 56, convértense así na sexta e sétima muller en gañar un Nobel de Química, uníndose a mulleres como Marie Curie, que o gañou en 1911, e máis recentemente, Frances Arnold, en 2018. Trátase da primeira vez desde 1964, cando a británica Dorothy Crowfoot Hodgkin gañou o premio en solitario, en que non hai ningún home entre os gañadores do Nobel de Química.

Vía Reuters

Lemnismath


Sempre sorprende o magnífico traballo que algúns desenvolven en pro da Divulgación Científica. 

É o caso de Lemnismath, unha exquisita canle sobre Matemáticas de YouTube. O autor amosa nos seus vídeos de xeito coidadísimo e moi atractivo, explicacións sobre distintos aspectos das matemáticas. 

Está empezando, e desexamos que continúe agasallándonos con estas magníficas creacións por moito tempo.

Totalmente recomendable.

viernes, 2 de octubre de 2020

Trilogía de la ciudad blanca


«Una ciudad aterrorizada por el regreso de unos asesinatos rituales. Un experto en perfiles criminales que esconde una tragedia. Un thriller hipnótico cuyas claves descansan en unos misteriosos restos arqueológicos»

Non deixes de disfrutar con este thriller da Triloxía da cidade blanca.

jueves, 1 de octubre de 2020

Patria


Coincidindo coa aparición da serie na TV, vos presentamos a nosa versión de Patria en novela gráfica asinada por Toni Fejzula.

Podes ler un fragmento.

Grazas Quino


Quino, o creador de Mafalda, morreu esta mañá aos 88 anos. Anunciouno en Twitter o lendario Daniel Divinsky, de Edicións da Flor, o seu editor de toda a vida: “Morreu Quino. Toda a xente boa no país e no mundo, chorarao”. Divisnky tiña razón. 
Debuxante e humorista gráfico Joaquín Salvador Lavado, coñecido como “ Quino”, creou a Mafalda en 1964. A nena que opinaba de todo, que sabía que pasaba en Vietnam e quen eran os Beatles, e desenmascaraba o mundo adulto a medias asombrada a medias indignada. 
Mafalda, creada en 1964, iluminou as primeiras reflexións sobre a sociedade e a política, e dese xeito chegou ao corazón de millóns de hispanofalantes transcendendo xeracións, países e culturas