miércoles, 26 de febrero de 2020

Efemérides: José Mauro de Vasconcelos


Hoxe cúmprense 100 anos do nacemento de José Mauro de Vasconcelos, autor da marabillosa «A miña planta de laranxa lima», unha das obras máis lidas da nova literatura brasileira coa que temos o enorme pracer de contar no noso catálogo.

viernes, 21 de febrero de 2020

Entrega de premios da Olimpiada Cultural e o Concurso das Series



Como este ano se fixo a entrega dos premios durante o festival de Entroido, os participantes estaban atiaviados para o evento.

Moitas grazas polo voso esforzo e implicación!

lunes, 17 de febrero de 2020

María José Massanet e as relacións entre adolescentes nas series de TV

Ver a galería

María José Massanet, doutora en Comunicación Audiovisual, contounos de que xeito as series televisivas mostran os mitos do amor romántico, cómo algunhas nos presentan as rapazas cun xesgo machista e xogan cos espectadores para crear expectación ao igual que as narracións en papel.
Analizou as diferentes representacións das relacións amorosas nas series de televisión adolescentes, cómo son os discursos dos adolescentes que emerxen delas, a representación da violencia de xénero o amor romántico e cómo ambas promoves a exaltación de mitos románticos que conlevan perigos e xustifican situación de violencia dentro da parella. Repasou os personaxes fimininos e masculinos e os estereotipos ligados aos roles de xénero e a súa evolución.
Mediante varios cortes de series coñecidas por o alumnado, Física o Química, Los Protegidos, El Barco, El internado, Sex Education, 13 Reasons Why,  ÉLite ou Buscando a Alaska, achegounos un xeito de contemplalas crítico para movernos tamén neste medio que nos envolve.

Un pracer que se achegase a esta esquiniña da península ibérica a falarnos de algo que nos é tan común: as relacións entre adolescentes.

miércoles, 12 de febrero de 2020

Falando de series de TV e literatura: María José Massanet


O vindeiro luns 17 María José Massanet falaranos das series e de cómo supoñen outro formato de lectura e escritura. O seu relatorio se chama:
“Empregando as series para ler e escribir. Expansións narrativas das representacións románticas nas series adolescentes”
E para ir abrindo a boca vos achegamos a charla que nos impartíu aos profes nas XII Xornada de Clubs de Lectura

martes, 11 de febrero de 2020

Son as series outro xeito de lectura?

Case sen darnos conta, as series de televisión convertéronse nunha das maiores afeccións do amante da cultura, ao momento de substituír ou  suplantar, segundo algúns, á lectura. Pero, existen vasos comunicantes ou é un camiño sen retorno?

Se algo caracteriza ao programa teórico da novela –ese artefacto non oral que dá inicio coa escritura do Quixote–, é que a narración, o vivido dentro do texto, ha de ter a aparencia de estar a ser vivido en tempo real; o que o lector está a ler deberá ser percibido como un mundo autónomo, coas regras propias dos eventos que o texto nos estea propoñendo. A novela –ese case perfecto invento moderno– ha de desenvolverse, pois, como ocorren os acontecementos na “vida real”, sen anticipar nada, sen saber que nos vai a ocorrer ao virar esa esquina ou ao lanzar un tweet ao mundo. As teleseries contemporáneas –e dun modo espontáneo– cumpren case á perfección tales supostos da novela. Os mecanismos de exposición dos feitos, nas teleseries, son realmente postos #ante nós coma se fosen inventados en tempo real; mesmo ás veces sono; todos coñecemos exemplos de entregas que foron construíndo o seu argumento a medida que os telespectadores opinaban acerca de tal ou cal  subtrama. ... 

«Hai algo que fai á teleserie algo totalmente distinto á novela e ao cinema:
é unha construción colectiva en tempo real.
Millóns de espectadores comparten
experiencias desa ‘novela audiovisual'»

Agora vos toca a vos, cantas series recoñecedes no panel? Cales son as vosas favoritas? Cubride o boletín coa vosa proposta e boa sorte, aínda que estedes inmersos na Olimpiada cultural, seguro que podedes participar neste outro concurso, tedes ata o 20 de febreiro.


lunes, 10 de febrero de 2020

Os Goyas, os Oscar... e agora tocan os #Templis


Que vos parecen? Interesantes, non sí? Pois o 1 de marzo saberemos cales son os gañadores.
Mentras podes consultar a revista de El Tempo de las Mil Puertas ou entrar no último nº e visitar, por exemplo o artigo sobre Christine Nöstinger ou a entrevista a César Mallorquí, sí, o sabes, o autor de Las lágrimas de Shiva, esa obra que tanto nos gustou. Preme na porta para entrar:



lunes, 3 de febrero de 2020

Di NO al bullying


Recentemente facíase viral o vídeo dun neno de 9 anos chorando desconsoladamente mentres explicaba que non quería seguir vivindo. O motivo non era outro que o acoso escolar que leva soportando durante anos. A súa nai, desesperada #ante a situación, decidiu plasmar o momento e compartir a súa dor para concienciar ao mundo sobre a gravidade do bullying na sociedade actual e as consecuencias tan sumamente graves que ten naqueles que o padecen.
Pouco tempo despois, o vídeo daba a volta ao mundo, acaparaba noticias e telexornais de varios países e miles de persoas uníanse ao sufrimento da familia, preguntándose repetidamente como poden ocorrer cousas así.

 Seguir lendo na Revista 3.0