jueves, 30 de junio de 2022
lunes, 27 de junio de 2022
Olimpiada Cultural, preguntas e respostas
Para despedir o curso queremos deixarvos a recopilación das preguntas e respostas da IV Olimpiada Cultural para que lle botedes unha ollada: os que participastedes para que lembredes o voso paso pola proba, e os que non participastedes para que vexades que con un pouco de interese e moita curiosidade podedes solventar as probas.
O reto é voso, queredes participar o vindeiro curso? pois quentade motores porque nos xa estamos buscando probas, e non deixedes de anotarvos na vindeira convocatoria que salirá o 1 de decembro para ter a V Olimpiada Cultural á volta do Nadal.
Vos atrevedes??
domingo, 26 de junio de 2022
Harry Potter cumpre 25 anos
Ano Santo: Iacobus Maris
Roteiro "O último barco"
jueves, 23 de junio de 2022
Final de curso: Recitado e representación teatral
jueves, 16 de junio de 2022
Roteiro por Ribadavia
- Visitamos o Museo Etnológico de Ribadavia, onde nos mostraron as tripas dun museo que preserva a nosa memoria, vimos cómo tratan os fondos bibliográficos históricos, e cómo restauran as doazóns e materiais delicados. Grazas a Rosa e María José vimos un museo dende outro punto de vista.
- Fixemos unha visita guiada á vila grazas aos rapaces do IES O Ribeiro, as profesoras Isabel e María prepararon unha guía sobre a historia de Ribadavia incluíndo as localizacións máis sinaladas na novela Memoria do silencio de Eva Mejuto, e os rapaces do club de lectura e outros que o leran este curso, fixeron de cicerones. Os rapaces dividíronse en grupos para poder camiñar, e foi unha visita moi instructiva.
- Para agradecer o encontro, lles demos como agasallo aos rapaces unhas chapas do noso club de lectura e o boletín coas cantigas do noso Fernán Esquío, e as nosas especialistas do museo o mesmo boletín.
- Por último nos relaxamos na área recreativa a Veronza fronte ao IES, pois ía moita calor, 34º, e á sombra almorzamos e nos demos un chapuzón, sempre moi ben acompañados.
martes, 7 de junio de 2022
Entrevista a Albert Espinosa
Un dos nosos autores favoritos é Albert Espinosa do que limos El mundo amarillo e Brújulas que buscan sonrisas perdidas pero ten máis que aportar non só nas sús historias ou películas, acaba de estrear Life is Life: as súas entrevistas son un canto á vida, unha ensinanza para todos.
Na entrevista que reseñamos hoxe, comenta que levaba 3 anos sen conceder ningunha pois estaba preparándose para morrer xa que lle dixeran que non chegaría aos 50 anos. Pese a telos cumpridos, segue traballando, segue falando, dándonos unha lección de humildade e sabedoría vital.
Non deixedes de ler a entrevista en El Mundo, ten momentos incribles:
"Mi médico me dijo que a los 50 moriría por el tipo de cáncer que tenía. He cumplido 51 y estoy vivo. Me tomé de los 47 a los 50 años un tiempo para poder descansar y prepararme para morir, pero no me he muerto"
"Antes de la pandemia, me vino una chica de 16 años con el libro de su padre que se acababa de morir y le quedaba medio capítulo. Me pidió que lo leyésemos juntos y fue uno de los momentos más emocionantes de mi vida. Ella llevaba seis meses sin terminar el libro y fue muy bonito leerlo con ella."
"Yo con el cáncer aprendí que las pérdidas son ganancias y, si en el colegio hubiera asignaturas sobre el amor, las pérdidas y la muerte, todo sería más sencillo."
"Pensábamos que con la pandemia íbamos a ser más empáticos que nunca y yo creo que lo hemos sido menos."
"De la misma manera que para erradicar el bullying se tendría que poder castigar a los padres de los acosadores."
Para saber más: Blog de Albert Espinosa
domingo, 5 de junio de 2022
viernes, 3 de junio de 2022
"santoamaro" de Antonio M Fraga na lista OEPLI deste ano
"santoamaro" (XERAIS) lembraredes que tivemos ao autor na nosa biblioteca, foi seleccionado para o catálogo de 200 libros que anualmente publica a Oepli Literatura Infantil-Juvenil. Outra raiola do mencer que chega a esta praia.
Norabóa a Antonio Manuel Fraga e esta é unha boa ocasión para reler a obra.
"Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredos, a amizade e a traizón, os medos e as feridas. Cara ao final do verán, un terrible acontecemento dinamitará o que semellaba un grupo indestrutible e desvelará aspectos dos protagonistas ocultos ate entón."
jueves, 2 de junio de 2022
Enquisa sobre o funcionamento da Biblioteca Escolar
miércoles, 1 de junio de 2022
Premio Lazarillo 2021 de novo para Ledicia Costas
lunes, 30 de mayo de 2022
Arte e palabra
Os alumnos de Debuxo Artístico nos fixeron un agasallo neste mes tan literario, unha interpretación visual de varios textos.
Moitas grazas a Carmen Ozema, profesora creadora da actividade, e a todo o alumnado que puxo arte na palabra.
lunes, 23 de mayo de 2022
ExpOtaku 2022
miércoles, 18 de mayo de 2022
martes, 17 de mayo de 2022
A rosa incandescente
lunes, 16 de mayo de 2022
Visitounos Ledicia Costa
O pasado luns 9 de maio veu visitarnos Ledicia Costas, xa levabamos anos pendentes de ter este encontro pois nos distintos clubs de lectura disfrutamos de Escarlatina, Esmeraldina, Infamia, Jules Verne e as mulleres planta, O corazón de Xúpiter..., e agora Golpes de Luz, novela publicada este ano.
María López de 2º de BAC fixo a presentación da autora e esta falounos da escrita, de cómo chegou a ela, o que supuxo falar do Vigo da súa infancia lembrando ao seu padriño, o ambiente da droga naqueles tempos, da forza das mulleres reflexada nunha avóa máxica, Luz, que é todo un símbolo do matriarcado. A recibimos cunha Esmeraldina cociñeira un pouco crecida pero ben vestidiña.
Para os que queirades escoitala, temos unha mostra da súa intervención pero sempre é un pracer escoitala en persoa.
Moitas grazas a Isabel Armesto de Xerais por facer posible este encontro cos rapaces de 2º BAC, 4º ESO e algún que outro membro do club de lectura.
viernes, 13 de mayo de 2022
Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán
viernes, 6 de mayo de 2022
ExpOtaku 2022: Programa de actividades
jueves, 5 de mayo de 2022
lunes, 2 de mayo de 2022
lunes, 25 de abril de 2022
viernes, 22 de abril de 2022
Exposición Historia do Libro
jueves, 21 de abril de 2022
Novidade: La gran expedición
Este libro, como o tempo, desprégase como un acordeón: atravesa as eras xeolóxicas, presentando, en cada unha delas, ás criaturas que habitaban o mundo: bacterias, plantas unicelulares, dinosauros, mamíferos, etc. Esta é unha verdadeira expedición ao comezo do tempo, para comprender como foi a evolución da vida na Terra. Dun lado do libro-acordeón, están desenvoltas as épocas terrestres nun colorido despregue, acompañado de breves textos explicativos. No reverso, represéntase a historia da Terra mediante unha cronoloxía gráfica, que finaliza co desenvolvemento da especie humana.
Un pracer percorrer "La gran expedición" xa na biblioteca.
miércoles, 20 de abril de 2022
No Día do Libro...leva un marcapáxinas
martes, 19 de abril de 2022
Novidades: Caleidoscopio animal
Máis de oito millóns de especies animais nadan, sobrevoan, axexan e deslízanse polo noso planeta, mentres locen baixo o sol a súa asombrosa gama de tons e estampados. Pero cal é o porqué das súas fermosas cores?
Por que algúns animais optan por unha capa dunha única cor, mentres que outros prefiren un crisol de tonalidades? Que función teñen as manchas e as raias? Por que algunhas crías son tan diferentes aos seus pais?
No Caleidoscopio Animal, unha viaxe a través do arco da vella da nosa fauna descubriremos desde paxaros con plumas iridiscentes e gatos de pelame sofisticada ata peixes con escamas relucentes e ras de pel venenosa. Todos estes curiosos revestimentos teñen unha razón de ser: axudan aos animais para sobrevivir e a proliferar. Os patróns da súa pel, os seus atrevidos debuxos e rechamantes cores axúdannos a distinguir entre machos e femias, entre mozas e adultos; tamén a diferenciar quen son débiles ou fortes. Sexa cal for o seu propósito, as cores e deseños das criaturas fan do noso mundo un lugar máis belo e interesante.
viernes, 8 de abril de 2022
Día das rapazas na rede
O evento está relacionado coa iniciativa "Rapazas Emprendedoras nas TIC" do Plan Proxecta e o proxecto europeo ICT-Go-Girls! e colaborando coa Secretaría Xeral de Igualdade.
Este evento está dirixido especialmente a todos os centros escolares de Galicia, principalmente último ciclo de primaria e educación secundaria, que poden participar na retransmisión da videoconferencia en vivo ao evento, facer preguntas e intervencións dirixidas ás participantes no CESGA.
lunes, 4 de abril de 2022
Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán
As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, que contén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou que participa da poesía de combate e denuncia social.
A Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán inclúe Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986), así como un monllo de textos aparecidos en publicacións periódicas que confirman un autor que non só continúa o ronsel iniciado por Amado Carballo, senón que presenta variados estilos e temáticas. Esta rigorosa edición da Obra poética, que recompila toda a produción lírica coñecida do autor valdeorrés, estivo ao coidado do profesor e crítico Xosé Ramón Pena, que leva a termo unha ampla e minuciosa análise da obra de Delgado Gurriarán, así como da fixación dos textos.
sábado, 2 de abril de 2022
viernes, 1 de abril de 2022
Entrega premios concurso: E logo... tí de quen ves sendo?
jueves, 31 de marzo de 2022
Novidade: Manos a la tierra
Coidar un xardín e observar a natureza é algo que podemos facer todos, mesmo se só temos un pequeno patio, un balcón ou tan só unha xanela. Este libro ofrece unha vintena de ideas e proxectos relacionados coa natureza, que farán que os máis pequenos da casa póñanse «mans á terra». Preparar un pequeno xardín para polinizadores nunha maceta, facer bólas de sementes das que brotarán flores na beirarrúa, cultivar novas plantas a partir de restos de hortalizas ou deseñar fragantes tarxetas de felicitación resultará fácil e irresistible para os xardineiros curiosos.
miércoles, 30 de marzo de 2022
Mapas literarios, onde te gustaría perderte?
lunes, 28 de marzo de 2022
viernes, 25 de marzo de 2022
Encontros PLAMBE: Estivemos aí
O venres 25 de marzo celebránronse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2021/2022, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentaranse un total de 18 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ).
Un espazo de encontro no que as bibliotecas escolares de Galicia teñen a palabra.
Ver o programa.
Os contidos das sesións pódense visualizar próximamente en RedeBE.
Novedad: Violeta de Isabel Allende
martes, 15 de marzo de 2022
Entroido: resolución do concurso "E tí de quen ves sendo?"
lunes, 14 de marzo de 2022
miércoles, 9 de marzo de 2022
8 de Marzo: Polo principio coeducación no 1º ciclo ESO
- Cal cres que pode ser unha boa profesión para un rapaz?
- Cal cres que pode ser unha boa profesión para unha rapaza?
- Como crees que ten que ser un rapaz para gustarlle a unha rapaza?
- Como ten que ser unha rapaza para que lle guste a un rapaz?
- Como vemos aos rapaces?
- Como vemos ás rapazas?
- Que farías se ao teu noivo non lle gustaran as túas amigxs?
- .....
8 de Marzo: Pola Igualdade, Naciones Unidas
Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, úneche a ONU Mujeres e ao mundo baixo o lema "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" e reclamemos unha acción polo clima por e para as mulleres. As mulleres e as nenas sofren máis o impacto da crise climática xa que esta amplifica as desigualdades de xénero existentes e pon a vida e os medios de vida das mulleres en perigo. A participación plena e igualitaria das mulleres na toma de decisións é unha prioridade máxima na loita contra o cambio climático. Recoñezamos e celebremos a contribución de todas aquelas líderes que nos guían cara a un futuro máis sostible para todos. Comparte a mensaxe co mundo!
Un futuro sostible e igualitario permanecerá fóra do noso alcance sen igualdade de xénero hoxe.martes, 8 de marzo de 2022
8 de Marzo: Pola Igualdade con Manos Unidas
Visita de autores: Ana Alcolea
lunes, 7 de marzo de 2022
8 de Marzo: Educación para a Igualdade
8 de Marzo: Donas de sí
Podedes disfrutar da exposición e descubrir as súas obras grazas ao traballo do equipo de biblioteca do CFPI Ferrolterra e a Juan Casal que nola cedeu.
No boletín da exposición podedes atopar as mulleres que se describen e se son correctos na biblioteca vos entregarán as pegatinas das mulleres.
sábado, 5 de marzo de 2022
Día do Cómic
O 5 de marzo celebrarase por primeira vez o Día do Cómic, en conmemoración do mes no que naceu a mítica revista “TBO”. Trátase dunha xornada de celebración da cultura do cómic cuxo obxectivo é “promover a divulgación do medio artístico, reivindicar o seu papel social e de recuperación da memoria artística e histórica dos autores españois”.
O encargado de ilustrar o cartel desta
primeira edición do Día do Cómic foi Magius (Diego Corbalán), recentemente
galardoado co Premio Nacional do Cómic 2021.
Ver no noso catálogo os fondos de banda deseñada e cómic.
viernes, 4 de marzo de 2022
Lectura Dixital para as Bibliotecas Escolares
Como centro integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), dispoñemos dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais proporcionados pola Consellería de Educación.
Os contidos bega-elbe2.edu.xunta.es están dispoñibles en diferentes linguas, cunha especial atención á presenza de contidos en lingua galega, e estruturados por temáticas, linguas, autoría, etapas educativas, xéneros (informativos e de ficción), para facilitar o acceso de usuarios ás obras.
Trátase de contidos dixitais que poden utilizarse online e tamén offline, en todo momento e lugar, e que se adaptan a diferentes soportes de lectura (computador ou dispositivos móbiles).
martes, 1 de marzo de 2022
domingo, 27 de febrero de 2022
Na semana de Rosalía...A rosa incandescente
...estivemos alí, en Chantada, na presentación de A rosa incandescente, como dí Anxos García Fonte, a creadora do invento, unha producción audivisual que nos achega aos sentimentos e a forza de Rosalía de Castro que segue presente no noso corazón e nosos soños.
Esperamos que pronto nola traigan pola comarca, para disfrutar dela. De momento en Facebook e tamén en Instagram.
jueves, 24 de febrero de 2022
miércoles, 23 de febrero de 2022
Día de Rosalía de Castro
O Día de Rosalía conmemorarase por primeira vez hoxe 23 de febrero, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. Tanto da o día, o importante é lembrar á nosa poeta máis universal con lectura dos seus poemas, cun pasapalabra, con xogos, con un obradoiro de papiroflexia, con música... todo é posible neste día.
Vivamos por Rosalía!
martes, 22 de febrero de 2022
Tal día como hoxe... faleceu Antonio Machado
Un dos poetas máis importantes da literatura española e un dos máximos expoñentes da xeración do 98. Descobre no artigo do National Geographic a historia do escritor que afirmou: "Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao andar".
lunes, 14 de febrero de 2022
Galicia no tempo de Afonso X. Un rei galeguista
Nin entrara en declive, nin a monarquía abandonáraa, nin era —só— unha terra de curas e monxes. No século XIII Galicia seguía sendo un peza crave no mapa político e cultural peninsular. E Alfonso X de Castela (1221-1284), o contraditorio rei de fama ‘ antigallega’ que tiraba de galaicoportugués para as súas Cantigas, non mostrou tanta desidia polo noroeste como tradicionalmente escribiuse. Unha nova publicación do Consello da Cultura Galega desposúe ao ‘rei Sabio’ desta inmerecida lenda.
Seguir lendo en ABC Cultura.
O mesmo monarca que foi quen de situar ao galego nun dos seus cumios literarios, coas Cantigas de Santa María ou coa súa lírica satírica, foi sinalado, entre outras cousas, como inimigo da Igrexa de Santiago, pouco entusiasta do fenómeno xacobeo, responsable do comezo da marxinalidade política de Galicia no conxunto da Coroa de Castela ou pouco proclive ao contacto coa nobreza e a Igrexa dun país que, por outra parte, nunca pisou durante o seu reinado.
Cal foi, en realidade, a relación de Afonso con Galicia e co galego? Para sabelo todo na web do Consello da Cultura de Galicia tedes a oportunidade de descargar o documento Galicia no tempo de Afonso X.
martes, 8 de febrero de 2022
Tokio
La ciudad de #Tokio, la ciudad mas poblada del
mundo vista desde las alturas. A foto foi tomada a case 700 metros de altura.
Desde esta altura non se aprecia ben a infinidade de áreas verdes que hai en
Tokio.
Levamos un tempo falando de Manga, Anime,
cultura nipona... non só no club de lectura de manga, e mentras non poidamos
viaxar, botádelle unha ollada aínda que sexa desde o ar.
Grazas a Mar Fernández Blas, exprofe do IES Fernando Esquío que nos achega estos xeitos de viaxar.
jueves, 3 de febrero de 2022
Visita de autores: Espido Freire na biblioteca
A escusa para contar con Espido Freire é a presentación da súa saga xuvenil que inicia con El chico de la flecha, que leron os nosos alumnos de 4º ESO e os do club de lectura de 2ºESO. Tras unha pequena presentación a cargo de Sabela, Lucía e Ainara, Espido falounos do seu amor pola cultura clásica que descubriu cando era unha rapaza de 9-10 anos grazas á biblioteca que tiña preto da casa e a escola. Alí atopou obras como Quo Vadis? ou Los últimos días de Pompeya e moitas outras obras que tanto a engancharon a este mundo. Contounos que a influencia romana e grega non se limita a dous séculos, senón que alongase durante mil anos: somos produto desta herdanza, as nosas tradicións, as leis, a familia, a nosa democracia...non só a lingua, fan de nos o que somos. O feito de estudialas nos fai comprender a nosa historia e respetar aos demáis.
Como dixo un dos nosos alumnos "Espido deixounos unha chuvia de cultura", un pracer para todos os asistentes. De Neda e a nosa biblioteca Espido levou os marcapáxinas de agasallo que sempre facemos para as visitas e asistentes á conversa, así como a chapa e marcapáxinas do noso club de lectura Pantasmas de papel, así como o a edición das catigas do noso trovador favorito Fernán Esquío.
martes, 1 de febrero de 2022
Calendario do libro e a lectura 2022
O 'Calendario
do Libro e dá Lectura' de Galicia incorpora seis novas conmemoracións en
2022, polo que este ano contará cunha trintena de efemérides. O secretario xeral de Cultura. Anxo M. Lorenzo, destacou a
incorporación de datas como o 21 de xullo e o 21 de novembro, nas que se
celebrarán os centenarios dos nacementos de Luz Pozo Garza e María Casares,
respectivamente. No Día das Letras Galegas se fará homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.
Por outra banda na conmemoración do Día das Artes Galegas, promovido pola Real Academia Galega de Belas Artes ( RAGBA) este ano se dedica a Laxeiro. O restantes catro novas citas no calendario serán o 3 de maio, Día da liberdade de prensa; o 21 de maio, Día da diversidade cultural; o 28 de setembro, Día do dereito de acceso universal á información, e o 24 de outubro, no que se conmemorará a semana da alfabetización mediática e informacional.
domingo, 30 de enero de 2022
Exposición no Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Moitas grazas aos rapaces e profesores implicados tanto no obradoiro de papiroflexia como no seminario de coeducación, á hora da escolla das mensaxes, montar as grullas...toda a xente fixo un traballo moi fermoso como veredes na galería de imaxes.
viernes, 28 de enero de 2022
Tal día como hoxe...Astrid Lindgren
Tal día como hoxe deixábanos Astrid Lindgren, creadora do personaxe literario Pippi Calzaslargas. Hoxe lembrámola con esta imaxe das súas portadas en diversas linguas. Cal é a vosa historia favorita?