Amosando publicacións coa etiqueta visita de autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visita de autores. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de maio de 2025

Eva Mejuto na nosa biblioteca


Hoxe temos o pracer de recibir a visita de Eva Mejuto na nosa biblioteca.

Nun encontro cos rapaces de 1º e 3º da ESO vainos falar de 
22 segundos e Memoria do silencio.

xoves, 6 de marzo de 2025

A Rosa Incandescente

Hoxe disfrutamos da compaña de Rosalía de Castro que veu a visitarnos da man dunha ferramenta incrible: o cinema. 
Grazas á creatividade e esforzo de Anxos García Fonte o alumnado de 3ºESO e 1º BAC achegouse á figura da nosa poeta máis internacional.
A Rosa Incandescente presenta as inquedanzas, dúbidas e preocupacións dunha Rosalía moi nova que xa quería ser dona de sí, asinar os seus traballos có seu nome e dar valor ao traballo dunha muller. A Rosalía doente pola súa familia, nai e fillos; a Rosalía autora, a Rosalía feminista é a representada na curta de Anxos García Fonte, guionista e produtora que soubo escoller os ambientes interiores e exteriores da nosa terra cunha gran sensibilidade.
Un privilexio contar con ela no noso centro para achegar aos rapaces a súa figura.

Moitas grazas Anxos e a todos os que a axudaron a crear esta marabilla.

luns, 22 de maio de 2023

Visita de autores: Francisco Narla e Fierro


Hoxe pola tarde tivemos o pracer de conversar con Francisco Narla sobre Fierro e o resto da súa obra. Parte dos membros do club de lectura de adultos xuntámonos con representantes do club de lectura do CIP A Xunqueira de Fene para comentar có autor a novela Fierro, ambientada na época da reconquista, narra as aventuras dun "ataxador", un personaxe escaldado da vida, que non ten nada que perder porque xa o perdera todo, que se ve envolto nunha campaña bélica de moros contra cristiáns nunha zona onde as escaramuzas eran cotiás: o sitio de Alarcos, a batalla das Navas de Tolosa compoñen o escenario onde Fierro e o seu fiel can buscan a vinganza.
O autor descubríunos "trucos de costureira" no xeito de falar, ou máis ben, blasfemar do protagonista; os elementos de construcción da novela e do resto da súa producción literaria. Leunos o inicio da última das súas novelas Breo, e a súa querencia coa novela histórica: se non coñecemos a propia historia non podemos respetarnos nin construir un futuro.
Todo un pracer grazas a Lucía Prieto que nos propuxo a lectura e facilitounos o encontro có autor.

luns, 27 de marzo de 2023

Visita de autores: Eva Mejuto

Hoxe 27 de marzo Eva Mejuto acompañounos para presentar a súa última obra A ladroa da biblioteca de Meiras e falarnos da memoria histórica que tamén retratou en Memoria do silencio e A lavandeira de San Simón sembre desde a perspectiva da rapazada e as mulleres que lles tocou vivir eses tempos.

A autora nos lembra coas súas obras a presencia das mulleres como elemento fundamental como voz da historia.

No caso de Mariña na ladroa da biblioteca, có perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que a rapaza estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, a de Emilia Pardo Bazán. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...

No caso de a Memoria do silencio, as irmáns Touza que axudaron a tantas persoas que escapaban da tolemia nazi, cruzando a liña para embarcar a América desde Portugal.

En A lavandeira de San Simón Xullo e Teresa achéganse á illa para levar roupa e alimentos ás persoas que están nela, pero por qué están alí....? 

Moitas grazas á autora por achegar eses periodos da nosa historia que os rapaces non coñecen ben.



sábado, 11 de marzo de 2023

Ana Alonso na Semana Internacional da Muller


Ana Alonso visitounos onte 10 de marzo para falar da súa obra e presentarnos "20 días de abril", unha novela onde un grupo de rapaces sobreviven ao confinamento nunha residencia estudiantil na Universidade de Sterling, Escocia; falan de curiosidades e vivencias dos seus países de orixe, destacando as diferencias pero tamén as similitudes.

Ana contounos a súa experiencia como escritora e cómo chegou a escribir obras xuvenís tan dispares como a saga de ciencia ficción (aínda que agora non tanto) La llave del tiempo, ou a saga de fantasía histórica Yinn, ou obras tan realistas como esta de "20 días de abril" ou "El sueño de Berlín" ou "Odio el rosa".

Un pracer contar con ela nesta semana onde as autoras están tan presente polo Día Internacional da Muller.

Ver a galería de imaxes.

mércores, 1 de marzo de 2023

Andrea Maceiras no club de lectura con "Que me pare o corazón se te esquezo"

Esta semana tivemos o pracer de contar con Andrea Maceiras quen veu falarnos da súa última novela "Que me pare o corazón se te esquezo" así como doutras que tamén leramos no club como "O que sei do silencio" e así fixemos lecturas compartidas.

Andrea explicounos o por qué da escolla dos nome dos personaxes de Que me pare..., dos perigos das redes sociais, dos retos, de saberse distinto e a busca de aceptación nun grupo, dos medos e inseguridades da xente nova que non son exclusivos á xuventude de hoxe, senón que todos os adolescentes das distintas xeracións os sufrimos pero nestes tempos fanse aínda máis públicos polas novas tecnoloxías. Dos perigos de buscar á amizade nun like das redes, cando o mellor é a comunicación persoal...

Nesta sesión repasamos as circunstancias que viven os novos cun móbil nas mans e cómo podemos sortear os problemas empregando as armas de sempre: as palabras, non deixar de falar.

Un verdadeiro pracer ter a Andrea e ler as súas obras.

Ver a galería de imaxes completa.

luns, 16 de maio de 2022

Visitounos Ledicia Costa

 

O pasado luns 9 de maio veu visitarnos Ledicia Costas, xa levabamos anos pendentes de ter este encontro pois nos distintos clubs de lectura disfrutamos de Escarlatina, Esmeraldina, Infamia, Jules Verne e as mulleres planta, O corazón de Xúpiter..., e agora Golpes de Luz, novela publicada este ano.

María López de 2º de BAC fixo a presentación da autora e esta falounos da escrita, de cómo chegou a ela, o que supuxo falar do Vigo da súa infancia lembrando ao seu padriño, o ambiente da droga naqueles tempos, da forza das mulleres reflexada nunha avóa máxica, Luz, que é todo un símbolo do matriarcado. A recibimos cunha Esmeraldina cociñeira un pouco crecida pero ben vestidiña.

Para os que queirades escoitala, temos unha mostra da súa intervención pero sempre é un pracer escoitala en persoa.

Moitas grazas a Isabel Armesto de Xerais por facer posible este encontro cos rapaces de 2º BAC, 4º ESO e algún que outro membro do club de lectura.

xoves, 3 de febreiro de 2022

Visita de autores: Espido Freire na biblioteca


Por fin, voltamos á "normalidade" coa visita presencial de Espido Freire, autora recoñecida e Premio Planeta 1999. Durante o curso pasado disfrutamos de Eva Mejuto, Andrea Maceiras e Rocío Leira á distancia por vídeo conferencia, pero agora esperamos seguir coas visitas in situ lembrando a última do 11 de marzo con Manuel Rivas que todos lembrades.

A escusa para contar con Espido Freire é a presentación da súa saga xuvenil que inicia con El chico de la flecha, que leron os nosos alumnos de 4º ESO e os do club de lectura de 2ºESO. Tras unha pequena presentación a cargo de Sabela, Lucía e Ainara, Espido falounos do seu amor pola cultura clásica que descubriu cando era unha rapaza de 9-10 anos grazas á biblioteca que tiña preto da casa e a escola. Alí atopou obras como Quo Vadis? ou Los últimos días de Pompeya e moitas outras obras que tanto a engancharon a este mundo. Contounos que a influencia romana e grega non se limita a dous séculos, senón que alongase durante mil anos: somos produto desta herdanza, as nosas tradicións, as leis, a familia, a nosa democracia...non só a lingua, fan de nos o que somos. O feito de estudialas nos fai comprender a nosa historia e respetar aos demáis.

Como dixo un dos nosos alumnos "Espido deixounos unha chuvia de cultura", un pracer para todos os asistentes. De Neda e a nosa biblioteca Espido levou os marcapáxinas de agasallo que sempre facemos para as visitas e asistentes á conversa, así como a chapa e marcapáxinas do noso club de lectura Pantasmas de papel, así como o a edición das catigas do noso trovador favorito Fernán Esquío.



martes, 7 de setembro de 2021

Visita de Manuel Rivas á nosa biblioteca


Manuel Rivas estivo connós o pasado 11 de marzo do 2020, si ledes ben xusto antes do confinamento pero ata o de agora o vídeo resistíase a subida a youtube.
Esperamos que disfrutedes con él tanto coma nos no seu momento, e se rastrexades no blog tamén podedes botar un ollo á galería de imaxes do acontecemento pois ter ao autor na biblioteca de Fernán Esquío, un trobador medieval de quen Manuel Rivas tomou unhas palabras para titular unha das súas obras, Qué me queres amor...?, foi todo un acontecemento.
Alí rodeados de tantos rapaces como puidemos meter na nosa biblioteca, trala presentación de Marta e Claudia, de ver os traballos dos alumnos de francés coas versións das obras de Rivas na lingua franca, e o mural que fixeran o alumnado de EPV baixo a mirada de Carmen Ozema..., o autor falounos da súa escrita, da súa nenez, dos seus sentimentos sobre a lingua, de tantas cousas que non fixo falta música de fondo pois trátase dun xoglar do século XX.
Moitas grazas Manuel por estar connós xusto antes de que as tebras da pandemia nublaran a nosa mirada.

xoves, 27 de maio de 2021

Eva Mejuto de visita...no IES Fernando Esquío

Hoxe estivo no centro aínda que de xeito dixital Eva Mejuto a quen coñecíamos do Salón do Libro de Pontevedra onde nos acolleu en anos anteriores. 

O motivo desta visita foi para falar cos rapaces de 2º ESO de “22 segundos”, a primeira novela xuvenil galega en tratar a temática  trans. Ademais está de norabóa porque recibirá o Premio dos Clubs de Lectura de Galicia 2021 a vindeira semana nas Xornadas de Clubs de Lectura.

No marco da súa obra a autora comenta o seguinte: “Durante moito tempo estiven a seguir  youtubers que contaban as súas historias, e todos empezaban igual: “Ola, chámome  Aidan,” “Ola, chámome Joseph”, “E conto a miña historia porque a min ninguén me axudou, non tiven apoio de ninguén e se cadra se o conto podo axudar a facilitarche a vida”. Paréceme algo moi xeneroso, contar a túa vida non por lucimento persoal, senón expoñerche porque pode axudar a outros”.

“Pero chegou un momento no que necesitaba algo máis, e entrei en contacto cun grupo de mozos  trans. A historia de Marcos chamoume moito a atención porque eu son de Sanxenxo e el é de Cangas” conta referíndose a Marcos  Ceive, cuxa experiencia foi a súa principal fonte de inspiración, e de quen tamén lle sorprendeu a súa forma de ver a vida. Ademais, Marcos e Eva manteñen agora unha forte amizade.

Eva explicounos que “22 segundos” é o tempo que tarda un vídeo que grava *Álex, un mozo  trans, en subirse a Youtube. No referido documento audiovisual, *Álex explica que se abre un blogue para compartir as súas experiencias, pero sobre todo o que está por vir, a viaxe cara a si mesmo. A historia, con todo, termina como empezou, con *Álex subindo o vídeo á rede, e por medio conta a vida de *Álex ata ese momento, e como chegou a descubrirse”.

O libro consta dun capítulo introdutorio e outros vinte e dous capítulos, un por segundo. Segundo conta a autora, isto non ten un significado especial, é un artificio para conseguir facer a novela áxil e amena para os mozos aos que non lles guste ler.

Toda unha sorte contar coa autora con nós facendo disfrutar aos rapaces coa súa espontaneidade, cercanía e compaña. Un pracer!!


luns, 17 de maio de 2021

Rocío Leira no IES Fernando Esquío

 

Grazas a Isabel Armesto, representante da editorial Xerais puidemos disfrutar de Rocío Leira, finalista do XI Premio Jules Verne de LIX de Xerais, aínda que fora na distancia e con algún atranco dixital o pasado xoves 13.

Os alumnos de 1º ESO presentaron a autora e a obra Trescatorcedesaseis que leron no club de lectura e proposta tamén de lectura deste nivel.

«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor.

Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas. Comeza o xogo!


xoves, 22 de abril de 2021

Falamos con Andrea Maceiras

Premer na imaxe 

Hoxe na víspera do Día do Libro, Andrea Maceiras visitounos aínda que de xeito virtual. Andrea xa nos visitara noutras ocasións e coa experiencia que nos da este dato podemos dicir que estamos encantados.

 Os alumnos dos dous grupos de 3º ESO disfrutaron da súa compaña e da súa experiencia como escritora, eso sí coas debidas medidas de afastamento nas súas aulas, como non pode ser doutro xeito. 

A proposta de O que sei do silencio supuxo unha chamada de atención aos rapaces para que non den a espalda a comportamentos insolidarios e pouco recomendables, todos somos aqueles que son esquecidos, abusados e insultados, non podemos mirar cara outro lado e Andrea Maceiras coa súa obra nos fai reflexionar do noso papel na sociedade.

Despois da presentación da autora por rapaces de 3º iniciouse unha charla moi placentera na que pensamos que Andrea estivo cómoda, os rapaces encantados coma sempre pois a autora xa estivo con nos en outras dúas ocasións e con outros grupos.

Esperamos que Andrea siga despertando en nos tantos sentimentos e que nos siga engaiolando coa palabra.

Vos deixamos o vídeo da entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2020 que se lle fixo entrega en novembro, cando se puido nas Xornadas de Bibliotecas Escolares.


mércores, 13 de maio de 2020

Manuel Rivas na nosa biblioteca


Para os que botades en falta esta reportaxe do 11 de marzo, non nos esquecimos, premede na galería para velas todas e descargalas... e todos coas nosas chapas e marcapáxinas para lembrar a visita: