Amosando publicacións coa etiqueta Xornadas Literarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xornadas Literarias. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de abril de 2026

XXI Xornadas Literarias do Concello de Neda: Galician Noir

 
As Xornadas Literarias sempre son moi interesantes pero nesta ocasión contar con Arantza Portabales, Marta Villar, Rober Cagia, Diego Ameixeiras, Óscar Reboiras, Pedro Feijoo e Isabel Ramos Breijo ao lado das nosas rapazas do club de lectura de 2º ESO, é todo un pracer.




domingo, 20 de abril de 2025

XX Xornadas Literarias adicadas a Alfonso Daniel R Castelao

A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será a protagonista da vixésima edición das Xornadas Literarias de Neda. O evento cultural, que se presentou na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol, ofrecerá entre o 24 e o 27 de abril unha visión ampla de quen para moitos é o intelectual galego máis destacado do século XX. Escritor, político, debuxante, investigador…

A apertura das Xornadas literarias terá lugar o 24 de abril, a partir das 18 horas, na Casa das palmeiras, cunha intervención da rapazada que integra o Club de lectura Pantasmas de papel, do IES Fernando Esquío, e máis a conferencia do escritor e crítico literario Manuel Rei Romeu: “Castelao desta terra e deste tempo”.

Seguir lendo...

venres, 23 de abril de 2021

No Día do Libro 2021 Emilia Pardo Bazán

 

No Día do Libro queremos achegarnos á figura de Emilia Pardo Bazán, representante imprescindible do naturalismo en España, da que se cumpren 100 anos do seu pasamento. Como sabedes nas Xornadas Literarias do 2020 se quixo homenaxear á escritora, xornalista, pensadora, loitadora pola liberdade e namorada da cultura, por mor da pandemia deixamos a celebración para este ano polo que vos invitamos a todos a asistir ás mesmas que terán lugar o vindeiro día 30 de abril. 

Nestes días daremos conta do programa das XVIII Xornadas literarias do Concello de Neda nas que, coma sempre un grupo do noso club de lectura terá un relatorio xunto con especialistas na autora galega.


De momento vos deixamos unha mostra do marcapáxinas de agasallo que repartiremos entre os asistentes e o doodle que Google lle adicou noutro momento da súa vida.

luns, 27 de abril de 2020

Emilia Pardo Bazán e as Xornadas Literarias


Seguro que estimades ter as obras de Emilia Pardo Bazán na biblioteca esperando por vos para sustituir as Xornadas Literarias do Concello de Neda e a Universidade de A Coruña, moitas delas están tamén agochadas no andel...
Tedes unha recensión no boletín da biblioteca do mes de abril, do Día do Libro xunto có marcapáxinas conmemorativo, e aquí vos deixamos o lote de obras da autora. Nos vos propoñemos algún relato e, por suposto, Os Pazos de Ulloa dos que tedes a serie de televisión na web da RTVE.



xoves, 25 de abril de 2019

XVII Xornadas Literarias sobre Joseph Conrad


Parte do grupo do club de lectura de 3ºda ESO presentaron un relatorio sobre Joseph Conrad nas XVII Xornadas Literarias do Concello de Neda e a Universidade da Coruña.
As nosas alumnas Eimi, María, Paola e Elena analizaron a vida e circunstancias do autor que o levaron a escribir a súa obra. Os membros do club de adultos leron O corazón das tebras, O axente secreto e Na liña de sombra.

Recensión en La Voz de Galicia e en Ferrol 360º.
Anuncio na Facultade de Humanidades

luns, 23 de abril de 2018

XVI Xornadas Literarias adicadas a Marguerite Yourcenar



Estades todos invitados.
E para os que non puidestedes vir, unha mostra, despois de darlle a norabóa aos organizadores, Manuel Grueiro desde o Concello de Neda e á Universidade da Coruña e por suposto ás nosas alumnas: Claudia, Lucía, Marta, Paloma e Judith, baixo a dirección de Loles Paris.


XVI Xornadas Literarias

Recensión de Mª Xosé Queizán en Praza das Letras "Neda, Vangarda da literatura universal"

sábado, 25 de marzo de 2017

Visita ao Salón do Libro en Pontevedra e encontro cos alumnos do Club de Lectura do IES Sánchez Cantón



O venres estivemos de viaxe os membros do club de lectura do noso centro. Asistimos a unha representación teatral e visitamos o Salón do Libro en Pontevedra, e como non podía ser doutra maneira nos puxemos en contacto con Anxos Rial, bibliotequeira de recoñecido prestixio, quen nos recibíu con extraordinaria xenerosidade permitindo que os nosos alumnos, membros do club de lectura Pantasmas de Papel, cofraternizaran cos alumnos do seu grupo do club de lectura do IES Sánchez Cantón.
Grazas a este encontro disfrutamos da visita ao seu centro e biblioteca onde intercambiamos opinións sobre libros e literatura degustando unha bola típica da cidade, e agasallos pois os nosos alumnos lles entregaron unha chapa do noso club e un boletín coa escolma das cantigas do noso trobador favorito, Fernando Esquío.
Logo de pasar polo seu museo de ciencias nos ensinaron a cidade facendo un roteiro literario.
Vos deixamos a mostra fotográfica do evento eo boletín do roteiro que podedes consultar lendo o código qr.

Moitas grazas aos alumnos do IES Sánchez Cantón e a Anxos e Rosa por tan agradable e agarimosa xornada!!


martes, 19 de abril de 2016

XIV Xornadas Literarias en Neda: Nadine Gordimer


No 25º aniversario do seu Premio Nobel, as Xornadas Literarias de Neda achegannos a autora sudafricana Nadine Gordimer.
Esperamos a vosa compaña para disfrutar desta autora e da súa obra.

sábado, 25 de abril de 2015

13ª Xornadas Literarias



Las “13ª Xornadas Literarias” que la Biblioteca Municipal del Concello de Neda organiza en colaboración con la Facultad de Humanidades de la Universidad de A Coruña, se dedicaron este año a la literatura de terror.
Con el título “Os monstros na literatura” nos animaban a leer obras de ese subgénero narrativo. El grupo de alumnas mayores del Club de Lectura “Pantasmas de papel”, como el de adultos, nos adentramos en el clásico de Mary Shelly: “Frankestein o el moderno Prometeo”.
Como cada año, las alumnas prepararon una pequeña ponencia para hablar de la obra pero, al investigar sobre la autora, le pareció una mujer excepcional tanto en su forma pensar como en las relaciones que mantuvo, por lo que no pudieron evitar referirse también a ella.
Por otra parte, también trabajamos los monstruos literarios con los alumnos de 1º de ESO que le propusieron un juego a los asistentes a las Jornadas: ellos redactaron la descripción de su monstruo y se la leían al auditorio; si no lo adivinaban, les enseñaban la imagen y, finalmente, resolvían el personaje.
Hubo de todo: desde monstruos de la Mitología clásica a criaturas de todas las culturas..., pero no las vamos a desvelar; probad a ver cuántas acertáis de la selección que hicieron estos pequeños especialistas:

 

Gracias a Loles por su reseña y todo el esfuerzo.

luns, 6 de maio de 2013

X Xornadas literarias dedicadas a Thomas Mann

 



Ademais das sesións con especialistas, un curso acelerado de alemán e sesión de música e baile de Cabaret, os nosos alumnos comentaron a vida e obra do autor facendo unha interpretación de La muerte en Venecia desde o seu punto de vista de lectores nun club de lectura.
 
Norabóa de novo a todos os participantes e a Loles por dirixilos!

Nota: Non se inclúen na reportaxe certas fotos do público bailando cabaret cunha boa de plumas... esas quedan para a posteridade.