viernes, 27 de noviembre de 2020

16 Días de activismo contra la violencia de género


 La campaña ÚNETE de aquí al 2030 para poner fin a la violencia contra las mujeres, del Secretario General de las Naciones Unidas, marca los 16 Días de activismo contra la violencia de género (del 25 de noviembre al 10 de diciembre de 2020) con el tema mundial “Pinta el mundo de naranja: ¡financiar, responder, prevenir, recopilar!”. 

La campaña Generación Igualdad de las Naciones Unidas amplifica el llamado a la acción mundial para subsanar las brechas de financiación, asegurar servicios esenciales para las sobrevivientes de violencia durante la crisis de la COVID-19, y concentrarse en la prevención y la recopilación de datos que puedan mejorar los servicios para salvar vidas de mujeres y niñas. 

La campaña es parte de los esfuerzos de ONU Mujeres para Beijing+25 y se prepara para lanzar nuevas acciones y compromisos audaces para poner fin a la violencia contra las mujeres en el Foro Generación Igualdad en México y Francia en 2021.

Seguir lendo na web da ONU

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 N: Día contra a Violencia de calquera signo

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Pero nos queremos destacar que dita violencia non só é contra a muller, senón contra todos os membros da unidade familiar.

Este ano queremos achegarvos unha selección dos fondos da nosa biblioteca entre os que destaca Invisibles, unha obra imprescindible para pensar no mundo que nos rodea e o que queremos ter. Tamén deixamos a guía didáctica da obra da que os nosos alumnos falaron coa autora o curso pasado, antes da pandemia... parece tan loxe xa.

martes, 24 de noviembre de 2020

25 N: É violencia

 

25 N: Non!!!

"Non" é a historia de Celia (Paula Utrilla) , unha moza cuxa tóxica e autodestructiva relación con Juan Carlos (Alejandro Vergara) afecta a todo o círculo familiar e próximo da nova, con todo, todos compartimos unha incómoda responsabilidade... pero só Celia pode dar o primeiro paso. Podería ser a do teu mellor amiga, a túa irmá, a túa veciña...

Guión, Montaxe e Dirección de Adrián Vereda


25 N: Á violencia de xénero dille NON


Preme na imaxe para acceder ou....
non estás dacordo??

sábado, 21 de noviembre de 2020

Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia 2020 en Rede

 

Nos Encontros de BEs disfrutamos de relatorios moi enriquecedores como mostra o programa e o dossier dos relatores, ademais da compaña de Andrea Maceiras que recibíu o Premio dos Clubs de Lectura 2020 cun sentido e fermoso discurso. 

Esperamos ter a relación de charlas abertas a todos en RedeBE nas vindeiras datas para visionar as simultáneas ás que non asistimos.


jueves, 19 de noviembre de 2020

Vicente Araguas Premio Internacional de Literatura Gustavo Adolfo Bécquer

 

O noso ben querido poeta e tradutor nedense Vicente Araguas foi galardoado co Premio Internacional de Literatura Gustavo Adolfo  Bécquer polo seu libro "Basilio de Brito volveu a Lisboa" e o conxunto da súa obra.

Segundo informou a editorial  Sial  Pigmalión, este premio, creado en 2008 xunto co PEN Club Español, reivindica a figura de Gustavo Adolfo  Bécquer, máximo representante do  posromanticismo literario en lingua española, un dos poetas con maior influencia na poesía do século  XX no ámbito hispánico, de quen se conmemora en 2020 o 184 aniversario do seu nacemento.

A obra premiada será presentada na próxima Feira do Libro de  Bogotá ( FILBO) e na Feira do Libro de Madrid (FILM) 2020

Norabóa por tan fermoso e merecido galardón

miércoles, 11 de noviembre de 2020

Semana da ciencia 2020: Ernesto Viéitez Cortizo


Ernesto Viéitez Cortizo foi elixido como o científico galego na Semana da Ciencia 2020. O científico cursou os primeiros estudos no Colexio dos Maristas de Pontevedra e os de bacharelato no Instituto da mesma cidade. Ao non poder seguir a carreira de Ciencias Naturais, titulación que só se impartía nas Universidades de Madrid e Barcelona, optou por matricularse na Universidade de Santiago en Farmacia, carreira que daba satisfacción á súa vocación naturalista e permitíalle adquirir coñecementos en física e química. Obtivo a licenciatura en Farmacia aos 21 anos, en 1942, e un ano despois pediulle ao recen incorporado catedrático de Botánica da Facultade de Farmacia, Francisco Bellot , que lle dirixira a súa tese doutoral, Estudios botánicos sobre la flora alergógena y contenido en polen de la atmósfera de la comarca de Santiago de Compostela, que presentou en 1946 na Universidade Central de Madrid.

Froito do traballo realizado para a tese foi a publicación de seu primeiro artigo científico, asinado con Francisco Bellot, “Primeros resultados del análisis polínico de las turberas gallegas” (Anales de Edafología y Fisiología Vegetal, II, 4, 1945). Outras publicacións ligadas ao tema da súa tese foron: “Análisis polínico atmosférico de Pontevedra y estudio de la flora alergógena en la comarca” (Anales de la Real Academia de Farmacia, 3.1947); “El polen de las mieles de Galicia” (Anales de Edafología y Fisiología Vegetal, X, 1, 1951), “El uso del cloruro 2,3,5-trifenil tetrazolium para determinar la vitalidad del polen” (Anales de Edafología y Fisiología Vegetal, 3: 297-308; 1952).

Podedes seguir lendo a súa biografía na web do Consello da Cultura Galega


martes, 10 de noviembre de 2020

Semana da ciencia 2020: Robert Koch


Seguro que oíches falar de “o bacilo de Koch”. Aínda que che soe a outra cousa, refírese a Mycobacterium tuberculose, a bacteria con forma de bacilo que descubriu Robert Koch en 1882.
As achegas de Koch á medicina, a ciencia e a bacteriología en particular fixéronlle merecedor do Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1905. Aínda que comezou a súa carreira profesional como médico rural, un microscopio que lle regalou a súa muller fíxolle cambiar de rumbo e acabou dedicándose á investigación. Pasou á historia como un dos pais da microbiología.
No vídeo atoparedes as súas achegas máis importantes.

lunes, 9 de noviembre de 2020

Semana da ciencia en galego 2020

 

Outros anos tiñamos actividades de experimentos no patio, exposicións... neste tempo imos empregar o blog da biblioteca para achegar información seguindo o lema da convocatoria 2020, e para comezar facemos unha escolla dos fondos da biblioteca.

jueves, 5 de noviembre de 2020