luns, 2 de decembro de 2024
O valente xesto de Rosa Parks
luns, 8 de abril de 2024
Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: La carrera del siglo
Cunha terrible marca de 3 horas, 28 minutos e 53 segundos, tan só 14 dos 32 corredores conseguen acabar o maratón máis lenta, tramposa e chea de fitos de todos os tempos: entre outros, temperaturas de máis de 30 graos, un percorrido mal sinalizado, o primeiro caso rexistrado de dopaxe organizada; os primeiros atletas africanos en participar nuns Xogos Olímpicos (saíronse da próxima Exposición Universal); un carteiro cubano vestido de rúa (ao que un lanzador de disco, amablemente, córtalle as perneras do pantalón para que poida correr con maior comodidade); un atleta que realiza parte do percorrido en coche; e outros participantes con circunstancias persoais alucinantes.
Estamos ante unha historia que soa hoxe do todo improbable pero que está enteiramente baseada en feitos reais, e cuxo legado segue vivo nos anais esquecidos do deporte. Unha historia tan real como pouco coñecida que fará as delicias de todos os lectores e dos afeccionados ao deporte en particular.
martes, 27 de febreiro de 2024
Que personaxes históricos naceron no teu concello?
A Real Academia da Historia recompilou máis de 50 000 personaxes nun mapa interactivo que permite coñecer datos sobre o nacemento e o falecemento de personaxes ilustres, así como de acontecementos históricos.
Cada un dos nomes e dos feitos históricos que aparecen no mapa interactivo, denominado Historia Hispánica, están enlazados a unha páxina externa na que se pode consultar a biografía e o itinerario de vida de cada personaxe, ou ben a descrición do fito.
Non te quedes sen coñecer a historia que te rodea!
martes, 6 de febreiro de 2024
E ti, coñeces a "As Sensombreiro"?
"As Sensombreiro" foron un grupo de mulleres pertencente á Xeración do 27 que recibiron este nome por sacarse o sombreiro como xesto de rebeldía ante unha sociedade que non recoñecía os seus méritos. A súa obra foi silenciada durante anos e foron incomprendidas pola sociedade do seu tempo, pero todas elas contribuíron dun modo ou outro, incluso desde o exilio, ao crecemento das súas respectivas disciplinas.
Unha desas mulleres foi María Zambrano, falecida tal día coma hoxe hai 33 anos, e cuxo nome está asociado á historia da filosofía e ao exilio republicano español do 1939. A súa obra é moi extensa e nela destaca o seu compromiso coa muller e a súa loita pola igualdade de xénero na sociedade española.
venres, 6 de outubro de 2023
Novidade: La Historia de Troya
Un achegamento perfecto para o público máis novo á cultura clásica e os seus mitos, nunha maxistral versión da última gran lenda da Idade Heroica, o asedio de Troia: coa súa caída comeza a Historia.
Roger Lancelyn Green achégase unha vez máis á mitoloxía, nesta ocasión para contar a extraordinaria historia de Helena, cuxo rostro lanzou mil naves ao mar, e a do xuízo de Paris; a da reunión dos todos os heroes e a do asedio de Troia; a do feroz Aquiles e o seu vulnerable talón, guerreiro criado con mel salvaxe e medula de león por un centauro; a de Odiseo, o último dos heroes, e o seu ardid do Cabalo de Madeira, e a das moitas aventuras na súa longa viaxe de regreso a Grecia. A Ilíada, a Odisea, a Eneida, o Agamenón, Ovidio, Homero, Sófocles... Só Lancelyn Green conseguiría recoller nun único volume e para o lector máis novo aos grandes da literatura clásica.
xoves, 16 de febreiro de 2023
Novidades: Que sabes da Guerra Civil e o franquismo?
A guerra civil e o franquismo contados para os máis pequenos
Que sabes da guerra civil? E do franquismo? Son acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas pero, ao mesmo tempo, son etapas bastante descoñecidas para as novas xeracións.
Coñecer o pasado axúdanos a entender o presente. Este libro trata de explicar o que sucedeu de xeito ameno e obxectivo, contándonos tamén como era a sociedade e a vida diaria daquela época, daquel "tempo de silencio".
mércores, 18 de xaneiro de 2023
mércores, 11 de xaneiro de 2023
Ferrol no tempo, exposición ata o 28 de xaneiro
luns, 9 de xaneiro de 2023
Galicia, no primeiro mapa de postas
mércores, 23 de novembro de 2022
Imparables; así somos
Desde a sabana de África ata os casquetes polares de Groenlandia, os humanos dominamos o planeta Terra. Pero, como o logramos? Porque somos Imparables
Os leóns son máis fortes que nós, os golfiños nadan mellor, e non temos ás!
A través desta apaixonante viaxe de millóns de anos, descubrirás cal é este superpoder que nos fai imparables. Quen dixo que a historia da humanidade era aburrida? Ananos, serpes xigantes, o Espírito do Gran León, o dedo dunha nena que viviu hai 50.000 anos... Descobre os misterios da orixe da humanidade e penétrache nunha aventura épica e real: a nosa, a de todos os humanos.
Xa na biblioteca!!!
luns, 14 de febreiro de 2022
Galicia no tempo de Afonso X. Un rei galeguista
Nin entrara en declive, nin a monarquía abandonáraa, nin era —só— unha terra de curas e monxes. No século XIII Galicia seguía sendo un peza crave no mapa político e cultural peninsular. E Alfonso X de Castela (1221-1284), o contraditorio rei de fama ‘ antigallega’ que tiraba de galaicoportugués para as súas Cantigas, non mostrou tanta desidia polo noroeste como tradicionalmente escribiuse. Unha nova publicación do Consello da Cultura Galega desposúe ao ‘rei Sabio’ desta inmerecida lenda.
Seguir lendo en ABC Cultura.
O mesmo monarca que foi quen de situar ao galego nun dos seus cumios literarios, coas Cantigas de Santa María ou coa súa lírica satírica, foi sinalado, entre outras cousas, como inimigo da Igrexa de Santiago, pouco entusiasta do fenómeno xacobeo, responsable do comezo da marxinalidade política de Galicia no conxunto da Coroa de Castela ou pouco proclive ao contacto coa nobreza e a Igrexa dun país que, por outra parte, nunca pisou durante o seu reinado.
Cal foi, en realidade, a relación de Afonso con Galicia e co galego? Para sabelo todo na web do Consello da Cultura de Galicia tedes a oportunidade de descargar o documento Galicia no tempo de Afonso X.
martes, 21 de setembro de 2021
Efemérides: Morte de Carlos I de España e V de Alemaña
O 21 de setembro de 1558 faleceu Carlos I de España, e V de Alemaña, no mosteiro de Yuste, o lugar onde o monarca que dominou o mundo decidiu pasar os seus últimos anos de vida, despois das abdicacións de Bruxelas —celebradas un par de anos antes—, tras as cales o seu irmán Fernando quedou ao mando do Imperio Germánico e o seu fillo Felipe II tomou posesión do reino de España e das posesións do Novo Mundo.
Paradoxos do destino: o home que dominou o mundo coñecido, que se enfrascou en múltiples batallas, non tivo unha morte heroica nin gloriosa. Foi un insignificante mosquito o que liquidou a un dos reis máis poderosos da historia da humanidade.
Se queres saber a historia do neto dos Reis Católicos e a súas xestas segue lendo en Zenda.
luns, 20 de setembro de 2021
Comezo do roteiro ao redor do mundo
O 20 de setembro de 1519, Fernando de Magallanes partiu para emprender unha das maiores fazañas da navegación, que serviu para demostrar que, efectivamente, a terra era e é redonda. O mariño portugués partiu desde Andalucía ao mando dunha flotilla formada por cinco barcos (a Trindade, a San Antonio, a Concepción, a Vitoria e a Santiago) e 247 homes. Pero Hernando —como tamén era coñecido o navegante— de Magallanes non estivo só na súa xesta. O luso foi o encargado de comezar a aventura, pero quen a finalizou con éxito, e demasiadas penurias e fatigas, foi o vasco Juan Sebastián Elcano.
A expedición de Magallanes e Elcano, que partía tal día como hoxe, foi a primeira en "percorrer e descubrir toda a redondez do mundo" segundo palabras do propio Juan Sebastián de Elcano como recordamos nunha das Olimpiadas Culturais...luns, 25 de xaneiro de 2021
Mapa das carreteiras romanas
Cando Alarico saqueou Roma no 410 dificilmente podía imaxinar o impacto tan prolongado e traumático que a súa acción tería para o Imperio Romano. El, que durante anos ansiara pertencer á elite imperial, formar parte do centro político e cultural de Europa, xogaría un rol crave na eventual desaparición da institución. A desintegración do Imperio Romano de Occidente poñería fin a oito séculos de continuidade política e económica. O que inclúe ás súas infraestruturas.
Durante séculos, os arquitectos e os técnicos do imperio desenvolverían unha vasta rede de vías e estradas terrestres que conectarían os catro recunchos do imperio. Desde o muro de Adriano ata Otranto; desde o corazón de Lisboa ata Constantinopla; desde as costas Atlánticas do norte de África ata Palestina... como pódese ver no mapa.
Seguir lendo en Magnet-Xataca @mohorte
venres, 8 de xaneiro de 2021
Novo programa de divulgación histórica: El condensador de fluzo
Xa coñecíamos Orbita Laika, un dos nosos programas de divulgación científica favoritos no que aprendemos ciencia dun xeito divertido, e agora vos achegamos El condensador de fluzo. Durante unha hora en RTVE 2, fai realidade un clásico soño do cine: os viaxes no tempo grazas a divulgación histórica desde o humor e entretemento. Un espazo centrado tanto nos grandes fitos históricos como nesas pequenas curiosidades que nunca nos contaron na aula.
Para todos os que queirades achegarvos á Historia dun xeito ameno, accesible e atractivo, xa sabedes, os xoves ás 22:00
xoves, 5 de novembro de 2020
Tal día como hoxe: Guy Fawkes a a conspiración da póvora
xoves, 1 de outubro de 2020
venres, 1 de maio de 2020
Agochado no andel 10: La historia como nunca antes te la habían contado
Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.
Así comezamos esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel...¡Todos los capítulos incluyen un código QR para acceder a los vídeos en el canal de YouTube!
Primeiras páxinas















