Amosando publicacións coa etiqueta Ecoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ecoloxía. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2026

Premio Princesa de Asturias Cooperación Internacional 2026: Bóveda Global de Semillas de Svalbard

Inaugurado en 2008, cunha extensión de máis de mil metros cadrados, repartidos en tres almacéns, ten como obxectivo salvagardar a diversidade de sementes de cultivos destinados a alimentación para garantir a subministración futura en caso de perda debida a desastres naturais, conflitos humanos, cambios nas políticas, mala xestión ou calquera outra circunstancia.

Un premio para a esperanza.

 Seguir lendo na Fundación Princesa de Asturias

venres, 21 de marzo de 2025

Día internacional dos bosques... os nosos pulmóns e unha novidade

Sabes, de verdad verdadera, como es que funcionan los bosques? En un bosque todo está conectado. Pero además, todas las personas estamos también conectadas con los bosques. Y es que, sin duda, el bosque es nuestra casa. Entra en este libro y descubrirás un montón tan grande de cosas alucinantes (y que muy poca gente sabe) que te convertirás en especialista en bosques. Garantizado!

Con O bosque é a nosa casa atoparedes moita información.

xoves, 24 de outubro de 2024

24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  

 O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

 A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todos os rapaces, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

 

mércores, 5 de xuño de 2024

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, establecido por primeira vez pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972.

Este ano o lema é As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración.



En relación con este día, convidámosvos a visitar a nosa sección de Biblioteca Verde

xoves, 9 de maio de 2024

Guía LIX según os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable


A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Guía ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) na que recolle todo tipo de materiais que tratan cada un dos dezasete obxectivos no camiño da Axenda 2030.

Trátase duns materiais imprescindibles para todo tipo de persoas mediadoras do libro e a rapazada , que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social.

Os materiais están organizados por cada un dos obxectivos: 

1.Fin da pobreza, 2. Fame cero, 3. Saúde e benestar, 4. Educación de calidade, 5. Igualdade de xénero, 6. Auga limpa a saneamento, 7. Enerxía accesible e non contaminante, 8. Traballo decente e crecemento económico, 9. Industria, innovación e infraestrutura, 10. Redución das desigualdades, 11. Cidades e comunidades sustentables, 12. Produción e consumo responsable, 13. Acción polo clima, 14. Vida submarina, 15. Vida de ecosistemas terrestres, 16. Paz, xustiza e institucións sólidas e 17. Alianzas para acadar os obxectivos.

preme na imaxe para acceder

mércores, 8 de maio de 2024

98 anos de David Attenborough


No día do seu 98 cumpreanos, conmemoramos a figura de David Attenborough, un dos divulgadores naturalistas máis coñecidos e auténtico pioneiro en documentais sobre a natureza.

Se queredes coñecer curiosidades sobre o noso planeta, non dubidedes en coller algún dos documentais dos que dispoñemos na biblioteca.

luns, 11 de marzo de 2024

Día do Naturalismo Galego

O pasado 9 de marzo cumpriuse o primeiro aniversario do Día do Naturalismo Galego, que se conmemora ese día porque coincide coa data de nacemento do Pai Martín Sarmiento, un frade nado en 1695 no Bierzo, que pasou os seus primeiros anos en Pontevedra, e que está considerado un dos pais da filoloxía galega, sendo determinante tamén nas investigacións históricas, xurídicas e naturalistas.

Para honrar este día, a Comisión de Ornitonimia da Real Academia Galega vén de elaborar unha lista unificada dos nomes galegos para as aves e os paxaros presentes ou citados en Galicia e en España, que pronto poderemos atopar nunha edición impresa.

martes, 23 de xaneiro de 2024

Animal Lovers


Cal é o animal máis popular do teu país? E o máis querido en todo o planeta? 
O mundo como nunca o viras.

Utilizando a ferramenta Google Keyword Planner, e analizando procuras de 170 animais diferentes en máis de 180 países do globo, os investigadores de Explore Worldwide extraeron os datos dos animais máis famosos de cada país e deron forma a un mapa mundi cos nomes de cada país e o seu respectivo animal máis adorado. Os expertos filtraron por frases que identificaban os animais que xeraban máis emoción e que máis interese suscitaban. Isto incluía termos de procura como "[animal] + safari" e "como ver [nome do animal]", en todas as traducións de idiomas nativos.

O animal máis querido do mundo é...O tigre. 

Este animal ocupou o primeiro lugar en 44 países, seguidos dos hipopótamos, que foron os animais favoritos en 25 países (entre eles Suíza, Haití e Guinea); e, en terceiro lugar, os golfiños (que aparecen como máis sinalados en países como Honduras, Guatemala ou as illas Caimán). O cuarto animal máis popular do mundo resultou ser a balea, soada en países como Brasil, Italia e Groenlandia). E no posto número 5 atopámonos aos gorilas, que son nativos de África, e a mellor oportunidade de atopalos na natureza é en Uganda, que conta coa metade da poboación mundial de gorilas de montaña.

Seguir lendo en Muy Interesante.

luns, 27 de novembro de 2023

Xornadas micolóxicas de Neda

Hoxe abre o prazo de inscrición para as terceiras Xornadas micolóxicas de Neda, organizadas pola Asociación micolóxica Viriato en colaboración co Concello. Trátase dunha actividade gratuita de iniciación ao mundo dos fungos e dos cogomelos que se desenvolverá do 30 de novembro ao 2 de decembro. Terdes aquí toda a información.

martes, 3 de outubro de 2023

Realidade aumentada e biodversidade no Museo do Prado

A Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO/BirdLife, en colaboración co Museo do Prado, presentou estes días un filtro de realidade aumentada que permite contemplar en movemento as aves do cadro El jardín de las delicias, de El Bosco, así como interactuar con elas. O obxectivo desta iniciativa é concienciar a sociedade sobre a importancia de conservar a biodiversidade, pois as especies que aparecen nesta obra de arte están gravemente ameazadas na actualidade, en perigo de extinción.

luns, 8 de maio de 2023

Tal día como hoxe...naceu David Attenborough


Hoxe cumpre 97 anos David Attenborough, o naturalista dos documentais da BBC e unha icona da defensa da vida salvaxe. Descobre os curiosos seres que levan o seu nome, e outros coñecidos personaxes que tamén fixeron moito pola natureza... seguir lendo en OpenMind.

domingo, 15 de xaneiro de 2023

Erasmus DaDA

Ao longo desta semana teremos varias actividades relacionadas có proxecto Erasmus no que estivemos participando estos últimos anos. Ademais de recibir a profesores e alumnos de Alemaña, Gales e Turquía faremos a presentación do proxecto no evento multiplicador organizado polo CFR de Ferrol. 

Para ver a infografía ao completo premede aquí.

martes, 20 de decembro de 2022

Novidade exclusiva asinada polo autor: O lume de David Rubín

Seguro que non lembrades a David Rubín, un dos nosos ilustradores e autores favoritos máis creativos, que veu de visita por alá no 2015.

Acaba de presentar a súa última obra O lume, e como temos contacto con él, nola asinou e dedicou ao club de lectura.

Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade #ante o inevitable desastre. Inmerso na devandita construción, diagnostícaselle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle restan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide choque co noso planeta. Este dramático feito fará que se reformule a súa propia natureza profesional e persoal, o que lle leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que apenas tiña contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, condenándoo a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo; unha desesperada carreira cara ao fin dos tempos, contra a morte, a tolemia e a súa propia e atormentada conciencia.

Estamos desexando ler esta obra tan agaiolante. Esta edición de Demo Editorial contén unha ilustración que enmarcaremos, a edición en castelán de Astiberri pon á venda o making of da obra cos borradores orixinais.

Grazas David pola dedicatoria.

xoves, 8 de setembro de 2022

Coñecendo a nosa contorna: Ortegal, kilómetro cero do centro da Terra

Cabo Ortegal. Crédito: Deputación da Coruña

 Á sombra do cabo Ortegal fúndense o Atlántico e o Cantábrico. Para os mariñeiros das rías Altas é o quilómetro cero marítimo. Para os xeólogos, é o quilómetro cero da viaxe ao interior da Terra.

Un horizonte de pregamentos caprichosos con 1.160 millóns de anos en forma de cantís abruptos entre os máis escarpados da Europa continental (613 metros) onde se agarran con forza os crustáceos máis cotizados do litoral galego e descansan cada outono as aves europeas que emigran cara ao verán africano.

Un patrimonio incalculable que está a un pasiño de acadar o recoñecemento da Unesco coa declaración de Xeoparque, que pon en valor a historia da súa terra desde o punto de vista xeolóxico, paisaxístico e natural e ábrelle as portas a unha maior inxección económica para o desenvolmento do territorio...

Para saber máis GCiencia, entra de descubre, os resultados coñeceranse na primaveira do 2023.

xoves, 21 de abril de 2022

Novidade: La gran expedición

Este libro, como o tempo, desprégase como un acordeón: atravesa as eras xeolóxicas, presentando, en cada unha delas, ás criaturas que habitaban o mundo: bacterias, plantas unicelulares, dinosauros, mamíferos, etc. Esta é unha verdadeira expedición ao comezo do tempo, para comprender como foi a evolución da vida na Terra. Dun lado do libro-acordeón, están desenvoltas as épocas terrestres nun colorido despregue, acompañado de breves textos explicativos. No reverso, represéntase a historia da Terra mediante unha cronoloxía gráfica, que finaliza co desenvolvemento da especie humana.

Un pracer percorrer "La gran expedición" xa na biblioteca.

martes, 25 de xaneiro de 2022

Voos nocturnos

 Nun perigoso futuro onde enormes cidades motorizadas atácanse e devoran entre si, Londres é un depredador que caza onde ningún outro se atreve. Pero Anna Fang, piloto, aventureira e espía, non coñece o medo.

Voos nocturnos é un Spin Off da tetralogía fantástica escrita por Philip Reeve «Mortal Engines». Componse de tres relatos que contan as aventuras máis emblemáticas da vida de Anna Fang: como planeou fuxir de Arkangel sendo unha moza escrava, unha aventura nos ceos enmeigados do continente morto e a súa perigosa misión en Pulau Pinang como espía da liga Antitraccionista.

Esta novela de aventuras é a primeira da saga Mortal Engines que Peter Jackson levou á gran pantalla. Unha boa lectura para a Semana da Paz que podedes comezar neste fragmento.

mércores, 22 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS: Un mundo a capas


Imaxinas como será o interior do noso planeta? Grazas a acúñelos e pestanas deste libro Un mundo a capas, poderás viaxar desde a montaña máis alta ata a fosa submarina máis
insondable. Un incrible percorrido pola xeografía terrestre que che levará, capa a capa, ata o mismísimo centro da Terra, esta Terra que debemos respetar e coidar, non temos outra. Por todo iso entrade nesta obra, disfrutaredes do que xa sabedes ou esquecéstedes do noso marabilloso planeta.


xoves, 9 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS: Seis grados que poderían cambiar o mundo

Estamos a alcanzar case un grao máis de temperatura. No próximo século é probable que a temperatura suba de 1 a 6 graos. Isto débese aos combustibles fósiles, carbón, petroleo, gas natural, dióxido de carbono, etc. 1º.- No ártico se derretiría a metade do xeo, durante a metade do ano, causando que decenas de miles de fogares asoláguense na baía de bengala. 2º.- Os glaciares de Groenlandia desaparecerían, moitos osos polares morrerían, varios tipos de insectos terían que migrar, os escaravellos do piñeiro acabarían cos bosques de cortiza branca en estados unidos, acabando coa alimentación dos osos Grizzlies durante o outono, a tundra de Canadá se derretiría e crecerían novos bosques, as illas de Tuvalu desaparecerán baixa a auga, desaparecerán a maioría dos arrecifes de coral dos mares tropicais. 3º.- No ártico non haberá xeo en todo o verán, a pluvisilva amazónica secásese, os casquetes de neve dos Alpes desaparecerán, os comportamentos climatolóxicos extremos serán habituais, o aumento de 3º aceleraría máis o quecemento global e as partes máis húmidas do planeta volveríanse áridas, os sistemas habituais poderían desaparecer 4º.- Os océanos levantásense asolagando os fogares de mil millóns de persoas, por exemplo, Venecia quedaría asolagada completamente, os glaciares desaparecerán aumentando elevadamente o fluxo de auga fría, diferentes partes do mundo afrontasen distintos tipos de problemas. 5º.- Xeraríanse dúas grandes zonas inhabitables, antes rexións tépedas, os casquetes e acuíferos que alimentes grandes cidades secaríanse e habería millóns de refuxiados. 6º.- Os océanos parecerán desertos e os desertos abundasen en todo o planeta, abundasen os desastres naturais, grandes cidades do mundo serán abandonadas.

Podemos parar todo este desastre tomando conciencia da nosa actuación fronte ao cambio climático.
Se queres ver o vídeo de Seis grados que podrían cambiar el mundo entre na ficha do noso catálogo e actúa e logo bótalle un ollo ao libro de Manuel Toharia: El clima: el calentamiento global y el futuro del planeta.