Hoxe dedicamos este post á etóloga británica Jane Goodall, falecida onte aos 91 anos de idade, e quen é considerada a maior experta mundial en chimpancés. Estudounos durante máis de 60 anos en estado salvaxe e descubriu neles pautas de conduta e habilidades descoñecidas ata entón. O seu traballo foi fundamental para comprender as raíces do comportamento humano, dada a proximidade evolutiva das dúas especies.
xoves, 2 de outubro de 2025
venres, 8 de novembro de 2024
Semana da Ciencia 2024
Do 9 ao 17 de novembro, A Coruña celebra a Semana da Ciencia. Por esta razón, a entrada será gratuíta no Aquarium Finisterrae, a Casa das Ciencias e a Domus. Algunhas das visitas requiren reserva previa das entradas. Tedes toda a información aquí.
martes, 8 de outubro de 2024
Achado na Fonsagrada un fósil dun escorpión mariño de 434 millóns de anos
luns, 7 de outubro de 2024
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 2024
O Premio Nobel de Medicina 2024 é para Victor Ambros e Gary Ruvkun, premiados polo descubrimento do microARN, unha pequena molécula que regula a actividade dos xenes, permitindo a cada célula seleccionar aquelas instrucións necesarias para que realice as súas funcións.
mércores, 18 de setembro de 2024
Noite galega das persoas investigadoras
O próximo 24 de setembro terá lugar en toda Galicia a G-Night ou Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento que achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Neste enlace tedes toda a información sobre as distintas actividades que se desenvolverán en difrentes cidades galegas. Non volo perdades!
mércores, 19 de xuño de 2024
Feira de Ciencias intercentros
luns, 17 de xuño de 2024
Proxectos de Bioloxía
Como proxecto do terceiro trimestre na materia Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º da ESO elaborou uns lapbooks sobre ecosistemas de película. Deixámosvos unha presentación para que poidades ver que ben lles quedaron!
mércores, 22 de maio de 2024
Día Internacional da Diversidade Biolóxica
O 22 de maio celébrase o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, declarado por Nacións Unidas, e que ten como finalidade concienciar sobre a importancia da conservación e a utilización sostible da biodversidade, así como da crecente ameaza que supoñen para a mesma as actividades humanas.
E para que poidades desfrutar das marabillas que temos no noso planeta, deixámosvos aquí as imaxes galardoadas no World Nature Photography Awards deste ano, un certame que celebra a biodiversidade. Esperamos que vos gusten!
luns, 11 de marzo de 2024
Día do Naturalismo Galego
O pasado 9 de marzo cumpriuse o primeiro aniversario do Día do Naturalismo Galego, que se conmemora ese día porque coincide coa data de nacemento do Pai Martín Sarmiento, un frade nado en 1695 no Bierzo, que pasou os seus primeiros anos en Pontevedra, e que está considerado un dos pais da filoloxía galega, sendo determinante tamén nas investigacións históricas, xurídicas e naturalistas.
Para honrar este día, a Comisión de Ornitonimia da Real Academia Galega vén de elaborar unha lista unificada dos nomes galegos para as aves e os paxaros presentes ou citados en Galicia e en España, que pronto poderemos atopar nunha edición impresa.
luns, 4 de marzo de 2024
Solución ao concurso E tí... de quen ves sendo? Edición 2024
Premede na imaxe para anpliala e disfrutade na galería coas imaxes reais das personaxes.
pois sen moitas destas personaxes non teríamos o nivel de avance científico, democrático e de igualdade que disfrutamos hoxe en día no mundo occidental.
luns, 12 de febreiro de 2024
12 de febreiro, Día de Darwin
O 12 de febreiro conmemórase o nacemento de Charles Darwin, que tivo lugar tal día coma hoxe en 1809. Cincuenta anos máis tarde, en 1859, este naturalista inglés publicou o seu mundialmente coñecido libro A orixe das especies, a través do que sentou as bases da teoría da evolución. As conclusións de Darwin estiveron baseadas nas observacións que realizou ao bordo do Beagle, no que fixo unha expedición científica por América e Oceanía que duraría cinco anos.
venres, 9 de febreiro de 2024
11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Desde a Biblioteca do IES Fernando Esquío queremos contribuír á visibilización do labor de diferentes mulleres ao longo da historia no ámbito científico, polo que vos deixamos unha pequena presentación sobre algunhas delas. Non vola perdades!
luns, 5 de febreiro de 2024
Sabías que o valor do número pi non sempre foi 3,14?
O 5 de febreiro de 1897, en Indiana, Estados Unidos, a Asemblea Xeral aprobou a lei número 246, na que se lle asignaba un novo valor exacto ao número pi, ilegalizando por completo o uso de calquera outro valor.
Isto debeuse a que Edward Goodwin, médico e aficionado ás matemáticas, convenceu ao representante estatal de ter conseguido unha solución ao problema da cuadratura do círculo, un problema matemático que xa en 1882 Ferdinan von Lindemann probara que era imposible de resolver. Pero Goodwin non quixo darse por vencido e estableceu que si era posible cadrar o círculo. O problema estaba en que para realizar a súa demostración Goodwin tomaba o valor do número pi como 3,2 en lugar da súa aproximación a 3,14.
Se queres saber máis, podes seguir lendo aquí.
mércores, 31 de xaneiro de 2024
VI Feira de Ciencia Isabel Zendal no Aquarium da Coruña
O próximo sábado 3 de febreiro celebrarase no Aquarium Finisterrae da Coruña a Feira Isabel Zendal, con obradoiros, experimentos, xogos e actividades sobre os grupos de animais máis característicos do acuario. A actividade está incluída no custo normal da entrada e os asistentes estarán caracterizados como os protagonistas da expedición Balmis, que lle dá nome á feira.
Tedes toda a información neste enlace.
xoves, 11 de xaneiro de 2024
No aniversario do seu nacemento recordamos a Nicolás Steno
venres, 22 de decembro de 2023
Premios I concurso de postal científica de Nadal
O día 21 de decembro, no festival de Nadal do IES Fernando Esquío, coñecimos os nomes dos gañadores do primeiro concurso de postal científica de Nadal. Parabéns aos premiados e moitas grazas a todos por participar!
xoves, 30 de novembro de 2023
Lembramos a Margarita Salas
venres, 24 de novembro de 2023
Día Mundial da Evolución
O 24 de novembro celébrase o Día Mundial da Evolución, coa finalidade de recordar dous acontecementos importantes para a humanidade: o primeiro deles, a publicación de A orixe das especies, obra escrita por Charles Darwin en 1859 e, o segundo, o descubrimento en 1974 do esqueleto de Lucy, pertencente á especie Australophitecus afarensis.
martes, 7 de novembro de 2023
Tal día como hoxe de 1867... naceu Marie Curie
O 7 de novembro de 1867 naceu en Varsovia Marie Sklodowska, máis coñecida como Marie Curie, que foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel e a primeira persoa en recibir dous. O seu descubrimento da radioactividade culminou coa incorporación de dous novos elementos á táboa periódica: o radio e o polonio.


