Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de xuño de 2025

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

A Real Academia salda unha débeda co feminismo e co xornalismo: Begoña Caamaño, Letras Galegas 2026.

A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a protagonista das próximas Letras Galegas. Así o anunciou este venres a Real Academia Galega (RAG) nunha rolda de prensa no pazo de María Pita, en A Coruña, onde a institución ten unha das súas sedes mentres se reforma o seu edificio na cidade.

O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, subliñou que as Letras do 2026 serán «unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño». Ademais, sinalou que tamén serve para poñer o foco nos xornalistas «nun momento histórico oportuno para isto». Sobre  a súa obra, indicou que aborda a mitoloxía clásica e artúrica. En canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica». 

Seguir lendo en La Voz de Galicia

venres, 3 de maio de 2024

Polas Letras Galegas 2024: Luisa Villalta


Firme defensora da lingua como piar da nosa identidade e comprometida con todos os colectivos que loitan e traballan pola dignidade do pobo galego, foi unha autora que renovou as nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura e facernos “pensar o mundo”.

Selección de poemas desde o IES Isaac Díaz Pardo onde Luisa Villalta foi profesora. 

Na semana das Letras Galegas recibiredes un marcapáxinas conmemorativo.

martes, 30 de abril de 2024

No mes do Libro e a Lectura: Luisa Villalta

 

"Silencio me chaman porque neste tempo en que vivo non se me escoita”. 

Así comeza As chaves do tempo, o texto de Luísa Villalta publicado en 2001 por Promocións Culturais Galegas. A narración arranca “nos tempos en que había reis na Galiza” e chega ao presente desenvolvendo unha trama en que o amor, a lealdade, o medo, a ambición, a submisión, a traizón, a censura, as falsas noticias e, tamén, as arelas de concordia e de xustiza son elementos que marcan os protagonistas da historia a nivel particular mais que se proxectan tamén a nivel social e político desde aquel tempo pasado a este en que habitamos. 

As chaves de que nos fala Luísa Villalta, feitas polo propio Merlín, só serven para abrir, nunca para fechar. Son chaves coas que poderemos abrir máis futuro para a lingua ou para un aproveitamento racional dos nosos recursos; para o desenvolvemento industrial e para a produción ecolóxica; para a diversidade sexual ou o empoderamento das mulleres.

Se queredes saber o que temos na nosa biblioteca da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024, premede na portada.

domingo, 21 de maio de 2023

Palabra do día: Desacougo

 


“Tras de min quedan as pegadas dunha longa etapa de desacougos e de ilusións.” (Francisco Fernández del Riego: ‘O río do tempo. Unha historia vivida’, 1990)

xoves, 11 de maio de 2023

venres, 5 de maio de 2023

I Concurso Marcapáxinas polas Letras Galegas

 


Consulta as bases do concurso e non deixes de participar.
Os teus profesores de galego e debuxo daránche as plantillas de marcapáxinas, ou ben as podes atopar na biblioteca.

Non deixes de participar!

luns, 1 de maio de 2023

Homenaxe polas Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego


preme nas imaxes para acceder ao catálogo

Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista. Entre as súas iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas, unha data en que conmemorar e celebrar a lingua, a literatura e a cultura de noso. Sesenta anos despois o propio don Paco é a figura homenaxeada nesta efeméride. 

martes, 17 de maio de 2022

Letras Galegas...fermosas palabras

A rosa incandescente

 

Neste día queremos felicitar a Anxos García Fonte e a Glafira Fernández-Campoamor polo seu magnífico traballo e a súa xenerosidade creando uns materiais excepcionais sobre a figura da nosa poeta universal; Rosalía de Castro.
No seu momento visionamos a película, na presentación en Chantada e agora vai rulando por moitos lugares, lles desexamos todos os parabéns e que nos certames aos que se presente, os gañe.
Podedes atopar toda a información na súa conta de facebook "A rosa incandescente" ou no seu Instagram.

venres, 13 de maio de 2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Preme na imaxe

Nesta semana tan especial vos achegamos a figura do personaxe galardoado coas Letras Galegas deste ano. O poeta que cruzou o océano é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. No especial do Consello da Cultura Galega atoparedes diferentes contidos co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado.
 

luns, 4 de abril de 2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, que contén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou que participa da poesía de combate e denuncia social. 

A Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán inclúe Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986), así como un monllo de textos aparecidos en publicacións periódicas que confirman un autor que non só continúa o ronsel iniciado por Amado Carballo, senón que presenta variados estilos e temáticas. Esta rigorosa edición da Obra poética, que recompila toda a produción lírica coñecida do autor valdeorrés, estivo ao coidado do profesor e crítico Xosé Ramón Pena, que leva a termo unha ampla e minuciosa análise da obra de Delgado Gurriarán, así como da fixación dos textos.

domingo, 27 de febreiro de 2022

Na semana de Rosalía...A rosa incandescente

 ...estivemos alí, en Chantada, na presentación de A rosa incandescente, como dí Anxos García Fonte, a creadora do invento, unha producción audivisual que nos achega aos sentimentos e a forza de Rosalía de Castro que segue presente no noso corazón e nosos soños.


Esperamos que pronto nola traigan pola comarca, para disfrutar dela. De momento en Facebook e tamén en Instagram.

mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro

 

O Día de Rosalía conmemorarase por primeira vez hoxe 23 de febrero, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. Tanto da o día, o importante é lembrar á nosa poeta máis universal con lectura dos seus poemas, cun pasapalabra, con xogos, con un obradoiro de papiroflexia, con música... todo é posible neste día. 

Vivamos por Rosalía!

luns, 14 de febreiro de 2022

Galicia no tempo de Afonso X. Un rei galeguista

Nin entrara en declive, nin a monarquía abandonáraa, nin era —só— unha terra de curas e monxes. No século XIII Galicia seguía sendo un peza crave no mapa político e cultural peninsular. E Alfonso X de Castela (1221-1284), o contraditorio rei de fama ‘ antigallega’ que tiraba de galaicoportugués para as súas Cantigas, non mostrou tanta desidia polo noroeste como tradicionalmente escribiuse. Unha nova publicación do Consello da Cultura Galega desposúe ao ‘rei Sabio’ desta inmerecida lenda.

Seguir lendo en ABC Cultura.

O mesmo monarca que foi quen de situar ao galego nun dos seus cumios literarios, coas Cantigas de Santa María ou coa súa lírica satírica, foi sinalado, entre outras cousas, como inimigo da Igrexa de Santiago, pouco entusiasta do fenómeno xacobeo, responsable do comezo da marxinalidade política de Galicia no conxunto da Coroa de Castela ou pouco proclive ao contacto coa nobreza e a Igrexa dun país que, por outra parte, nunca pisou durante o seu reinado.

Cal foi, en realidade, a relación de Afonso con Galicia e co galego? Para sabelo todo na web do Consello da Cultura de Galicia tedes a oportunidade de descargar o documento Galicia no tempo de Afonso X.