Amosando publicacións coa etiqueta divulgación científica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta divulgación científica. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de outubro de 2026

Semana Mundial do Espazo 2026

En 1999, a a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou "Semana Mundial do Espazo" a semana comprendida entre o 4 e o 10 de outubro, para celebrar cada ano a escala internacional as contribucións da ciencia e a tecnoloxía espaciais á mellora da condición humana.

A razón de que se celebre nestas datas é que lembran dous momentos importantes: o 4 de outubro de 1957 foi lanzado o Sputnik 1, o primeiro satélite artificial da Terra, que abriu unha nova etapa na exploración espacial. Por outra banda, o 10 de outubro de 1967 entrou en vigor o Tratado sobre o Espazo Ultraterrestre, un acordo que establece principios para a exploración e utilización do espazo, incluída a Lúa e outros corpos celestes. Ambos os acontecementos marcan o inicio e o peche desta semana.

Se che interesa este tema, tes á túa disposición moitos libros relacionados con el na biblioteca e tamén entre os exemplares da Hora de ler.

mércores, 13 de maio de 2026

Novedades: Yo quería entender el universo


Dunha das nosas escritoras favoritas presentamos unha
 novela chea da tenrura do primeiro amor e de anécdotas científicas curiosas, perfecta para descubrir o lado máis apaixonante da ciencia.

Como influencer de lifestyle, Emma está acostumada recibir mensaxes raras. Pero o de Andrés destaca entre todos os demais: ao parecer, o seu pai e a nai de Emma foron amigos na universidade, e Andrés atopou algunhas cartas en grao sumo interesantes desa época. Nelas, os mozos Emilio e Laura falan da súa paixón pola física, a bioloxía, a xenética... do que non falan é do moito que se gustan, aínda que, para Andrés e Emma, iso é máis que evidente.

Alén de coñecer mellor a Andrés, as cartas de Laura e Emilio espertarán en Emma unha inquietude científica que cría durmida.

sábado, 2 de maio de 2026

Tal día como hoxe 2 de maio: Leonardo da Vinci, un visionario da ciencia

Leonardo da Vinci, o gran artista do Renacemento, modelo do home universal, foi tamén un xenio científico e tal día como hoxe morría no ano 1519.

Á parte da súa obra pictórica, tan exquisita como escasa, houbo un Leonardo dedicado á observación rigorosa, o experimento e a formulación exacta de principios xerais a partir da experiencia empírica.

Nos miles de páxinas dos seus cadernos de notas, que só empezaron a ser estudados a fondo nas últimas décadas, atopamos anticipacións de moitos desenvolvementos posteriores da ciencia moderna. Os seus contemporáneos sabían que Leonardo dedicaba boa parte do seu tempo ao estudo da filosofía natural, que é como se chamaba á ciencia entón (o termo inglés 'scientist' non apareceu ata 1840) e así mesmo temos constancia de que Leonardo planeaba publicar numerosos tratados científicos cos materiais recolleitos nos seus cadernos.
Seguir lendo o artigo no National Geographic
Se queres botar unha ollada ás súas obras, visita o noso catálogo.

A súa figura é tan relevante que o robot cirúrxico que se emprega hoxe en día paraintervencións  minimamente invasivas de alta precisión, leva o seu nome. Permite aos cirurxiáns realizar intervencións complexas a través de pequenas incisiones utilizando brazos robóticos controlados desde unha consola, ofrecendo visión 3D, maior destreza e supresión do tremor manual.

Así que cando escoites falar de este robot pensa que un home que naceu fai máis de 500 anos, tivo a curiosidade de observar a natureza e copiar dela cos seus inventos sendo un adiantado á súa época.

venres, 20 de febreiro de 2026

Científica Galega do Ano 2026

A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.

mércores, 11 de febreiro de 2026

Día da Muller e da Nena na Ciencia


O 11 de febreiro conmemórase o Día da Muller e da Nena na Ciencia, que visibiliza o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM, creando así referentes femininos para a infancia. É por iso que hoxe compartimos con vós esta noticia publicada no xornal gCiencia, onde se dan a coñecer dez científicas galegas de gran relevancia.

mércores, 5 de novembro de 2025

O XVI Día da Ciencia en Galego porá o foco nas ciencias e tecnoloxías cuánticas

 

A Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) convida un ano máis a toda a comunidade educativa a conmemorar o XVI Día da Ciencia en Galego, que neste ano 2025 porá o foco na celebración do “Ano Internacional das Ciencias e Tecnoloxías Cuánticas”. Con todo, as temáticas a tratar nas diferentes conferencias didácticas que se ofertan aos centros de ensino son variadas, pois ademais da física cuántica, tamén se tocará o tema do glaciarismo (con motivo do Ano Internacional da Preservación dos Glaciares) ou da xenómica.

Na páxina web de Igaciencia xa podes consultar o programa de conferencias didácticas organizadas no mes de novembro co patrocinio da Xunta de Galicia, así como acceder ao formulario de inscrición. Serán impartidas por Marta Vila, que falará de glaciarismo o 6 de novembro; por Jorge Mira, que falará da mecánica cuántica e da teoría da relatividade o 20 de novembro; e por Ángel Carracedo, que falará de xenómica o 25 de novembro.

Xa no mes de decembro, concretamente o día 5, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, Igaciencia organiza a conferencia “125 anos de Física Cuántica”, impartida por Cibrán Santamarina, á que tamén están convidados os centros de ensino.

Botade unha ollada ao noso Itinerario de Ciencia para atopar maravillas

venres, 10 de outubro de 2025

Contando ciencia de novo na Casa da Cultura de Fene

 


Violeta Miraz, profesora do IES de Fene e organizadora, explica que o programa naceu cunha intención clara: facer accesible a ciencia e fomentar o pensamento crítico, nun momento no que a desinformación e os bulos científicos circulan con facilidade. Segundo destaca, a resposta do público foi moi positiva, aínda que recoñece que lle gustaría contar cunha maior participación do alumnado dos centros educativos. “Ás veces custa atraer aos estudantes, pero o público adulto vaise contaxiando do interese pola divulgación científica. A clave está en contar temas complexos de forma sinxela e próxima”, sinala Miraz.

xoves, 2 de outubro de 2025

Falece Jane Goodall

Hoxe dedicamos este post á etóloga británica Jane Goodall, falecida onte aos 91 anos de idade, e quen é considerada a maior experta mundial en chimpancés. Estudounos durante máis de 60 anos en estado salvaxe e descubriu neles pautas de conduta e habilidades descoñecidas ata entón. O seu traballo foi fundamental para comprender as raíces do comportamento humano, dada a proximidade evolutiva das dúas especies.

Ler máis en SINC

venres, 21 de marzo de 2025

Día internacional dos bosques... os nosos pulmóns e unha novidade

Sabes, de verdad verdadera, como es que funcionan los bosques? En un bosque todo está conectado. Pero además, todas las personas estamos también conectadas con los bosques. Y es que, sin duda, el bosque es nuestra casa. Entra en este libro y descubrirás un montón tan grande de cosas alucinantes (y que muy poca gente sabe) que te convertirás en especialista en bosques. Garantizado!

Con O bosque é a nosa casa atoparedes moita información.

mércores, 29 de xaneiro de 2025

Feira Isabel Zendal no Aquarium Finisterrae


Este sábado 1 de febreiro, o Aquarium Finisterrae da Coruña celebra a Feira Isabel Zendal, con talleres científicos para todos os públicos da man de alumnado e profesorado da Universidade da Coruña. Ese día, a entrada será gratuíta para todas as persoas que visiten o Aquarium con reserva de entradas, que pode facerse na seguinte dirección. Non volo perdades!

Tedes información máis detallada neste enlace.

domingo, 10 de novembro de 2024

Día da Ciencia en Galicia 2024


O matemático José Rodríguez González é o científico homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 2024, unha celebración promovida pola RAGC para reivindicar o valor da investigación a través das súas figuras máis destacadas, na maioría dos casos descoñecidas para o gran público.

Coincidindo co bicentenario do seu falecemento, a RAGC pon de relevo que foi un científico no sentido moderno do termo e, para moitos, o primeiro de Galicia. A Academia destaca a súa loita desinteresada pola ciencia.
Entra na web da RAGC e descobre os seus fitos como que situou o quilómetro cero de Galicia en Lalín e participou na expedición internacional que permitiu establecer o metro como unidade de medida...

xoves, 7 de novembro de 2024

No mes da ciencia: tal día coma hoxe naceu Marie Curie


Marie Curie (bautizada como Maria Salomea Skłodowska) pasou á historia como a "nai da física moderna", naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia, entón capital dun país ocupado por Rusia, que tras sufocar varias revoltas nacionalistas acabou impoñendo a súa lingua e os seus costumes.

Con apenas 15 anos, Maria viviu a frustración de non poder ingresar á Universidade de Varsovia, xa que esta institución non admitía mulleres. Como recurso, Marie tivo que recorrer á chamada "Universidade Volante", unha institución clandestina, aberta ás mulleres, e que ofrecía aos mozos polacos unha educación de calidade no seu propio idioma. O nome de "volante" ("flotante", segundo algúns autores) vén precisamente da necesidade que tiñan alumnos e mestres de cambiar constantemente de localización para escapar ao férreo control ruso.

Sabías que....

  • Unha muller Nobel: Licenciada en física e matemáticas grazas ao 'pacto de damas' que contraera coa súa irmá, Marie Curie converteuse, a principios do século XX, na primeira muller na historia en recibir un premio Nobel. O de física compartiuno co seu marido Pierre Curie, pero uns anos máis tarde, en 1911, recibiría de novo o máximo recoñecemento da Academia sueca, co premio Nobel de Química.
  • Matrimonio científico: Dise que o seu foi un matrimonio unido pola ciencia, pois nunca mostraron grandes alardes románticos. Con todo, Pierre e Marie, que tiveron dúas fillas, consagraron a súa vida ao estudo da ciencia e permaneceron xuntos ata a tráxica morte do primeiro nun desafortunado accidente cunha carruaxe.
  • A herdanza de Marie Curie: A pesar de que a súa nai non chegaría averlo, Irène Joliot Curie, a filla maior do matrimonio, tamén foi galardoada co premio Nobel de Química tan só un ano máis tarde da morte de Marie. Desde mozo, Irène mostrouse interesada polo traballo da súa nai e chegaron a traballar xuntas durante un tempo. Esta fotografía foi tomada o 20 de abril de 1927 en París.
  • Investigacións letais: As investigacións de Curie foron pioneiras, tanto que nin ela nin o seu marido eran conscientes dos perigos aos que se expoñían coa radiación. De feito, crese que a anemia aplásica que provocou a morte de Marie en 1934 foi por mor dos longos anos dedicados á investigación no seu laboratorio. O seu corpo foi depositado nun cadaleito selado cunha polgada de chumbo para illalo da radiación.

  • "Nada neste mundo debe ser temido, só entendido", estas palabras definen o carácter perseverante e loitador de Marie Curie, unha muller que se enfrontou ao machismo e o antisemitismo da súa época, pero cuxa imaxe lembramos como a dunha persoa circunspecta, sobria, reflexiva e de expresión severa. A morte sorprendeuna o 4 de xullo de 1934 en Passy, Francia.

    venres, 1 de novembro de 2024

    No mes da ciencia: Tal día como hoxe morreu Severo Ochoa pai da Bioloxía Molecular

    En outubro de 1959 o español Severo José Gerardo Ochoa de Albornoz (Luarca, Asturias, 24-09-1905 – Madrid, 01-11-1993) recibiu no seu laboratorio a telegrama máis esperado polos científicos máis punteiros, o que a Academia de Ciencias sueca envioulle para comunicarlle que fora galardoado co premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina dese ano. Tras celebralo cos seus colaboradores foise enseguida á súa casa. Encantáballe conducir, e adoitaba ir moi rápido, pero naquela ocasión ía pisando o acelerador máis da conta… ata que un policía indicoulle que se parase. Un pódese imaxinar a escena a partir das innumerables veces que mostran semellante situación en películas e series estadounidenses, co policía achegándose lentamente, vixiante, mentres se quita as luvas, ata colocarse xunto ao portelo do infractor. O diálogo que se produciu, tras pedirlle a documentación pertinente, foi máis ou menos así:

    Sabe vostede a que velocidade ía? —Ía moi rápido, seguramente, pero teño unha boa escusa. —E cal é, se pode saberse? —É que me acaban de conceder o premio Nobel de Medicina e tiña présa por chegar a casa e contarllo á miña muller. —Que lle deron o premio Nobel de Medicina? E por que?

    A explicación de Ochoa debeu ser tan convincente que o policía lle deixou marchar, exhortándolle a que moderase a velocidade.

    En esencia, o premio recoñecía a transcendencia do seu achado máis relevante ata o momento, que a encima polinucleótido fosforilasa era capaz de sintetizar no laboratorio unha molécula esencial de todos os seres vivos, o ácido ribonucleico (ARN), soado nos últimos anos por ser o protagonista das vacinas máis innovadoras e utilizadas contra a Covid-19. Para moitos científicos, o premio serve de colofón a unha brillante traxectoria e apenas realizan novas achegas de interese. Para Ochoa, en cambio, foi un acicate para seguir producindo ciencia de alto nivel e por iso lembramos a súa figura no aniversario do seu pasamento.

    Seguir lendo no Consello de Seguridade Nuclear.

    martes, 8 de outubro de 2024

    Achado na Fonsagrada un fósil dun escorpión mariño de 434 millóns de anos


    Investigadores do CSIC, xunto con colaboradores de Arxentina e Italia, descubriron recentemente fósiles mariños de escorpións xigantes de hai 434 millóns de anos, pertencentes ao período Silúrico. Este achado é excepcioal, xa que estes vestixios non son nada doados de atopar a causa da fraxilidade do exoesqueleto destes escorpións, que facía que hbitualmente os seus restos desapareceran en días. Tedes toda a información aquí.

    luns, 7 de outubro de 2024

    Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 2024

    O Premio Nobel de Medicina 2024 é para Victor Ambros e Gary Ruvkun, premiados polo descubrimento do microARN, unha pequena molécula que regula a actividade dos xenes, permitindo a cada célula seleccionar aquelas instrucións necesarias para que realice as súas funcións.


    Máis información aquí.

    venres, 27 de setembro de 2024

    A muller detrás da produción masiva de penicilina


    O 28 de setembro de 1928, Alexander Fleming descubriu a penicilina pero, aínda que os seus experimentos demostraron a eficacia deste antibiótico contra varios microorganismos, naquel momento non puido purifiala nin producila a gran escala. Foi Margaret Hutchinson Rousseau quen deseñou un proceso de fermentación que permitía producir penicilina a gran escala, creando a primeira planta de produción comercial en 1942. Grazas a ela este medicamento puido fabricarse en grandes cantidades e salvar millóns de vidas en todo o mundo. 

    mércores, 18 de setembro de 2024

    Noite galega das persoas investigadoras



    O próximo 24 de setembro terá lugar en toda Galicia a G-Night ou Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento que achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Neste enlace tedes toda a información sobre as distintas actividades que se desenvolverán en difrentes cidades galegas. Non volo perdades!