Amosando publicacións coa etiqueta conmemoraciones. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conmemoraciones. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de outubro de 2024

Samaín 2024

Polo Samaín, no noso IES tivemos unha exposición con recomendacións literarias terroríficas, así como un concurso de microrrelatos no que o alumnado deixou voar a súa imaxinación e ideou as fabulosas creacións que podedes ver na presentación. Ademais, a Santa Compaña foi polas clases recitando versos e tamén tivemos un túnel do terror e unha lectura de contos de terror no salón de actos. Non vos perdades a reportaxe fotográfica e o vídeo da Santa Compaña!

venres, 9 de febreiro de 2024

11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Desde a Biblioteca do IES Fernando Esquío queremos contribuír á visibilización do labor de diferentes mulleres ao longo da historia no ámbito científico, polo que vos deixamos unha pequena presentación sobre algunhas delas. Non vola perdades!


mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro

 

O Día de Rosalía conmemorarase por primeira vez hoxe 23 de febrero, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. Tanto da o día, o importante é lembrar á nosa poeta máis universal con lectura dos seus poemas, cun pasapalabra, con xogos, con un obradoiro de papiroflexia, con música... todo é posible neste día. 

Vivamos por Rosalía!

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Exposición no Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 

Galería de imaxes

Moitas grazas aos rapaces e profesores implicados tanto no obradoiro de papiroflexia como no seminario de coeducación, á hora da escolla das mensaxes, montar as grullas...toda a xente fixo un traballo moi fermoso como veredes na galería de imaxes.

luns, 17 de maio de 2021

A terra máis fermosa do mundo


Se Galicia é a comunidade autónoma con maior lonxitude costeira da España Peninsular, con 1.498 quilómetros, A Coruña é a provincia co litoral máis extenso: 956 quilómetros que dan cabida a numerosos cabos, praias e miradoiros. Estes miradoiros oriéntanse ao mar, a maioría situados en altos montes ou en escarpados cantís, para ofrecernos as mellores vistas da provincia coruñesa e os atardeceres con máis maxia de Galicia.....

  1. Cabo de Estaca de Bares, Mañón
  2. Os Picóns de Loiba, Ortigueira
  3. Vixía Herbeira, Cedeira
  4. O Paraño, Valdoviño
  5. A Bailadora, Ares
  6. O Castelo da Nogueirosa, Pontedeume
  7. Seixo Branco e Punta de Mera, Oleiros
  8. Santo Hadrián, Malpica
  9. Monte Branco, Ponteceso
  10. Monte Facho Lourido, Muxía
  11. Mirador do Ézaro, Dumbría
  12. Cubeiras, Carnota
  13. Monte Enxa, Porto do Son
  14. Monte Treito, Rianxo
  15. A Curota, A Proba do Caramiñal

Grazas a Emma Sexto Quincemil por lembrarnos que vivimos na terra máis fermosa do mundo.

mércores, 16 de decembro de 2020

Lembrando a Beethoven


 "A verdadeira arte é inmortal", dixo Ludwig van Beethoven.
Unha frase que tamén se aplica á súa música.

Foi un humanista, un inconformista, un visionario da música, e segue sendo ata hoxe un dos compositores máis frecuentemente interpretados do mundo: Ludwig van Beethoven (1770 - 1827). Mesmo a súa xordeira, que comezou a finais dos seus vinte anos, non lle impediu a Beethoven compoñer. Escribiu algunhas das súas obras máis famosas cando era case xordo. Entre elas atópase a 9ª Sinfonía, terminada en 1824. O tema do seu último movemento converteuse máis tarde no Himno Europeo como arranxo instrumental.

Hoxe lembramos o seu 250º aniversario con este vídeo de Deutschland.de, ou o da película sobre a súa vida

luns, 21 de setembro de 2020

Día Internacional da Paz

 

É 21 de setembro e o mundo enteiro celebra hoxe o Día Internacional da Paz. Por iso escollemos a foto que podes ver na túa pantalla. Esa instalación que flota sobre o lago Zug, en Suíza, é “O barco da tolerancia”. Unha obra itinerante dos artistas rusos, aínda que fincados en Estados Unidos, Ilya e Emilia Kabakov, que levan anos promovendo unha mensaxe de esperanza. 

A vela está composta por 120 paneis debuxados por outros tantos nenos de distinta procedencia, tanto xeográfica, como étnica, cultural e relixiosa. E percorreu medio mundo co obxectivo de achegar aos pobos utilizando a arte como medio de comunicación. E implicando aos máis pequenos para demostrarnos o que poderiamos facer xuntos se un día aparcásemos as nosas diferenzas.


sábado, 20 de xuño de 2020

Tal día como hoxe...abolición da escravitude por Isabel a Católica

20 Xuño do 1500 mediante unha Real Provisión Isabel a Católica prohibe a escravitude. Con esta Real Provisión a soberana castelá, converteuse na primeira persoa por preocuparse dos dereitos dos indios.


@abc
Atopándose a soberana en Sevilla acudira a ver o desembarco de dúas naves recentemente chegadas de América. Os barcos chegaron abarrotados de indios. Isabel quedou impactada ao ver a escena e preguntouse: «Que poder ten meu o Almirante para dar a ninguén aos meus vasallos?». Por este motivo, o 20 de xuño de 1500 Isabel decretou na cidade de Sevilla unha Real Provisión. Nela, prohibía a escravitude e que se devolvesen as terras que antes lles pertenceron.
Esta lei é moi importante, porque non só se prohibe a escravitude senón que considera aos indíxenas súbditos da Coroa.
«Y no consientan ni den lugar que los indios reciban agravio alguno en sus personas y sus bienes, mas manden que sean bien y justamente tratados, y si algún agravio han recibido, lo remedien».

domingo, 8 de marzo de 2020

Polo Día Internacional da Muller: Tabla Periódica de las Científicas



 Nesta presentación de mulleres científicas tedes unha serie de enlaces aos que podedes acceder se queredes saber máis destas figuras inigualables do mundo científico.

E aquí a aportación dos rapaces de 2ºESO na materia de Física e Química


venres, 24 de xaneiro de 2020

Juan Sebastián Elcano : la primera vuelta al mundo


"Este cómic aúna todos os esforzos do Ministerio de Defensa e chega a un público que normalmentes non está preto das súas publicacións máis serias e formais, pero mantén un nivel e un rigor histórico como calquera outra publicación" comenta o portavoz do Ministerio na súa presentación na versión en papel e descargable, que é a que tedes xa na biblioteca.

sábado, 4 de xaneiro de 2020

Centenario do pasamento de Benito Pérez Galdós


Tal día como hoxe cumprense 100 anos do pasamento de Benito Pérez Galdós,  periodista, autor prolífico e o maior representante da literatura realista española, quen no seu discurso de ingreso en la RAE en 1897 dicía que “imagen de la vida es la novela

Portal BPG na Biblioteca Cervantes Virtual


mércores, 20 de novembro de 2019

Polos Dereitos da infancia

30 anos da Convención dos Dereitos dos Nenos


En 30 anos, os nenos pobres son os que menos se beneficiaron da Convención
que protexe os seus dereitos.

A Convención sobre os Dereitos do Neno asinouse o 20 de novembro de 1989 e nas tres décadas transcorridas desde entón producíronse logros históricos para os menores do mundo; con todo, moitos dos nenos máis pobres non se beneficiaron aínda, advirte un informe divulgado este luns polo Fondo das Nacións Unidas para Infancia (UNICEF).

O documento, titulado “A Convención sobre os Dereitos o Neno nunha encrucillada”, analiza os avances innegables rexistrados nese período e afirma que a vontade e determinación políticas poden mellorar as vidas dos pequenos.

Información é poder, segue lendo na web de UNICEF para estar informado.

martes, 19 de novembro de 2019

200 años do Museo do Prado


O Museo Nacional do Prado celebra este 19 de novembro o seu bicentenario. Aínda que o museo foi fundado ese día de 1819, o edificio que lle serve de sede foi deseñado en 1785 polo arquitecto Juan de Villanueva como Gabinete de Ciencias Naturais por orde de Carlos III. O seu neto, o rei absolutista Fernando VII, encargaríase de depositar décadas despois parte das coleccións reais que se habían ido conformando desde o século XVI, primeiro cos Austrias e posteriormente cos Borbóns. Entre as pezas que habían ido acumulando os distintos monarcas españois sobresaen tesouros como O xardín das delicias, do Bosco; O cabaleiro da man no peito, do Greco; As meninas, de Velázquez e A familia de Carlos IV, de Goya, entre outros...

Non deixedes de entrar na web do Museo para seleccionar qué ver na vosa visita, é unha obriga!




Premede na imaxe do doodle para entrar no Especial Museo do Prado elaborado por El País

xoves, 24 de outubro de 2019

24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares



A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2019. A partir deste ano incorpórase o lema 'Aptas para todos os públicos', que estará presente nas todas actividades que se poñan en marcha. Ademais, a celebración do Día das Bibliotecas terá desde este momento un fío condutor diferente cada ano.

Promoción da igualdade de xénero
A actual edición céntrase en destacar o labor das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero, en liña co III Plan Estratéxico do Consello de Cooperación Bibliotecaria 2019-2023, cuxo eixo transversal é a igualdade. A súa Liña de actuación nº 3: Visibilidade das bibliotecas, inclúe dentro do obxectivo xeral 3. 1: Comunicar o valor da biblioteca, a medida sobre a Celebración do Día das Bibliotecas.

Posta en valor das bibliotecas
O obxectivo é poñer en valor o papel das bibliotecas e a importancia de contar cuns servizos bibliotecarios de calidade, accesibles para todo tipo de públicos e en calquera etapa da vida. Uns servizos que contribúen a mellorar a vida das persoas e ao desenvolvemento da sociedade no seu conxunto. Así como visibilizar a variedade tipológica das bibliotecas españolas: públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais /rexionais....

luns, 14 de outubro de 2019

IV Día das escritoras: mulleres, amor e liberdade


Hoxe se conmemora o Día das escritoras, unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas que, desde o ano 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Cada ano, esta celebración leva a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro, no Salón da Actos da Biblioteca Nacional de España e noutras entidades e institucións nacionais e internacionais que se suman á iniciativa.
Para cada edición desígnase unha comisaria, que elixe o tema en torno ao cal realiza unha selección de textos de destacadas escritoras españolas e hispanoamericanas, que posteriormente son lidos por persoas de recoñecido prestixio social e cultural, entre as que hai unha especial representación de creadoras en activo. E este ano o lema é "Mulleres, amor e liberdade".

Desde a biblioteca do noso centro queremos sumarnos a esta celebración sacando as obras dos andeis e facendo unha mostra no corredor. Nesta inclúense obras curiosas que quizais non saberíades que estaban esperando por vos, botádelle unha ollada, será todo un descubrimento!



xoves, 3 de outubro de 2019

500º Aniversario da 1º Volta ao Mundo: Magallanes-Elcano


Este ano cúmplense 500 anos da 1º volta ao mundo, un fito histórico que non debemos esquecer.
A falta de que cheguen os libros sobre o tema, vos invitamos a coñecer esta gran aventura da mán de Academia Play.

Se queres saber mais podes navegar pola web oficial do V Centenario