Amosando publicacións coa etiqueta educación en valores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación en valores. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2026

Premio Princesa de Asturias Cooperación Internacional 2026: Bóveda Global de Semillas de Svalbard

Inaugurado en 2008, cunha extensión de máis de mil metros cadrados, repartidos en tres almacéns, ten como obxectivo salvagardar a diversidade de sementes de cultivos destinados a alimentación para garantir a subministración futura en caso de perda debida a desastres naturais, conflitos humanos, cambios nas políticas, mala xestión ou calquera outra circunstancia.

Un premio para a esperanza.

 Seguir lendo na Fundación Princesa de Asturias

xoves, 5 de marzo de 2026

8 de Marzo Pola Igualdade


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller, e por iso vos traemos unha mostra de obras sobre o tema que están á vosa disposición na biblioteca. se precisades máis información aquí tedes unha listaxe de recursos e web se interese.

Situaciones de aprendizaje en el portal del INTEF
Para saber máis:

luns, 24 de novembro de 2025

Cuestionate: Loita pola igualdade


A pesar dos avances conseguidos aínda queda un longo camiño por percorrer para chegar a lograr unha igualdade real entre xéneros. Os datos actuais móstrannolo; na maioría dos países as condicións de igualdade entre homes e mulleres distan moito de ser unha realidade.

Se falamos de violencia, desde que se desatou o brote de COVID-19, os novos datos e informes revelan que se intensificou todo tipo de violencia contra as mulleres e as nenas, sobre todo, a violencia no fogar. É a pandemia na sombra que crece no medio da crise da COVID-19 e necesitamos un esforzo colectivo xeneral para detela.

Con este vídeo que forma parte do noso quiz "questionate" queremos falar diso dunha maneira diferente, dunha maneira lúdica, para conseguir unha futura cidadanía comprometida e sensibilizada que contribúa a vencer á violencia, rompendo estereotipos e cambiando mentalidades. 

martes, 20 de maio de 2025

Novidade: De nenas a lendas: 15 historias de emprendemento feminino


Unha iniciativa única de sensibilización e empoderamento que forma parte da campaña Enredadas e foi impulsado e desenvolvido por 24 mulleres (2 máis na súa versión en galego), dá voz ás historias de 16 emprendedoras de diferentes países —España, Bolivia, Colombia, Nicaragua e Perú— e promove o valor da perseveranza, a creatividade e o liderado feminino en contextos diversos e moitas veces adversos. Cun enfoque didáctico, De nenas a lendas preséntase como unha ferramenta educativa que inspira a novas xeracións a desenvolver o seu espírito emprendedor e a afrontar os desafíos desde a valentía e a resiliencia.

Esta obra busca inspirar e educar sobre o valor da perseveranza e o liderado feminino en contextos diversos. Cada historia, ilustrada por unha artista diferente, eleva a estas mulleres como referentes para novas xeracións.

xoves, 13 de marzo de 2025

8 de marzo: Educación para a Igualdade



Esta é a nosa selección dos fondos sobre a temática de Educación para a Igualdade, se botades en falta algún, non dubidedes en facer a recomendación para mercalo.

luns, 10 de marzo de 2025

8 de marzo: Pola igualdade, Nacións Unidas


Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo, Mans Unidas quere poñer o foco nas mulleres empobrecidas, as máis vulnerables e castigadas pola desigualdade imperante no mundo, que condena á fame e a pobreza a millóns de persoas. Unha desigualdade que a ONG da Igrexa católica está a denunciar coa súa campaña «A nosa indiferenza os condena ao esquecemento».

Seguir lendo en Manos Unidas.

sábado, 8 de marzo de 2025

8 de marzo: Mulleres que foron donas de sí

 
Preme na imaxe para velas

Tras a proxección da curtametraxe A Rosa Incandescente grazas á xenerosidade de Anxos García Fonte, guionista e productora, puidemos coñecer á Rosalía de Castro feminista que nos enganchou coa teima de hoxe 8 de marzo, data na que falamos en positivo das mulleres que foron donas de sí e superaron a fenda de xénero aínda que con antrancos.

Podedes disfrutar da exposición e descubrir as súas obras grazas ao traballo do equipo de biblioteca do CFPI Ferrolterra e a Juan Casal que nola cedeu.

No boletín da exposición podedes atopar as mulleres que se describen e se son correctos na biblioteca vos entregarán as pegatinas das mulleres.

venres, 7 de marzo de 2025

Decálogo do bo espectador


Para ir ao teatro, obradoiro, conferencia ou espectáculo en xeral, tamén é importante coñecer as normas establecidas; algunhas persoas traballan para que nós pasémosnolo/pasémonolo ben. Para que respectemos, como cabe, o seu traballo, pedímosvos que leades o decálogo que tedes a continuación e que o poñades en práctica na próxima visita a algún espectáculo.

1. En primeiro lugar, informarvos ben do espectáculo que ides ver. En ocasións o que un se imaxina non coincide coa realidade.

2. Tedes que ser puntuais. Chegade, polo menos, 15 minutos antes e teredes tempo para atopar o voso lugar sen molestar a ninguén.

3. Unha vez comezou o espectáculo, non podedes abandonar o voso lugar. Se tedes necesidade de ir ao servizo, facédeo antes ou despois da representación.

4. O silencio é indispensable, xa que os actores traballan para que vos divirtades. Non os distraiades cos vosos comentarios.

5. Tede coidado cos esbirros e a tose, poden molestar moito aos actores e, tamén, ao público en xeral.

6. Por respecto aos actores ou conferenciantes, non se ha para comer durante a representación. Gardádevos as pipas e as chucherías para despois.

7. Se a obra non vos gusta, non molestedes aos outros compañeiros que poden estar interesados na función que se lles ofrece.

8. Unha causa urxente pode obrigarnos a abandonar a sala. Neste caso, procuraremos que a nosa saída non provoque ruídos nin molestias aos demais.

9. Se aínda cos esforzos dos actores e os creadores do espectáculo a obra non vos gusta, debedes estar en silencio na vosa butaca por respecto ao público e a todos os que fixeron posible a representación.

10. O aplauso, non os asubíos nin os berros, é a mellor recompensa para os actores que nos fixeron pasar un tempo agradable. 

E por último, os profesores acompañantes seguro que seleccionaron para vós este espectáculo polo seu interese e relevancia para a vosa aprendizaxe, pensade que todo o que se fai nos centros educativos é para o voso proveito e enriquecemento así que, non os poñades no brete de ter que pedir desculpas por vós, ao contrario, sentide orgullosos e agradecidos por gozar de algo marabilloso en compañía dos vosos amigos.

martes, 28 de xaneiro de 2025

Máis aló do abismo - 80 aniversario da liberación de Auschwitz Birkenau

Desde o Obradoiro de papiroflexia queremos lembrar no Día Escolar da Non Violencia e a Paz uníndo esta data ao Día Internacional de Conmemoración na Memoria das Vítimas do Holocausto polo que achegamos unha mostra de fondos.

O 27 de xaneiro de 2025 conmemórase o 80º aniversario da liberación do campo de concentración e exterminio nazi alemán de Auschwitz Birkenau, onde foron asasinadas máis dun millón de persoas, a maioría delas xudías.

Con motivo do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto e co obxectivo de conmemorar este importante aniversario, a UNESCO, en colaboración coa Rexión de Normandía e o Memorial da Shoah, acolle a exposición fotográfica “Máis aló do abismo dos campos de Auschwitz I e Auschwitz II Birkenau”, do fotógrafo Olivier Mériel. As fotos expoñense nos valos da Sede da UNESCO en París entre o 20 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2025: nos achegamos algunhas delas.

Para saber máis UNESCO


domingo, 24 de novembro de 2024

sábado, 23 de novembro de 2024

Contra a violencia de xénero: Mulleres do medievo galego


A historia ensínanos que esquecer a nosa é volver a equivocarnos polo que resulta imprescindible nas datas nas que estamos coñecer a mulleres esquecidas que merecen unha ollada pois grazas a elas disfrutamos do noso presente.

Estos días disfrutamos da exposición "Mulleres do medievo galego" ofertada pola Deputación da Coruña que consta de 21 paneis, o primeiro introdutorio e o resto son dez láminas ilustradas e os 10 respectivos textos.

As protagonistas son dez mulleres da nosa historia elixidas para as ilustracións: Dona Urraca, María Castaña, Lupe Pérez de Traba, Inés de Castro, Maior Guntroda Rodríguez, Aldonça I e Sancha II , Ilduara Eriz, Sancha I ,Tareixa de León e María Peres, A Balteira.

As ilustracións están feitas por 5 ilustradoras galegas; Iria Fafián, Laura Romero, María Montes, Minia Regos e Nuria Díaz.

Contra a violencia de xénero: Carapuchiña vermella, cambia o conto