Toda a información aquí.
martes, 27 de xaneiro de 2026
A pintura rupestre máis antiga do mundo
xoves, 20 de novembro de 2025
Exposición Dalí-Arte-Dalí-Ciencia-Dalí-Soño-Dalí-Realidade-Dalí
Esta exposición que podemos desfrutar estes días no noso instituto IES Fernando Esquío naceu o 11 de maio do ano 2004, data do “cumprecentenario de Dalí”. É resultado da análise da obra deste xenio, levada a cabo por un grupo de seis profesoras de distintas disciplinas de secundaria do “Instituto de Educación Secundaria Castro da Uz” nas Pontes de García Rodriguez.
A orixe desta exposición estivo no propósito de mostrar que a ciencia forma parte do cotián e que debería verse como algo cercano e no tan difícil de comprender. A ciencia trátase, en xeral, como algo inhóspito, lonxano, casi coma un inimigo disposto a nos facer máis dura e “tortuosa” a aprendizaxe. Os nosos alumnos, en ocasións desculpados polo sistema educativo, temen ás matemáticas e á física, e venas inalcanzables.
Nós pensamos que a ciencia forma parte da nosa historia, da nosa evolución. As sociedades evolucionan en función do seu desenvolvemento científico. Con esta exposición, pretendemos dar a mensaxe de que a ciencia non está rifada con disciplinas aparentemente tan distantes como a arte. Ó longo da historia, artistas como Leonardo mostráronnos que a arte e a ciencia tiñan moito máis en común do que en moitas ocasións admitimos.
Pero, ¿por que Dalí? Ademais de porque o ano 2004 foi o seu ano, porque Dalí tiña un grande interese pola ciencia, estaba ó tanto de todos os descubrimentos científicos que se producían e sentía unha grande fascinación pola técnica.
En ningún momento pretendimos con este traballo xustificar ou nin sequera plantexar a cuestión sobre a relación que Dalí tiña coa ciencia: que coñecía ou si a súa obra esconde todo o que se lle quere atribuír. Para nós Dalí, a súa obra, é a desculpa, o vehículo para tratar distintas cuestións relacionadas coas matemáticas ou coa física, … algo así como o azucre do xarope.
Do que non temos dúbida é de que despois de coñecer algo máis da vida e da obra de Dalí, descubrimos un pintor extraordinario e unha personalidade moito máis profunda do que a súa excentricidade deixaba ver. Pero a intención é que cada un reflexione e saque as súas propias conclusións.
Por último, pode parecer estraña a inclusión da música entre os contidos da exposición, pero parecéronnos tan fermosos os cadros que non resistimos a tentación de incluílos. Ademais, arte, ciencia e música .... ¿No é unha boa combinación?
María José Vergara Leonardo
venres, 9 de maio de 2025
A xeometría na Alhambra
martes, 18 de febreiro de 2025
Novidades: Los ojos de Mona
Cincuenta e dúas semanas: ese é o tempo que lle queda a Mona, unha nena de dez anos, para atesourar toda a beleza do mundo. É o lapso que o seu erudito e orixinal avó se permitiu para descubrirlle, cada mércores despois do colexio, unha obra de arte antes de que quede cega. Así, dispóñense a visitar xuntos os tres grandes museos parisienses: Louvre, Orsay e Beaubourg (Centro Pompidou), e a mergullarse en cadros e esculturas coa fin de que a súa propia beleza e o seu sentido filosófico permeen e se inscriban para sempre no máis fondo de Mona. Mirando a través dos ollos de Botticelli, Vermeer, Goya, Frida Kahlo ou Basquiat, a pequena aprenderá sobre a xenerosidade, a dúbida, a melancolía, a autonomía ou a indignación, e irá incorporando a súa poderosa aprendizaxe no seu día a día.
martes, 4 de xuño de 2024
Roteiro en Mondoñedo con Álvaro Cunqueiro
Mondoñedo foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia ata 1833 e sé episcopal desde o s. XII. Ten o título de "cidade" desde o ano 1156, por concesión do rei Alfonso VII de León e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no 1985, cun casco vello que reflicte o espírito señorial e eclesiástico desta vila “rica en pan, en aguas y en latín”.
luns, 15 de abril de 2024
Día Mundial da Arte
Desde o ano 2012, o 15 de abril conmemórase o Día Mundial da Arte, unha celebración que busca dar a coñecer a importancia que ten a arte e, sobre todo, o pensamento creativo na evolución do pensamento humano. Estableceuse esta data porque o 15 de abril é o aniversario do nacemento de Leonardo da Vinci, un dos maiores artistas da humanidade.
xoves, 22 de febreiro de 2024
Novidades...artísticas e de igualdade
- Womanhaus: Historia ilustrada das artistas da Bauhaus de Dakota Hernández.
- Ni musas ni sumisas: una revisión de la historia del arte occidental con perspectiva feminista de Helena Sotoca.
- Prehistorias de mujeres : descubre lo que no te han contado sobre nosotras de Marga Sánchez Romero
Tal día como hoxe... Andy Warhol e Antonio Machado
Se temos que falar de poetas, pensamos en Antonio Machado e o seu Campos de Castilla e a voz que prestou Joan Manuel Serrat para cantalo. Hoxe nos lembramos do autor no 85º aniversario do seu pasamento en 1939.
E se temos que falar dun artista contemporáneo, non podemos deixar de pensar nas obras de Marilyn Monroe, ou a Lata de sopas Cambell e moitas outras de Andy Warhol no 37º aniversario do seu pasamento. As súas obras nos serviron de inspiración para que destacar aqueles autores dos que temos máis obras: Rosalía de Castro, Agustín Fernandez Paz, Manuel Rivas... para facer os carteis ao seu estilo; o estilo Warhol.
xoves, 18 de xaneiro de 2024
Calendario do Libro e a Lectura 2024
martes, 3 de outubro de 2023
Realidade aumentada e biodversidade no Museo do Prado
A Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO/BirdLife, en colaboración co Museo do Prado, presentou estes días un filtro de realidade aumentada que permite contemplar en movemento as aves do cadro El jardín de las delicias, de El Bosco, así como interactuar con elas. O obxectivo desta iniciativa é concienciar a sociedade sobre a importancia de conservar a biodiversidade, pois as especies que aparecen nesta obra de arte están gravemente ameazadas na actualidade, en perigo de extinción.
martes, 19 de setembro de 2023
Tal día coma hoxe.... Pablo Picasso foi nomeado director do Museo do Prado
opedia/voz/picasso-pablo-ruiz/f3cdd5d2-9564-42e6-a425-d11ffa7cd4
En 1936 Pablo Picasso foi nomeado director do Museo do Prado, cargo que nunca chegou a ocupar.
xoves, 7 de setembro de 2023
Novo canle en youtube do Museo do Prado
Volve gozar de conferencias e conversacións destacadas, emitidas en directo desde o auditorio do Museo Nacional do Prado.
Visita o mellor museo do noso país cun percorrido temático, bucea no seu canle en youtube ou na web oficial.
martes, 5 de setembro de 2023
Tal día coma hoxe...
... de 1569 morreu en Bruxelas Pieter Brueghel "o Vello", coñecido polas súas escenas de xénero poboadas por campesiños, a miúdo cun gran elemento paisaxístico. Usando a comicidade, creou algunhas das máis antigas imaxes de protesta social na Historia da arte.
mércores, 1 de febreiro de 2023
Nosas Meninas de Erasmus Dada
mércores, 21 de decembro de 2022
Qué miras bobo?
luns, 30 de maio de 2022
Arte e palabra
Os alumnos de Debuxo Artístico nos fixeron un agasallo neste mes tan literario, unha interpretación visual de varios textos.
Moitas grazas a Carmen Ozema, profesora creadora da actividade, e a todo o alumnado que puxo arte na palabra.
domingo, 14 de novembro de 2021
Tal día coma hoxe...naceu Claude Monet
domingo, 18 de abril de 2021
Tal día como hoxe...comezou a construcción da Basílica de San Pedro
El 18 de abril de 1506 se coloca la primera piedra de la Basílica de San Pedro en la ciudad del Vaticano. Se comenzó a construir por orden del papa Julio II y terminó 120 años después!, el 18 de noviembre de 1626.
https://www.st-peters-basilica-tickets.com/es/st-peters-basilica
| https://www.youtube.com/watch?v=kRyLV8Ra2Ps |
xoves, 11 de febreiro de 2021
Inxeniería Romana na 2 de RTVE
sábado, 30 de xaneiro de 2021
Día da Ilustración dedicado a
Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia é o Día da Ilustración, que foi instaurado en 2014 cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Alfonso R. Castelao. Como se vén facendo desde hai varios anos, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural galega, serve para homenaxear un autor ou autora que aportou na historia da ilustración galega.
Este 2021
dedícase por vez primeira o Día da Ilustración a unha muller, Lolita Díaz
Baliño (A Coruña, 1925-1963), artista multidisciplinar que foi unha relevante
pintora e ilustradora e sorprendentemente esquecida durante moitos anos.
O seu estilo combina o art decó con temáticas influenciadas polo pensamento rexionalista. Do seu traballo na editorial Nós quedan fermosas portadas. Ademais de artista prolífica, destacou tamén como ensinante e formou a importantes artistas. En 1938 converteuse na primeira muller xunto con Carmen Corredoyra en formar parte da Real Academia Galega de Belas Artes.
Trátase dunha auténtica pioneira que desafiu as convicións da época. Unha muller adiantada que abriu camiño para toda as que viñeron despois e por iso este merecido recoñecemento homenaxeándoa este 2021 e cunha exposición virtual da súa obra na Biblioteca de Galicia no Gaiáz.











