viernes, 16 de septiembre de 2022

Contando Ciencia

 

Comeza o II Ciclo Contando Ciencia ben preto de nos, desde a BE do IES de Fene, Violeta Miraz consigue o imposible, que científicos tan relevantes comuniquen os seus estudos ao público en xeral polo que non podemos deixar de asistir ás charlas na Casa da Cultura de Fene.
No cartaz tedes a temática, o relator e as datas...se sodes curiosos, asistide; non vos defraudarán.

jueves, 15 de septiembre de 2022

Coñecendo a nosa contorna: A cova do Rei Cintolo, distinguida como a “Mellor Cova de Galicia 2022”

A Cova do Rei Cintolo, situada en Mondoñedo, é a gruta calcaria máis grande de Galicia e acaba de ser nomeada como “Mellor cova de Galicia, 2022” por Observer, axencia de turismo científico. Este destino foi explorado por primeira vez no século XIX e ao longo da súa historia foi obxecto de estudo de diferentes investigacións antropolóxicas. No ano 2019, a cova foi certificada por Observer como mellor destino científico da comunidade. O seu patrimonio natural, así como a boa xestión da súa conservación, foron algúns dos parámetros cos que Observer mediu a distinción desta cova, que finalmente foi nomeada como un dos seus destinos turísticos acreditados máis emblemáticos.

Seguir lendo en Destinos de Ciencia....

jueves, 8 de septiembre de 2022

Coñecendo a nosa contorna: Ortegal, kilómetro cero do centro da Terra

Cabo Ortegal. Crédito: Deputación da Coruña

 Á sombra do cabo Ortegal fúndense o Atlántico e o Cantábrico. Para os mariñeiros das rías Altas é o quilómetro cero marítimo. Para os xeólogos, é o quilómetro cero da viaxe ao interior da Terra.

Un horizonte de pregamentos caprichosos con 1.160 millóns de anos en forma de cantís abruptos entre os máis escarpados da Europa continental (613 metros) onde se agarran con forza os crustáceos máis cotizados do litoral galego e descansan cada outono as aves europeas que emigran cara ao verán africano.

Un patrimonio incalculable que está a un pasiño de acadar o recoñecemento da Unesco coa declaración de Xeoparque, que pon en valor a historia da súa terra desde o punto de vista xeolóxico, paisaxístico e natural e ábrelle as portas a unha maior inxección económica para o desenvolmento do territorio...

Para saber máis GCiencia, entra de descubre, os resultados coñeceranse na primaveira do 2023.