jueves, 25 de junio de 2020

Novo site da Olimpiada Cultural



Agora que rematamos o curso, despois de tantos atrancos, retomamos un capítulo que tiñamos pendente, a publicación das probas da Olimpiada Cultural.
Creamos un site específico para que vexades todas as preguntas e respostas das convocatorias anteriores. Ademais de neste post, o podedes consultar na columna da dereita na sección O recanto do Esquío.

Non agradeceremos o suficiente a Juan Casal do CFPI Ferrolterra a súa generosidade en informarnos e formarnos sobre a súa Olimpiada Cultural, son moitos os centros que seguen a súa estela nunha actividade apaixoante, na que, traballando en equipo con deportividade, resolvedes unhas incógnitas moi curiosas.
Norabóa aos participantes destes dóus anos, esperamos que o resto os imite e para o curso que ven poidamos contar con moitos máis, nesta convocatoria foron 23 equipos!!!

domingo, 21 de junio de 2020

7.000 mapas e planos do Ministerio de Defensa xa son de dominio público



O Ministerio de Defensa pon ao dispor do persoal investigador, e da cidadanía en xeral, máis de 7.000 mapas e planos da cartografía histórica conservada no Arquivo do Centro Xeográfico do Exército, un referente para o estudo da cartografía en xeral e da cartografía militar en particular. Dita documentación está publicada baixo a licenza Creative Commons CC0 (dominio público) e pódese consultar desde a Biblioteca Virtual de Defensa onde temos que seleccionar o menú superior «Consulta» e na apartado Biblioteca seleccionar «Arquivo Cartográfico de Estudos Xeográficos do Centro Xeográfico do Exército».

Vía Julián Marquina

sábado, 20 de junio de 2020

Tal día como hoxe...abolición da escravitude por Isabel a Católica

20 Xuño do 1500 mediante unha Real Provisión Isabel a Católica prohibe a escravitude. Con esta Real Provisión a soberana castelá, converteuse na primeira persoa por preocuparse dos dereitos dos indios.


@abc
Atopándose a soberana en Sevilla acudira a ver o desembarco de dúas naves recentemente chegadas de América. Os barcos chegaron abarrotados de indios. Isabel quedou impactada ao ver a escena e preguntouse: «Que poder ten meu o Almirante para dar a ninguén aos meus vasallos?». Por este motivo, o 20 de xuño de 1500 Isabel decretou na cidade de Sevilla unha Real Provisión. Nela, prohibía a escravitude e que se devolvesen as terras que antes lles pertenceron.
Esta lei é moi importante, porque non só se prohibe a escravitude senón que considera aos indíxenas súbditos da Coroa.
«Y no consientan ni den lugar que los indios reciban agravio alguno en sus personas y sus bienes, mas manden que sean bien y justamente tratados, y si algún agravio han recibido, lo remedien».

A nosa proposta de lecturas para o verán 2020

viernes, 19 de junio de 2020

Non deixedes de ler. El Templo de las Mil Puertas


O verán é tempo de descanso pero que mellor cunha boa lectura para descansar con xeito, por iso vos achegamos a nosa revista LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) de cabeceira, aínda que nos vos facemos recomendacións nos nosos boletíns, non deixedes de botarlle un ollo ás recomendacións de El Templo de las Mil Puertas no seu nº 75.

miércoles, 17 de junio de 2020

Falamos de valores: 21 gramos

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.


Sabíades que cando un morre o noso peso corporal perde 21 gramos?
Na película que vos achegamos hoxe baseada na obra de Gullermo Arriaga, os protagonistas sumidos na desesperación pola perda, dan voltas á súa propia existencia e mortalidade.



lunes, 15 de junio de 2020

Falamos de valores: La ladrona de libros

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.


En La ladrona de libros atopamos as protagonistas: a morte, Liessel, a II Guerra Mundial. Un repaso dun periodo na vida da nosa sociedade que non debemos esquecer.


viernes, 12 de junio de 2020

Falamos de valores: Nunca me abandones

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.


Baseada na novela do Premio Nobel de Literatura Kazuo Ishiguro falamos de clonación humana, sóate? Con Nunca me abandones nos achegamos a esta posibilidade, sería ético?

miércoles, 10 de junio de 2020

Falamos de valores: El lado bueno de las cosas

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.


En El lado bueno de las cosas falamos de amizade, de superación dos dramas persoais.


martes, 9 de junio de 2020

Programa Prensa-Escuela


Con esta carta o programa Prensa na Escola se despide contando con nos para o curso que ven. Non podemos deixar de traervos aquí a despedida e as intencións para o curso 2020-21

Estimado/a profesor/a:

Finaliza un curso atípico y difícil en el que el covid-19 cambió la forma de dar clase y, lamentablemente, también parte de la actividad de Prensa-Escuela. Si bien desde la web continuamos dando soporte a los profesores a través de actualizaciones (Noticia del Día, Pregunta a un Periodista, a un Científico o e-studios), tanto la publicación del suplemento La Voz de la Escuela como el envío de los periódicos a las centros tuvieron que paralizarse, y los concursos y proyectos que teníamos en marcha, aplazarse. Entre ellos, la gran novedad de este curso: Periodismo en la Escuela, en el que alumnos de secundaria se convertían en reporteros generando noticias a partir de su aprendizaje. De los veinte centros que participan en la iniciativa, únicamente ha dado tiempo a publicar los trabajos de dos de ellos (disponibles en www.prensaescuela.es), aunque se retomarán las publicaciones a la vuelta del verano.

Faltan pocos días para cerrar el curso 2019-2020 y estamos trabajando ya en el próximo, con la ilusión de, en la medida de lo posible, recuperar todas y cada una de nuestras actividades según lo veníamos haciendo hasta ahora. Todo ello con una premisa importante: tu seguridad y la de tus alumnos.

Por eso ya te adelantamos una de las novedades que encontrarás a la vuelta. Volverán los periódicos a las aulas y cada uno de los alumnos tendrá su propio ejemplar. Es decir: como medida de higiene y seguridad, no se compartirán los periódicos. Nada nos apetece más que volver a trabajar juntos y con la tranquilidad de hacerlo bien.

En septiembre nos pondremos en contacto contigo, a fin de comunicarte el inicio del período de inscripción en el Programa Prensa-Escuela. Mientras tanto, te deseamos que tengas un buen final de curso.
Un abrazo,
María García de Dios Rodríguez
Servicio de Atención Programa Prensa-Escuela
Prensa escuela

El Aula del Futuro Online


Despois deste tempo, temos claro que as cousas non van ser como ata o de agora, polo que vos achegamos grazas a INTEF este symbaloo onde atoparedes:
  • Aplicacións para avaliar coñecementos previos (nubes de palabras, muros interactivos…).
  • Ferramentas online para organizar concursos dinámicos na clase.
  • Plataformas para xestionar a clase de manera eficiente.
  • Recursos para elaborar rúbricas.
  • Webs para crear líñas de tempo.
E moito máis na páxina orixinal

lunes, 8 de junio de 2020

Falamos de valores: El profesor Lazhar

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.


Neste caso falamos da relación dos docentes e o alumnado: as aulas. El profesor Lazhar preséntase como voluntario a mestre, tras ler a noticia nun diario da repentina morte dun titor de primaria. Finalmente este alxerino de mediana idade, que atravesa unha crise persoal, é contratado polo colexio para ese posto. Alí comprobará que existe unha gran brecha cultural entre o seu alumnado e el, no preciso momento en que lles entrega un exercicio sobre Honoré de Balzac, que poñen de manifesto as diferenzas pedagóxicas entre a súa experiencia persoal e a escola.

viernes, 5 de junio de 2020

Falamos de valores: Her

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.

Nesta ocasión falamos de novas tecnoloxías, son tan imprescindibles na nosa vida que ás veces confundimos o mundo virtual có real. En Her Theodore enamórase dun programa informático, e todos coñecedes os casos dos rapaces que viven afastados do mundo na súa habitación e que non saen para comer nin para asearse...




miércoles, 3 de junio de 2020

Falamos de valores: Siempre Alice

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.

Neste caso falamos dunha enfermidade que destrúe ás persoas, deixan de ser elas: Alzeimer.


En Siempre Alice, Alice Howland está orgullosa da vida que tanto esforzo custoulle construír: profesora de psicoloxía cognitiva en Harvard e experta lingüista de fama mundial, empeza a sentirse desorientada, un tráxico diagnóstico cambia a súa vida, á vez que a súa relación coa súa familia e co mundo, para sempre. 



lunes, 1 de junio de 2020

Falamos de valores: El mayordomo

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.
Escoitamos nos noticieiros o lema Black Lives Matters e vos traemos unha película baseada en feitos reais que podedes ver na copia da biblioteca.
Esta é a entrada no blog de cine onde atoparedes moita información ademáis do trailer: