Amosando publicacións coa etiqueta educación para a paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación para a paz. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xaneiro de 2026

Día Escolar da Non Violencia e a Paz



O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENVP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pionera, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra"

O día 30 de Xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Ademais de achegarvos unha mostra do noso catálogo, vos propoñemos un concurso no que teredes que casar as citas marcadas cos persoeiros que as mencionaron; na busca seguro que meditaredes sobre as frases e a vixencia delas na actualidade, e de paso intentamos profundizar nas biografías dos escollidos, o que fixeron para ser merecedores da mención honorífica, se a tiveron ou os que non e por qué.

Por último, deixade vos o voso lema respecto a esta data.

Día Escolar da Non Violencia e a Paz na galería


martes, 28 de xaneiro de 2025

Máis aló do abismo - 80 aniversario da liberación de Auschwitz Birkenau

Desde o Obradoiro de papiroflexia queremos lembrar no Día Escolar da Non Violencia e a Paz uníndo esta data ao Día Internacional de Conmemoración na Memoria das Vítimas do Holocausto polo que achegamos unha mostra de fondos.

O 27 de xaneiro de 2025 conmemórase o 80º aniversario da liberación do campo de concentración e exterminio nazi alemán de Auschwitz Birkenau, onde foron asasinadas máis dun millón de persoas, a maioría delas xudías.

Con motivo do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto e co obxectivo de conmemorar este importante aniversario, a UNESCO, en colaboración coa Rexión de Normandía e o Memorial da Shoah, acolle a exposición fotográfica “Máis aló do abismo dos campos de Auschwitz I e Auschwitz II Birkenau”, do fotógrafo Olivier Mériel. As fotos expoñense nos valos da Sede da UNESCO en París entre o 20 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2025: nos achegamos algunhas delas.

Para saber máis UNESCO


mércores, 31 de xaneiro de 2024

Gañadores concurso Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 


Moitas grazas a todos os participantes, tivemos moitos pero non todos responderon correctamenten á proposta, así que vos achegamos a listaxe de gañadores:
  • Mikaella Santos de Sousa e Ricky Alejandro Prado de 4º B que ademais de identificar os autores das citas correctamente aportaron a súa propia polo que teñen unha mención especial.
  • David Ander e Gabriel André Abeledo Franco de 4º B.
  • Gael del Río Gómez e Xoel Durán Martínez de 3º B
  • Adrián Picos Seoane e Germán Rey Fra de 3º B.

(premede para ampliar)

luns, 15 de xaneiro de 2024

Día da Non Violencia e a Paz 2024


 

Animádevos a participar por parellas, sempre hai premio.

Tedes de prazo ata o 26 de xaneiro.

Boletín do DENVP

Día Escolar da Non Violencia e a Paz 2024



O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pionera, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra"

O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.

O día 30 de Xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.

Ademais de achegarvos un fondo do noso catálogo queremos que botedes unha ollada a todos os activistas pola paz que veredes polo corredor e casedes cada cita coa persoa. Por parellas identificade cada ovella coa súa parella e pensade nas citas, a súa importancia nesta época tan revolta que nos tocou vivir.

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Exposición no Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 

Galería de imaxes

Moitas grazas aos rapaces e profesores implicados tanto no obradoiro de papiroflexia como no seminario de coeducación, á hora da escolla das mensaxes, montar as grullas...toda a xente fixo un traballo moi fermoso como veredes na galería de imaxes.

xoves, 27 de xaneiro de 2022

Polo Día Escolar da Non Violencia e a Paz


O vindeiro domingo é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, no noso centro fixemos unha escolla de obras representativas sobre esta temática, anímate a lelas ou velas, varias son propostas de cine. 
E sempre loita pola paz!

martes, 25 de xaneiro de 2022

Voos nocturnos

 Nun perigoso futuro onde enormes cidades motorizadas atácanse e devoran entre si, Londres é un depredador que caza onde ningún outro se atreve. Pero Anna Fang, piloto, aventureira e espía, non coñece o medo.

Voos nocturnos é un Spin Off da tetralogía fantástica escrita por Philip Reeve «Mortal Engines». Componse de tres relatos que contan as aventuras máis emblemáticas da vida de Anna Fang: como planeou fuxir de Arkangel sendo unha moza escrava, unha aventura nos ceos enmeigados do continente morto e a súa perigosa misión en Pulau Pinang como espía da liga Antitraccionista.

Esta novela de aventuras é a primeira da saga Mortal Engines que Peter Jackson levou á gran pantalla. Unha boa lectura para a Semana da Paz que podedes comezar neste fragmento.

venres, 24 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS: Odio el rosa

Fai un tempo disfrutamos da visita de Ana Alonso para falarnos da saga La llave del tiempo, interesante visión da vida no futuro colonizando outros mundos. Logo da súa visita mercamos todas as obras da autora xunto co seu compañeiro Javier Pelegrín pois a súa visión dos problemas do mundo nos parece moi suxerente. 

Agora vos achegamos Odio el rosa, e non, non se trata dunha saga romántica senón unha visión do mundo que nos rodea, as redes sociais, as marcas, as novas tecnoloxías...  Esta saga combina a lectura en formato tradicional coa lectura a través de medios dixitais: a aventura transmedia. Un universo literario innovador e diferente que cobra vida na internet, promovendo a integración do hábito lector e adaptándoo á realidade social e cultural dos rapaces.

Dúas historias paralelas ambientadas nun futuro próximo protagonizadas por un mozo, Dani, e unha moza, Sara, con destinos que se cruzan. As marcas, a educación para conseguir persoas dependentes das grandes corporacións, as adiccións...son temas presentes na saga ao longo das historias dos protagonistas ampliándose a través dos contidos transmedia.

sábado, 18 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS: O por qué do mundo


Dise que os nenos son os verdadeiros filósofos. Teñen unha curiosidade inconte nible e as súas preguntas fan titubear moitas veces aos adultos. Como explicar o mundo aos nenos? O recoñecido filósofo Richard David Precht paseou por Berlín durante un verán co seu fillo Oskar. Foron, entre outros sitios, ao zoo, ao Museo de Ciencias Naturais ou aos restos do famoso muro. Durante esas visitas, ­ Precht respondeu a numerosas preguntas como «Son eu realmente eu?», «Por que os ­seres humanos teñen preocupacións?» ou «Que é beleza?». Este é un libro de filosofía para nenos e mozos que queren saber máis sobre os grandes temas que nos moven a todos na vida, sen importar a idade que teñamos.

¿Por qué hay todo y no nada? xa na biblioteca

venres, 17 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS: Asterix e o Grifón



 Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Os dous galos máis famosos regresan nunha nova aventura realizada, como en ocasións anteriores, polo talentoso dúo creativo formado por Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración.

Na súa procura do grifon, un animal mítico descrito nos textos de antigos autores gregos, aos romanos espéranlles gran cantidade de sorpresas! O grifon no álbum é o animal tótem dun chamán sármata. Simboliza un pouco a ignorancia dos romanos e o seu fantasiosa maneira de imaxinar a fauna nun mundo, para eles, aínda amplamente inexplorado. Aínda que posúe corpo de león e cabeza de aguia, ao principio o grifon non lles parece máis improbable que a jirafa ou o rinoceronte. Á fin e ao cabo, o propio Julio César mencionou ao unicornio nos seus Comentarios á Guerra das Galias (isto é real!). Con todo, a medida que avanzan polos confíns de Barbáricum, a dúbida asalta. A súa mentalidade de conquistadores empezará a entón a debilitarse… Sobre todo porque Astérix e Obélix (sen esquecer a Ideafix!), que acoden a axudar aos os sármatas, non lles van a poñer nada fácil a viaxe!

Coa saga de Asterix e Obelix tanto os autories primixenios Goscinny e Uderzo como os actuais repasan moitas das culturas europeas e internacionais facéndonos pensar que somos todos da mesma especie, non importa a nacionalidade, debemos respeto aos demaís por iso Asterix está sempre a axudar a calquera nación ou grupo, coa inestimable presencia e forza de Obelix e o seu pequeno pero non menos importante amigo Ideafix!

martes, 7 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS: Tal día coma hoxe Pearl Harbor


Todo terminou en apenas unha hora e 15 minutos. Máis de 350 avións xaponeses, anunciados apenas polo zumbido enxordecedor dos seus motores radiais e cubrindo temporalmente os ceos de Hawai, emerxeron desde o norte e lanzáronse sobre o porto de Pearl Harbor na illa de Oahu. Aínda que a Segunda Guerra Mundial transitaba o seu terceiro ano, e practicamente non quedaba recuncho do mundo sen sentir os seus efectos, Estados Unidos seguía sendo neutral e había paz con Xapón. Pero o ataque sobre Pearl Harbor, do que se cumpren 80 anos, cambiaría todo iso e sumaría a fronte do Pacífico a un conflito que xa estaba a arrasar con Europa, o norte de África e China, e no que ningún océano parecía demasiado lonxe para os submarinos alemáns... seguir lendo en CNN Español.

Ningunha guerra ten xustificación e é o noso deber coñecelas para non repetilas por eso vos invitamos a ler Las 20 batallas que cambiaron el mundo.

luns, 29 de novembro de 2021

El miedo restante


Luc Álvarez piensa que su vida es fija y aburrida: la gente de su entorno no cambia, ni su motivación, ni su trabajo en la cafetería Café Actually..., hasta que todo empieza a tambalearse y las emociones negativas se vuelven demasiado grandes como para abarcarlas con las manos. A partir de entonces, avanzar será cosa suya, pero decidir apartar el miedo y escuchar a la gente que le quiere parecerá más difícil que enfrentarse a algunos gigantes.
Xa na biblioteca El miedo restante

mércores, 27 de xaneiro de 2021

Lembramos as víctimas do Holocausto


Cada ano, en torno ao 27 de xaneiro, debemos tributo á memoria das vítimas do Holocausto e manifestar o compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e toda outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos.
O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz- Birkenau; a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou oficialmente esa data Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.


Se queres ler ou ver os fondos sobre esta temática na biblioteca...

sábado, 20 de xuño de 2020

Tal día como hoxe...abolición da escravitude por Isabel a Católica

20 Xuño do 1500 mediante unha Real Provisión Isabel a Católica prohibe a escravitude. Con esta Real Provisión a soberana castelá, converteuse na primeira persoa por preocuparse dos dereitos dos indios.


@abc
Atopándose a soberana en Sevilla acudira a ver o desembarco de dúas naves recentemente chegadas de América. Os barcos chegaron abarrotados de indios. Isabel quedou impactada ao ver a escena e preguntouse: «Que poder ten meu o Almirante para dar a ninguén aos meus vasallos?». Por este motivo, o 20 de xuño de 1500 Isabel decretou na cidade de Sevilla unha Real Provisión. Nela, prohibía a escravitude e que se devolvesen as terras que antes lles pertenceron.
Esta lei é moi importante, porque non só se prohibe a escravitude senón que considera aos indíxenas súbditos da Coroa.
«Y no consientan ni den lugar que los indios reciban agravio alguno en sus personas y sus bienes, mas manden que sean bien y justamente tratados, y si algún agravio han recibido, lo remedien».

luns, 15 de xuño de 2020

Falamos de valores: La ladrona de libros

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.


En La ladrona de libros atopamos as protagonistas: a morte, Liessel, a II Guerra Mundial. Un repaso dun periodo na vida da nosa sociedade que non debemos esquecer.