lunes, 25 de noviembre de 2019

Contra a violencia de xénero e en todos os ámbitos


Preme  para acceder

Os alumnos de 4º ESO coa súa titora Micaela Rey e os de EPV de 3º ESO con Carmen Mirabal decoraron o centro para deixar constancia do que para eles significa esta data.
Norabó pola iniciativa, por ser tan creativos e por compartir os seus sentimentos fronte esta lacra social.

miércoles, 20 de noviembre de 2019

Polos Dereitos da infancia

30 anos da Convención dos Dereitos dos Nenos


En 30 anos, os nenos pobres son os que menos se beneficiaron da Convención
que protexe os seus dereitos.

A Convención sobre os Dereitos do Neno asinouse o 20 de novembro de 1989 e nas tres décadas transcorridas desde entón producíronse logros históricos para os menores do mundo; con todo, moitos dos nenos máis pobres non se beneficiaron aínda, advirte un informe divulgado este luns polo Fondo das Nacións Unidas para Infancia (UNICEF).

O documento, titulado “A Convención sobre os Dereitos o Neno nunha encrucillada”, analiza os avances innegables rexistrados nese período e afirma que a vontade e determinación políticas poden mellorar as vidas dos pequenos.

Información é poder, segue lendo na web de UNICEF para estar informado.

martes, 19 de noviembre de 2019

Belleza e locura no Museo máis grande do país

200 años do Museo do Prado


O Museo Nacional do Prado celebra este 19 de novembro o seu bicentenario. Aínda que o museo foi fundado ese día de 1819, o edificio que lle serve de sede foi deseñado en 1785 polo arquitecto Juan de Villanueva como Gabinete de Ciencias Naturais por orde de Carlos III. O seu neto, o rei absolutista Fernando VII, encargaríase de depositar décadas despois parte das coleccións reais que se habían ido conformando desde o século XVI, primeiro cos Austrias e posteriormente cos Borbóns. Entre as pezas que habían ido acumulando os distintos monarcas españois sobresaen tesouros como O xardín das delicias, do Bosco; O cabaleiro da man no peito, do Greco; As meninas, de Velázquez e A familia de Carlos IV, de Goya, entre outros...

Non deixedes de entrar na web do Museo para seleccionar qué ver na vosa visita, é unha obriga!




Premede na imaxe do doodle para entrar no Especial Museo do Prado elaborado por El País

viernes, 15 de noviembre de 2019

Na semana da ciencia... experimentos no patio


Os alumnos de 1ºBAC realizaron varios experimentos no patio coa supervisión do profesorado de Física e Química e Tecnoloxía

Nova saga de Rick Riordan: As probas de Apolo



Tras enfurecer a Zeus, o deus Apolo é desterrado do Olimpo. Débil e desorientado, aterra na cidade de Nova York convertido nun mozo normal. Sen os seus poderes divinos e baixo a aparencia dun adolescente que disimula os seus catro mil anos de idade, Apolo deberá aprender a sobrevivir no mundo moderno mentres busca a maneira de recuperar a confianza de Zeus
Pero entre deuses, monstros e mortais, Apolo ten moitos inimigos a quen non lles interesa que recupere os seus poderes e volva ao Olimpo. Cando Apolo vese en apertos, só quédalle un lugar onde acudir: un refuxio secreto de semidioses modernos coñecido como o Campamento Mestizo.

O oráculo oculto é a primeira entrega da saga As Probas de Apolo, e foi galardoado co premio Best Middle Grade & Children' s Book polos Goodreads Choice Awards 2016.

jueves, 14 de noviembre de 2019

A incrible viaxe de Alexander von Humboldt ao corazón da natureza


Encamiñándonos ao Ano Internacional da Sanidade Vexetal compre presentarvos a Alexander Humboldt amante da natureza, un intrépido explorador e o científico máis famoso da súa época.
A súa axitada vida estivo repleta de aventuras e descubrimentos: escalou os volcáns máis altos do mundo, remou polo Orinoco e percorreu unha Siberia infestada de ántrax. Capaz de percibir a natureza como unha forza global interconectada, Humboldt descubriu similitudes entre distintas zonas climáticas de todo o mundo, e previu o perigo dun cambio climático provocado polo home.
Neste precioso libro ilustrado recóllese a historia da súa viaxe ao corazón da natureza e xa está á vosa disposición na biblioteca

Comeza a ler...

miércoles, 13 de noviembre de 2019

El método matemático ABN inventado en España para aprender matemáticas que arrasa


Las matemáticas han dividido tradicionalmente a la sociedad en dos bandos: aquellos a los que les resultan más fáciles las «letras» y los que, en cambio, se decantan por «los números». Una materia tan compleja y específica como las matemáticas han sido siempre el caballo de batalla de los profesores, pero sobre todo, de los alumnos. 
Fue la necesidad de hacerlas más motivadoras, fáciles y conectadas con los niños lo que llevó a Jaime Martínez Montero a impulsar un novedoso método que entró en vigor en el curso 2008-2009 en los centros CEIP Andalucía y CEIP Carlos III, en Cádiz. 
Se trata del método ABN, esto es, abierto y basado en números (no en cifras), contrapuesto a los clásicos algoritmos cerrados de toda la vida. Una nueva forma de enseñar que permite a los alumnos operar, según cuenta su creador, comprendiendo lo que están haciendo, llegar al cálculo mental de forma sencilla y natural y aumentar su capacidad de resolución de problemas.

Seguir leyendo en ABC

martes, 12 de noviembre de 2019

Novedades: Máquinas mortales


Máquinas mortales nos introduce en el mundo futurista de la tetralogía «Mortal Engines», en el que las máquinas son instrumentos de poder y la religión es la tecnología. En este mundo, el joven Tom, que nunca ha salido de Londres, se convertirá en un héroe que, tras verse alejado de su ciudad y de su amiga Katherine, luchará para conseguir que su urbe se salve de una destrucción inminente.


viernes, 8 de noviembre de 2019

As librarías tócannos...



As librerías esixen un pacto de estado pola lectura que inclúa accións concretas e traballar en igualdade de condicións, entre outras medidas urxentes│O lema ‘As librerías tócannos’, co que se celebra este venres 8- N o Día das Librerías, reivindica a proximidade, a familiaridade e o trato individualizado que ofrecen os libreiros e libreiras aos lectores... https://www.diadelaslibrerias.es/las-librerias-destacan-su-papel-de-comercio-de-cercania-y-reclaman-trabajar-en-igualdad-de-condiciones-frente-a-las-grandes-plataformas-de-venta-online/?fbclid=IwAR2AecOjbjAiODh9F0itKxgrO8seiGEp8uPW70j_aaXnUpUnAZtgAdY0W-cseguir lendo

jueves, 7 de noviembre de 2019

Premiados polo Día das Bibliotecas Escolares: Homenaxe a Tolkien



Os gañadores no concurso foron Adrián Tre e Daniel Lage. Tivemos un pouco de retraso na entrega dos premios pois esperabamos uns aneis de poder para eles ademáis dun lote de libros.

Norabóa a todos os participantes!

Tempo para o teatro no Concello de Neda


Novidade: "La manada inteligente"


O comportamento das colonias de formigas, os rabaños de ovellas ou os enxames de abellas poden extrapolar as súas solucións colectivas a problemas humanos perentorios. Esa é a tese central que defende Peter Miller, xornalista viaxeiro de National Geographic, no seu libro A manda intelixente. Grazas ás abellas, por exemplo, quizá descubriremos que un grupo de persoas é capaz de alcanzar solucións máis correctas para un problema que un grupo de expertos. E das termitas aprenderemos como é posible que Wikipedia non sexa unha anarquía total: máis ben ao contrario, segundo un estudo publicado en Nature é unha enciclopedia máis fiable, en termos xerais, que a prestixiosa Enciclopedia Británica (polo menos na súa versión inglesa).

Seguir lendo en Xataka ciencia.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

Na Semana da CIencia, atréveste có cubo de Rubik?

Na semana da ciencia no Ies Fernando Esquío estaremos probando a resolver o famoso artefacto para o que podedes visitar Kube kings ou achegarvos á biblioteca.
#Paramentescuriosas #Imprescindible:
- Erno Rubik tardou máis dun mes en resolver o seu propio quebracabezas.
- Desde a súa existencia, estímase que se viñeron máis de 350 millóns de cubos de Rubik no mundo.
- O cubo de Rubik máis caro do mundo inclúe diferentes xemas en cada unha das súas caras: 22,5 quilates de amatistas, 34 quilates de rubíes e 34 quilates de esmeraldas. Ten un prezo estimado de 1,5 millóns de dólares.
- O cubo de Rubik máis grande do mundo construíuse na cidade austriaca de Linz e podía ser resolvido por control remoto
Alucinante, non sí? Pois a ver se vos atrevedes có cubo que vos preparamos:




lunes, 4 de noviembre de 2019

E tamén asustámonos...

Votamos pola estrela Rosalía


A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío vén de promover unha campaña, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, para poñerlle o nome da autora padronesa á estrela HD 149143, e Río Sar ao seu planeta HD149143b. Desde o pasado venres xa é posible votar entre varias opcións na web http://nombraexoplanetas.es/ ata o 12 de novembro e nas redes sociais estase a utilizar o cancelo #EstrelaRosalía.

Seguir lendo en Rosalía.gal