jueves, 29 de septiembre de 2011

Recursos para o aprendizaxe das ciencias


Visionlearning é un repositorio de materiais de apoio ao estudante e ao profesor. Fundado pola National Science Foundation, dispón de módulos de aprendizaxe en Ciencias: Bioloxía, Química, Física, Ciencia da Terra, Trigonometría, Farmacoloxía, Toxicoloxía ou Ciencia en xeral.
O acceso aos materiais é gratuíto mediante un simple rexistro na web. Se ben a maioría son en lingua inglesa, dispón igualmente de módulos en español.
Cada módulo organízase nun texto que introduce o tema para posteriormente seguir cos contidos, unha batería de actividades e unha lista de enlaces relacionados. Todo iso organizado en pestanas sempre visibles.
Unha vez rexistrado ofrécese, ademais, un espazo denominado "My classroom", onde se poden configurar cursos cos materiais ofrecidos e asignar alumnos, adaptando os contidos a eles.
Existe un apartado moi práctico de animacións que reproducen e describen diferentes procesos que acontecen na Natureza.
Así mesmo, pódese descargar, de xeito gratuíto, unha aplicación para Ipad, Ipod Touch ou Iphone consistente nun glosario bilingüe de centos de termos científicos e de biografías curtas, desenvolvido como suplemento para os módulos de contidos.
En xeral son materiais ben elaborados, organizados e útiles para o nivel de Bacharelato, así como para os institutos con seccións bilingües coma nos.

Vía Educarex

No hay comentarios :