domingo, 13 de enero de 2013

Cartas de amor... contra a violencia

 


Tí de que lado estás?

Estes días poderedes visitar a mostra Cartas de Amor que a Secretaría de Igualdade nos cedeu para reflexionar sobre a existencia de violencia no modo que teñen algúns rapaces de relacionarse, ás veces de xeito inconsciente, e darnos conta de que formas e maneiras de comportamento habituais como as demostracións de celos, ou o control sobre a vestimenta da parella, algunhas chamadas telefónicas, mensaxes ou correos electrónicos, a limitación de movementos en relación ás amizades, etc, son en realidade demostracións dun comportamento violento.

No libriño que vos deixamos aquí queremos motivar a reflexión sobre o paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas, ante o incremento que se está a detectar dos casos de violencia verbal ou física nas relacións de parellas entre adolescentes.

Non deixemos pasar o momento para falar do tema da violencia, aínda que o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, quédanos moi lonxe pero o 30 de xaneiro, Día da Paz, tan preto. Si queredes ver os fondos que están á vosa disposición, premede na opción desexada:

No hay comentarios :