viernes, 5 de abril de 2013

Tastarabás de Antón Cortizas


«Tastarabás leva 2.500 fotos e unha descrición de máis de mil enredos e xoguetes. A globalización cultural xa está inventada»
Fillo dun ferreiro e dunha costureira, Antón Cortizas ten tres barcos de vapor e un merlín e vai publicar «Tastarabás», que é unha enciclopedia de brinquedos tradicionais.

De neno xogaba na forxa de seu pai, na súa casa de Ferrol. De ali puido xurdir o libro O merlo de ferro, a historia dun paxaro feito polo ferreiro Manuel que é capaz de cantar e voar. Máis adiante decidiu buscar unha parella literaria para aquel merlo e escribin A merla de trapo, pola que recibin o premio Merlfn; despois de recollelo, dixo aqullo de «gustaríame falar un pouquiño de costureiras» e lembrou a Antorda, a súa nai, a que de neno via coser naquela Singer. Agora, Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954) está a piques de publicar un enorme traballo que recolle outra das súas paixóns: os enredos tradicionais sobre os que xa publicou un libro. Este terá máis de mil páxinas –“deberían ir en dous volumes, pero as cousas están como están e van nun” froito de anos de investigación e titulado Tastarabás (Xerais).

—Que iso do tastarabás?
—É o nome que ten a carraca esa de facer ruido na zona de Cedeira e o norte de Ferrol. Xa ao primeiro libro deille un título moi onomatopeico, Chirlomirlo. Este ten como subtliulo Enciclopedia dos brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Leva 2.500 fotos e unha descrición de máis de mil enredos e xoguetes, que nalgúns casos son unhas liñas e noutros varias páxinas.

—¿De quen son as fotos?
—Case todas miñas, que tamén fixen a maior parte das construcións dos xoguetes, detallando cada paso, aínda que as veces tiven que pedir papas. Outras, como para un arco da vella, botei man doutras persoas.

—¿Tamén enredaraos coa natureza?
—Todos os seres humanos xogamos e brincamos igual, a globalización cultural xa está inventada hai moito tempo. No libro vai información directa de comunicadores dos que vai o seu nome e tamén por lecturas de centos de libros; ocupeime de ler literatura en galego de poetas e novelistas que fan referencias aos enredos e van treitos desas narracións.
—¿E a outra literatura súa?
—No ano 2004 empecei con isto e impedinme escribir outras cousas. Esta é unha combinación de fotografía, que é algo que tamén me gusta moito, de traballo manual e de escribir.

(Seguir lendo a entrevista)

Vía Blog Xerais

No hay comentarios :