sábado, 28 de diciembre de 2013

Rosa Aneiros no club Pantasmas de Papel




Aínda que non estivemos todos, as datas non o permitiron, tivemos a ledicia de contar con Rosa Aneiros no noso club para falar das dúas obras que estabamos a ler: Sol de Inverno e Ámote Leo A.
Aproveitamos que Rosa tiña que presentar oficialmente esta última para achegarnos á Galería Sargadelos e ter a nosa sesión do club, compartir a morriña doutro tempo que Inverno deixounos na alma, a tristura do seu bogar e por outra banda a xuventude e gañas de aventuras que espertou Leo nos nosos lectores novos. Todo un pracer coma sempre falar con Rosa quen nos descubriu que o xerme de Sol de Inverno foi a necesidade de experimentar có narrador en 2ª persoa; incluso comentounos que nunha comida con Agustín Fernández Paz falando desta posibilidade, o propio Agustín díxolle que non o ía conseguir que era moi dificil, pero como somos uns cabezotas, quen se propón, o consigue, e vedes eiquí a Rosa quen confesounos que tiña fai moito tempo a historia na cabeza e a excusa do final de Inverno serviulle para empregar ese narrador, toda unha proba de lume para un escritor. Cando nos lle falabamos da dor que tiñamos no peito polas vicisitudes de Inverno tamén confesounos que chorou sen acougo cando morreu Luzdivina, a avóa de Inverno, transmisora das historias das fillas do tempo, loitadoras neste mundo belicoso.
Non tivemos a fortuna de poder cambiar a historia de Leo porque xa a tiña escrita e aínda que lle propuxemos varios finais, lugares onde seguir viaxando e identidades para o autor das pintadas, non puido ser. Deixounos entrever o que viña pero riu das nosas propostas, non sei se porque adiviñamos algún final ou escea ou porque nos afastamos moitísimo da historia que chegará xa ás nosas máns.

En marzo e no verán teremos a continuación de 
Ámote Leo A.!

De sete que son no grupo de lectores de Bacharelato e vinte que somos no de adultos só puideron vir a metade e para os que non viñeron aquí deixamos algunhas das imaxes da sesión.

Grazas mil a Rosa pola súa dispoñibilidade e cercanía e esperamos que Mariña medre pronto para que nos cheguen outras obras desta autora que tanto nos gusta.

E para os que non a coñecedes, deixovos esta entrevista:


No hay comentarios :