lunes, 10 de marzo de 2014

Semana da prensa na escola


Hoxe comeza a Semana da Prensa na Escola, cando hai un século que a noticia do día foi que unha sufraxista mutilou en Londres o cadro La Venus del espejo. Trátase dun dos cadros máis famosos de Velázquez que se atopa fóra de España, na National Gallery de Londres. Saíu de aquí por escuros camiños en 1808, durante a Guerra de Independencia, cando os exércitos ingleses loitaban contra Napoleón e, de paso, saqueaban riquezas españolas. Unha vez en Londres pasou por diversas mans ata que o adquiriu, en 1906, por 45.000 libras a National Gallery.
Poucos anos máis tarde, en 1914, o cadro foi obxecto da atención mundial porque unha exaltada sufraxista de orixe canadense, chamada Mary Richardson, asestoulle sete golpes cunhamachada de carniceiro que deixaron outras tantas rachadelas sobre o lenzo. A razón do atentado foi a protesta pola detención da líder sufraxista Emmeline Pankhurst. Unha minuciosa restauración borrou do cadro no posible as cicatrices do absurdo atentado.
Segue investigando nas páxinas de Prensa-escuela con:
E coas portadas que tedes na galería podedes facer unha comparativa da prensa internacional e prácticamente todas da mesma data!:

No hay comentarios :