xoves, 5 de decembro de 2019

Tal día como hoxe... morreu Alexandre Dumas (pai)

 

Poucos escritores tan prolíficos se coñecen como Alexandre Dumas: creou 4056 protagonistas, 8872 secundarios e 24.339 figurantes.
Dumas, dueño dunha imaxinación infinita,  inspirouse en personaxes reais, como o seu pai, para escribir as súas aventuras «Las hazañas militares de su progenitor están tras las gestas de los mosqueteros, y su terrible experiencia en el calabozo, tras El conde de Montecristo», comenta Tom Reiss, autor de El conde negro, o libro gañador do premio Pulitzer de biografía no 2013.

A vida de Dumas non foi novelesca como a do seu pai, o primeiro Alejandro Dumas, xeneral de Napoleón. Del tomou o escritor algunhas das calidades dos seus heroes, como a valentía, a bonhomía, a forza titánica e tamén as dificultades, a prisión inxusta, o oprobio.
Fillo dun nobre tarambana que marchou a Haití fuxindo dos acreedores, alí tivo tres fillos mulatos con unha escrava negra, Marie Cessette Dumas. O marqués volveu a Francia a reclamar a súa herencia e para pagar o seu pasaxe vendeu como escravo ó seu fillo, pai do autor que lembramos hoxe, aínda que logo o reclamou e educou como un nobre. Vivíu a Revolución Francesa e como non se entendía co seu pai adoptou o nome da súa nai, Dumas....

Do infortunio do seu pai, pois era mestizo, nace en Dumas a necesidade dunha vinganza que non logrou o xeneral, pero que o seu fillo proporcionoulle da man do justiciero Edmundo Dantés ou da quijotesca espada dos mosqueteiros.

Ler máis en XLsemanal.