venres, 25 de maio de 2007

África


Hoxe é o día de África. Si, ese continente asolado por todo tipo de calamidades, das que so algunhas saen nos telediarios e se tratan nos xornais. Pero África é moito máis. É o continente coa maior variedade de razas humanas, cunha diversidade xeográfica extraordinaria, no que se falan multitude de linguas, cunha gran biodiversidade ... Aceptamos que é o berce da humanidade, pero so nos lembramos dela cando algún desastre sae á luz. Por iso hoxe é un bo día para lembrarse dela por algo bo, que o ten e moito.

Esta nota está inspirada nun artigo publicado no diario EL PAIS por Carlos Álvarez.

Máis novas sobre África en Afrol News.

Na biblioteca temos material sobre África, Exipto. etc. Quedas convidado.

Loles comentoume que La piel de la memoria, de Sierra i Fabra fala dun rapaz que escapa da escravitude en África.

Ningún comentario :