venres, 29 de xuño de 2007

O Principiño


Hoxe é o aniversario do nacemento de Antoine de Saint-Exupéry,quen foi un aviador e literato francés que só viviu escasos 44 anos. Naceu en Lyon, en 1900 pero nunca se soubo que ocorreu con Saint-Exupéry , xa que desapareceu para sempre nunha misión de recoñecemento, cando sobrevoaba a Francia ocupada polos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial. Saint-Exupéry comezou escribindo en prosa lírica vivencias de carácter novelesco, pero a súa obra máis famosa e pola que transcendeu é O Principiño, un conto longo que en formato de libro bateu marcas de venda no mundo e en todos os idiomas desde 1943, ano en que se publicou por primeira vez en francés.
Nas súas páxinas evócanse os valores máis arraigados e esenciais do humanismo: a solidariedade, bondade, enteiriza, tenacidade, compañeirismo e entusiasmo polo coñecemento.
O libro é un símbolo de procura permanente do home, daqueles principios que enriquecen o espírito e que traen paz infinita ao alma.
Podes lelo na biblioteca ou na pantalla do voso ordenador.

Ningún comentario :