luns, 18 de febreiro de 2008

Mortadelo e Filemón no Esquío



Por si fora pouco co informe PISA e cos problemas que ten o ensino no noso país chegan ó Esquío Mortadelo e Filemón. Non sei que vai ser de nos.
No 2007 cumpríronse 50 anos dende que apareceron no quiosco dous persoaxes que por mal que vaian as cousas sempre poden facer que vaian peor. O mérito é de F. Ibáñez, que é quen de facer o guión e os debuxos e que fixo (e fai) pasar moi bos momentos a varias xeracións de lectores. Primeiro con aventuras curtas dentro de revistas semanais como Pulgarcito e despois con aventuras completas, das que a primeira foi "El sulfato atómico".
Dende hai trinta anos, non hai acontecemento local ou mundial, olimpíadas, mundiais, as tramas do ladrillo, o mundo rosa, etcétera no que os nosos heroes?? non teñan metido a pata. En calquera caso, nunca deixan as cousas como están. Sempre quedan peor.

Hoxe hai un universo de Mortadelo e Filemón, en moitas presentacións con traduccións a moitos idiomas, series de televisión, películas e todo tipo de artigos que levan a imaxe destes dous persoaxes.

Serva esta post como homenaxe e agradecmento a F. Ibáñez e os seus personaxes. Gracias, maestro.
Web oficial.
Biografía de Ibáñez.

Ningún comentario :