luns, 20 de outubro de 2008

Que é para ti a biblioteca, a lectura ou o libro?


Biblioteca
ven do grego, biblion = libro e thekes = caixa, literalmente sería “caixa de libros” ou de gardar libros; pero é moito máis que iso: é unha colección de libros e outros documentos impresos, audiovisuais, electrónicos ou informáticos debidamente organizada que sirve para cubrir as demandas xeráis ou específicas da lectura e información.
Pero para outros é un paraiso...

Esta semana imos pensar no que significa para nós a biblioteca, os libros e a lectura.
Para iso invitámosvos a dar a vosa opinión e revisar na galería do instituto unha selección de citas ao redor do libro dalgunhas 'importantes personalidades'... para mostra as seguintes regras de ouro do libro:

1. Quen len moito acaban cegos.
2. Quen len moito acaban trastornados.
3. Ler esgota a túa economía.
4. Ler complica a vida doméstica.
5. Ler complica a vida amorosa.
6. A lectura adoita ser fonte de toda infelicidade.
7. Os libros xeran frustración.
8. A lectura é algo lento e repetitivo.
9. Ler non serve para obter admiración.
10. A lectura non está ao alcance de todos.

Ningún comentario :