domingo, 21 de febreiro de 2010

Día Internacional da Língua Materna


Ao igual que as especies animais en vías de extinción, os idiomas están a desaparecer rapidamente e necesitan a nosa dedicación e interese para mantelos vivos. Os lingüistas enfróntanse a unha carreira contra o reloxo para documentar moitos dos que quedan:

Antes había entre 7.000 e 8.000 idiomas diferentes.
Hoxe en día moi poucas persoas falan a maioría dos 6.000 idiomas coñecidos en todo o mundo.
A metade dos idiomas actuais teñen menos de 10.000 falantes, e a cuarta parte menos de 1.000.

Con motivo da sexta celebración do Día Internacional da Lingua Materna, a UNESCO organiza en París o 21 de febreiro unha conferencia sobre a diversidade lingüística que será inaugurada por Koichiro Matsuura, Director Xeral da UNESCO, Musa Bin Jaafar Bin Hassan, Presidente da Conferencia Xeral, e Zhang Xinsheng, Presidente do Consello Executivo.


Informate do que se está a facer noutros lugares do mundo:
Suecia, Argentina, México, Canadá, Escocia, Japón.. pica nos cadros dos distintintos paises e investiga.

Tamén podemos escoitar sobre o tema en Radio ONU.

Ningún comentario :