mércores, 28 de setembro de 2011
O galeón La Pepa
Hoxe facémonos eco dunha visita que non deberíamos perder, a do Galeón La Pepa.
O Consorcio para a Conmemoración do II Centenario da Constitución de 1812 puxo en marcha unha ruta polos principais portos españois co Galeón la Pepa, co obxectivo de promocionar e representar a programación do evento La Pepa 2012.
Con este motivo estará atracado o devandito galeón no porto da Coruña do 30 de setembro ao 6 de outubro para que todos o visitemos e, ademais de coñecer o Galeón la Pepa, réplica dos galeóns españois que uniron España e América durante tres séculos, poderase coñecer a exposición que leva a bordo como centro de interpretación e museo flotante dos acontecementos históricos ocorridos en Cádiz fai case douscentos anos.
Aquí tedes o enlace coa documentación da visita.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario