A Domus presenta “Pinacoteca da ciencia”, unha exposición de imaxes científicas da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM). Descobre a beleza dos seres microscópicos, cunha mirada artística e orixinal sobre os procesos biolóxicos.
A Pinacoteca é un apartado da sección de divulgación do portal da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM), que pretende achegar a ciencia aos cidadáns mediante a publicación de imaxes de contido científico tinguidas dunha visión artística.
Ao longo de 12 meses invítase aos membros da SEBBM a enviar as súas fotografías, que deben estar relacionadas coa investigación científica en calquera dos seus innumerables ámbitos. As fotos seleccionadas como as mellores de cada mes pasan a formar parte da Pinacoteca, e compoñen a exposición que agora se presenta na Domus.
A Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM) ten un interese especial por difundir e divulgar na sociedade española as tarefas de investigación realizadas nos laboratorios. Con este fin xurdiu no ano 2009 no seu portal web a sección "Divulgación: ciencia para todos", dirixida a estudantes, profesores de primaria, secundaria e universidade, investigadores e público en xeral.
Ler o artigo completo no Espazo (=mc2) Museos Científicos Coruñeses.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario