sábado, 2 de febreiro de 2013

Día Mundial dos Humedais



O 2 de febreiro celébrase cada ano o Día Mundial dos Humedais para conmemorar a data na que adoptou o Convenio Ramsar en 1971, un tratado intergobernamental que serve de marco para accións en favor da conservación e o uso racional destes ecosistemas mediante actuacións locais, rexionais e nacionais como contribución para lograr un desenvolvemento sostible en todo o mundo.

As brañas xestionadas axeitadamente achegan algúns servizos tan importantes como a produción de alimentos, a dispoñibilidade de auga en cantidade e calidade, a protección fronte a fenómenos extremos como inundacións, secas ou temporais costeiros, o turismo, ou a loita contra o cambio climático.

Para celebrar esta data tan relevante, o CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, a través do seu Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, elaborou unha interesante Guía de Recursos sobre Humedais, unha recompilación de materiais bibliográficos sobre esta temática dirixida a todos os centros educativos galegos e institucións e persoas interesadas en traballar sobre este tema.


Ningún comentario :