O vindeiro 4 de novembro dedícase á
Ciencia en Galego: a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
(AGAPEMA), a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) e
mais a Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) convidan á
comunidade educativa a festexar o vindeiro 4 de novembro o IV Día da Ciencia
en Galego, para reivindicar o dereito a gozar da ciencia e da arte no
noso idioma. Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard
Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista galego
Isaac Díaz Pardo.
E con motivo desta celebración o
vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL
convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas
videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán
temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos
científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a
videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a
posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de
fácil manexo.
Ningún comentario :
Publicar un comentario