mércores, 12 de febreiro de 2014

De concurso



Os estudantes de latín e grego estamos a participar nun concurso que ten como lema "Yo conozco mi herencia, ¿y tú?" no que se reivindica a presenza dos estudos clásicos nos plans de estudo. Este venres, día 14 de febreiro, faremos unha lectura de textos na entrada do instituto. Convidámosvos a todos e todas a escoitarnos. Tamén estamos a editar un vídeo do que xa vos falaremos. E aínda hai máis sorpresas gardadas para este venres. Xa saberedes máis. Aquí vos deixamos a web do concurso por se tedes curiosidade.


Ningún comentario :