xoves, 1 de maio de 2014

Letras Galegas 2014: Poeta Díaz Castro


Esa Luz, unha melodía coñecida para uns versos por descubrir. A nova proposta do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz para conmemorar o día das Letras Galegas 2014:

"Esa lus"

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá 

(est 1)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo 
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus

(est 2) 
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá

(est 1) 
(est 2)

Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá

(est 1) 
(est 2)


Para coñecer máis produccións sobre o poeta desde o IES Díaz Castro podedes visitar soundcloud ou escoitar estas grabacións:


Ningún comentario :