Fai xa seis anos, no 2009, que creamos estos materiais para achegar a historia da palabra escrita aos nosos alumnos. Ao longo deste tempo a exposición sobre a historia do libro foi viaxando desde Tui ata Lugo e por suposto pola comarca de Ferrolterra, mostrando a evolución deste artello tan maravilloso que nos serve para viaxar polo espacio e o tempo.
Non importa o formato; desde as historias contadas na pedra dunha cova, os papiros, os códices... os libros electrónicos o home ten desexo de contar e tamén de escoitar, ao fin de imaxinar.
Non deixemos de achegarnos ás palabras para aprender, para disfrutar e por iso invitámosvos a todos a visitar a exposición sobre a historia do libro e a súa evolución ao longo do tempo, queda moito que ler e que escribir, non deixemos de medrar coa lectura.
Para os que estades lonxe podemos deixaros ademáis das fotos dos paneis, os materiais de explotación da mesma para os profes (por petición se envía por correo), boletín de traballo para os alumnos, marcapáxinas, pegatinas de agasallo.
OU ben nun site cos materiais que ao londo do tempo os distintos centros polos que pasou a exposición aportaron á mesma.
Mirade nas fotos o bonitísima que nos quedou!
Ningún comentario :
Publicar un comentario