Con motivo do Día Internacional do Medioambiente acollemos unha exposición sobre a flora e fauna do contorno e en especial do río Belelle.
A Asociación Néboa Medioambiente presenta unha colección de materiais propios e os aportados polo Club Infantil Chuvieira durante estos últimos anos có título Río Belelle: anos de luz e de historia.
O nome da exposición fai referencia a que o Belelle foi motor dunha actividade productiva moi importante dentro do concello de Neda xa que arredor de él traballaban muiños, fábricas de papel, fabricas de luz, cortidorias… O Belelle é río de luz non só porque nel hai fábricas de luz (centrais hidroeléctricas) senón tamén porque as súas augas se caracterizan pola súa claridade, e precisamente esa claridade deu orixe ao seu nome.
A exposición divídese en varios apartados:
- Xeografía
- Flora.
- Fauna
- Patrimonio.
Xunto coa maqueta dun muíño e animáis da zona en cartón pedra atopamos unha colección de fotografías novas e antigas dos muíños da comarca así como unha selección das lendas e tradicións como a “A xacia do Belelle” ou “ A serpe do Belelle”.
Para rematar a exposición conta cun espacio dedicaco a Proxecto Ríos con tres pósters nos que se recollen algúns resultados dalgunhas das inspecións que anualmente Néboa Medio Ambiente realiza o Belelle para coñecer o estado do río, e un amplio informe que recolle os datos de máis de dez aos inspeccionando o río Belelle para coñecer os eu estado de saúde ambiental.
A exposición pódese visitar en horario de mañá de 8:30 ás 14:10 e en horario de tarde os martes e xoves de 16:20 ás 18:00 ata o día 11 de xuño.
Estades todos invitados!
Ningún comentario :
Publicar un comentario