En 2012, a RAG e a Barrié, asinaron un convenio de colaboración en materia de lexicografía. Modernizar os sistemas de investigación, acometer novos traballos, elaborar aplicacións e promover este Portal das palabras son os seus obxectivos. Froito do anterior, entre outras producións, contamos co Dicionario electrónico e a versión para móbiles e tablets.
Neste portal atoparedes xogos, léxico, videos e cousas curiosas sobre a nosa lingua, unha mostra:
- Sete palabras vibrantes
- A linguaxe publicitaria en sete palabras
- Sete palabras para Manuel María
- Que diferencia hai entre medrar e crecer
Agora o vedes aquí como post pero logo o teredes na columna da dereita en Ante a dúbida...
Ningún comentario :
Publicar un comentario