sábado, 13 de maio de 2017

Raúl Vacas na biblioteca



O venres foi un día moi productivo, ademais de celebrar o Día Escolar das Matemáticas tivemos o pracer de contar coa visita de Raúl Vacas Polo, poeta salmantino có que atopamos a funcionalidade da poesía, según as súas palabras, "cando era rapaz e tiña algún problema desafogaba escribindo... así miña nai aforrou en psicólogos". Xogando coas palabras presentounos as súas obras acompañado da súa maleta chea de artiluxios... 
Moitas grazas por voltar a Neda cada vez que pasea por Galicia e prometer aprender a nosa língua da que está namorado pola súa sonoridade en palabras como brétema, vagalume...

Ningún comentario :