domingo, 4 de marzo de 2018

Día da Muller... as rapazas como corporación municipal


O xoves é unha data moi especial, na casa do concello, a casa de todos, imos a celebrar unhas sesións plenos extraordinarios protagonizados por alumnos dos CEIPs San Isidro e Maciñeira e do IES Fernando Esquío. 
Neste caso, serán só mulleres as que tomarán a palabra como alcaldesa, concelleiras e secretaria da corporación para poñer enriba da mesa, en forma de moción, os asuntos e reclamacións que afectan ao colectivo feminino. 
Nas sesións tamén haberá turno de rogos e preguntas para que poida participar o público asistente que así o desexe. Estas convocatorias celebraranse a partir das 09.30 horas no salón de plenos.



Ningún comentario :