mércores, 30 de maio de 2018

Premio dos clubs de lectura 2018 a Carlos Negro


Na XI Xornada dos Clubs de Lectura, que reune o vindeiro 1 de xuño en Compostela (Palacio de Congresos) ao profesorado que coordina os clubs de lectura en 235 centros adheridos á convocatoria desta consellería, entregarase o PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2018 ao poeta Carlos Negro.

Nos non podemos asistir por ter a festa polo 25 aniversario do noso instituto e ben que sentimos non estar polo interesante da xornada, coma sempre, pero nesta ocasión por ver a Carlos Negro a quen apreciamos ben no noso centro e nos clubs de lectura.

O pasado 18 de abril, a D.X. de Centros e Recursos Humanos publicaba unha Resolución pola que se concedía este galardón a Carlos Negro por ser o escritor galego máis lido nos clubs de lectura. Aínda que na relación de autores e autoras máis lidas polos clubs de lectura no pasado curso 2016/2017 Carlos aparece cuarto na lista, cómpre lembrar que este premio só se entrega a autores en vida e que cada autor ou autora pode recibilo unha soa vez.
É de salientar que entre os títulos máis lidos polos clubs de lectura no curso 2016/2017aparecen tres títulos de Carlos Negro: Penúltimas tendencias, Makinaria Masculino singular, o que indica ben que os seus poemas chegan á rapazada e consegue desmontar un dos prexuízos máis estendidos, ese que di que "á mocidade non lle gusta a poesía". Carlos Negro é, ademais, un dos autores cómplices co duro labor de educar en igualdade, desde o seu traballo como docente, e desde os poemas cos que nos agasalla ás persoas lectoras e ás mediadoras. 

Do seu libro, Masculino singular, este poema-declaración: 

"Sen pólvora e cun ramo de magnolias"

Ningún comentario :