Onte morreu Xabier P Docampo, en 1995, obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por ' Cando petan na porta pola noite', libro de contos sobre o tema do medo, cunha importante influencia da tradición oral. Tamén foi merecedor do White Ravens en 1997 e 2005.
En El País comentaban del:
"Érase unha vez un neno criado nunha aldea do interior de Lugo que estudou literatura sentado na cociña, escoitando contos incribles da boca dos seus pais campesiños. Case 70 anos despois, ese crío chamado Xabier P. Docampo foi case todo na cultura galega. Mestre, escritor, actor e director de teatro, contacontos e guionista de radio e televisión, Galicia chora este martes a súa morte aos 72 anos tras unha vida dedicada a reivindicar a lectura, a narración oral, a educación pública e a defensa da lingua galega. Autor dunha trintena de obras literarias, a maioría delas para nenos e novos e varias traducidas ao castelán, Docampo recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995 por Cando petan na porta pola noite (Cando de noite chaman á porta), un conxunto de relatos de medo como os que lle narraba a súa familia."Seguir lendo en El País
Recensión en La Voz de Galicia
Ningún comentario :
Publicar un comentario