Os representantes estelares |
Mercurio (un pouco desubicado); IES Saturnino Montojo. Venus; IES Sofía Casanova. Terra; CEIP Recimil. Marte; CEIP Esteiro. Xúpiter; IES Canido. Saturno; IES Catabois. Urano; IES As Telleiras. Neptuno nos IES Fernando Esquío. Plutón rescatado; CEIP Couceiro Freijomil.
Así o noso
centro sería Neptuno polo que imos a
estudar este planeta e relacionalo co resto. Pero qué sabemos de Neptuno?
Neptuno é o oitavo planeta do Sistema Solar e o máis afastado
do Sol, que forma parte dos planetas exteriores ou xigantes gaseosos.
Foi ademais o primeiro en ser descuberto grazas a operacións matemáticas, a
partir do comportamento orbital de Urano, Saturno e Xúpiter.
O seu nome provén do Deus romano dos océanos, chamado polos
gregos Poseidón.
Xunto con Urano, catalogóuselles como os “xigantes xeados” do
Sistema Solar, dado que as súas órbitas distan demasiado do Sol para conservar
temperaturas sequera próximas aos 0 ° C. Con todo, Neptuno é lixeiramente máis
grande que Urano e bastante máis denso.
Neptuno foi considerado o planeta máis afastado do Sistema Solar ata o
descubrimento en 1930 de Plutón, ata que en 2006
recuperou o seu título, pois Plutón pasou a considerarse un planeta anano ou
planetoide.
Seguiremos comentando…
Ningún comentario :
Publicar un comentario