venres, 20 de setembro de 2019

Visitamos a mostra de Papiroflexia en Ferrolterra


Esta mostra está dedicada á relación entre as matemáticas e a papiroflexia e origami, unha relación imprescindible para o deseño das figuras de papel. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron cola nin tesoiras, tan só o pregado do papel. Imos descubrir que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, encaixando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos.

A exposición tamén repasa as achegas dalgúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.


Ningún comentario :