xoves, 14 de novembro de 2019

A incrible viaxe de Alexander von Humboldt ao corazón da natureza


Encamiñándonos ao Ano Internacional da Sanidade Vexetal compre presentarvos a Alexander Humboldt amante da natureza, un intrépido explorador e o científico máis famoso da súa época.
A súa axitada vida estivo repleta de aventuras e descubrimentos: escalou os volcáns máis altos do mundo, remou polo Orinoco e percorreu unha Siberia infestada de ántrax. Capaz de percibir a natureza como unha forza global interconectada, Humboldt descubriu similitudes entre distintas zonas climáticas de todo o mundo, e previu o perigo dun cambio climático provocado polo home.
Neste precioso libro ilustrado recóllese a historia da súa viaxe ao corazón da natureza e xa está á vosa disposición na biblioteca

Comeza a ler...

Ningún comentario :