Recentemente facíase viral o vídeo dun neno de 9 anos chorando desconsoladamente mentres explicaba que non quería seguir vivindo. O motivo non era outro que o acoso escolar que leva soportando durante anos. A súa nai, desesperada #ante a situación, decidiu plasmar o momento e compartir a súa dor para concienciar ao mundo sobre a gravidade do bullying na sociedade actual e as consecuencias tan sumamente graves que ten naqueles que o padecen.
Pouco tempo despois, o vídeo daba a volta ao mundo, acaparaba noticias e telexornais de varios países e miles de persoas uníanse ao sufrimento da familia, preguntándose repetidamente como poden ocorrer cousas así.
Ningún comentario :
Publicar un comentario