mércores, 20 de maio de 2020

Aulas Galegas para seguir formándonos na distancia


Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
Ofrecemos:
- recursos clasificados por nivel académico 
- recursos clasificados por áreas de coñecemento
- seccións xeneralistas de interese para toda a poboación
Na actualidade estamos a desenvolver varias actividades nas que buscamos tamén a participación do alumnado dos centros educativos:
Reto refraneiro organizado por GZ Visual ao longo do mes de maio no que cada día buscamos que o público lle dea forma visual a un refrán da nosa lingua.
Ouvea o lobo, este concurso é unha iniciativa altruísta de promotores culturais galegos para promocionar a escrita e o desenvolvemento do talento e a ficción sonora como xénero. O prazo de presentación de textos para seren versionados remata o 15 de xuño. Colaboran nesta iniciativa a Fundación Luis Seoane o Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT), e o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica.
Estamos na casa pero non estamos parados. A educación en galego continúa.
Síguenos na nosa páxina web aulasgalegas.org ou nas nosas contas en Facebook, Twitter e Instagram.

Ningún comentario :