Anatomía dunha serea nace da necesidade de contar unha historia íntima, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo, converténdose nunha historia global contada nunha voz soa. Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí. Mulleres e homes temos responsabilidade no que se conta nesta peza, e temos a posibilidade de mudar o relato e a Historia.
xoves, 25 de novembro de 2021
Anatomía dunha serea
Venres 26 de novembro ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Neda
Actriz protagonista: Iria pinheiro
Dramaturxia, dirección: Xron
Escrita: María Lado, Iria Pinheiro
Escenografía, atrezzo, iluminación: Suso Jalda
Espazo sonoro: Iria Pinheiro, Xacobe Martínez Antelo
Fotografía/gráfica: Paula pez
Xefa de produción e asistencia de dirección: Patricia De Lorenzo
Duración: 75 minutos.
Público: adulto.
Prezi entradas 2 €. Reserva no 981390233
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario